Akhaltsikhe: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m →‎Historia: Arranxos varios, replaced: |thumb| → |miniatura|
Liña 2: Liña 2:


== Historia ==
== Historia ==
[[Ficheiro:Akhaltsikhe (19th century).jpg|thumb|left|A cidade arredor do ano 1887.]]
[[Ficheiro:Akhaltsikhe (19th century).jpg|miniatura|left|A cidade arredor do ano 1887.]]
A cidade foi mencionada por vez primeira nas crónicas do século XII. Nos séculos XII e XIII foi a sede dos ''[[Akhaltsikheli]]'', duques de [[Meskheti]]. Dende o século XIII até o século XVII, a cidade e Meskheti foron gobernados pola familia feudal de [[Casa de Jaq'eli|Jaq'eli]].
A cidade foi mencionada por vez primeira nas crónicas do século XII. Nos séculos XII e XIII foi a sede dos ''[[Akhaltsikheli]]'', duques de [[Meskheti]]. Dende o século XIII até o século XVII, a cidade e Meskheti foron gobernados pola familia feudal de [[Casa de Jaq'eli|Jaq'eli]].



Revisión como estaba o 13 de setembro de 2018 ás 19:41

Akhaltsikhe (en xeorxiano: ახალციხე; en armenio: Ախալցխա; en ruso: Ахалцихе; en turco: Ahıska) é unha pequena cidade do suroeste de Xeorxia, capital da rexión de Samtskhe-Javakheti e do distrito homónimo. O nome da cidade significa "nova fortaleza". A poboación era de 19.452 habitantes en 2002, a maioría deles xeorxianos (61%) cunha minoría importante de armenios (37%).

Historia

A cidade arredor do ano 1887.

A cidade foi mencionada por vez primeira nas crónicas do século XII. Nos séculos XII e XIII foi a sede dos Akhaltsikheli, duques de Meskheti. Dende o século XIII até o século XVII, a cidade e Meskheti foron gobernados pola familia feudal de Jaq'eli.

En 1576 os otománs conquistaron a cidade, e en 1628 pasou a ser o centro do eyalet de Çıldır, co nome de "Ahıska".

En 1828, durante a guerra ruso-turca (1828-1829), as tropas rusas baixo o mando do xeneral Paskevich tomaron a cidade, e como consecuencia do Tratado de Adrianópole de 1829, foi cedida ao Imperio ruso como parte da gobernación de Tiflis.