Cefaclor: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Silverfox (conversa | contribucións)
Nova páxina: "'''Cefaclor''' é un antibiótico beta-lactámico pertencente á segunda xeración de cefalosporinas<ref>{{cita libro|apelid..."
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 11 de setembro de 2018 ás 15:03

Cefaclor é un antibiótico beta-lactámico pertencente á segunda xeración de cefalosporinas[1].

Espectro de acción

Semellante a cefazolina, pero algo máis activo fronte a Enterobacteriáceas. Posúe actividade fronte a Staphylococcus, Streptococcus beta-hemolíticos, Streptococcus pneumoniae, Moraxella catarrhalis. As cepas de Streptococcus pneumoniae resistentes á penicilina poden ser resistentes a cefaclor. Algunhas especies de Haemophilus influenzae poden ser resistentes.

Dosificación

A dose habitual de cefaclor é de 500 ou 1000 miligramos cada 6 u 8 horas. A dose debe ser axustada en nenos e en insuficencia renal grave (filtrado menor de 10). Está catalogado como categoría B da FDA durante o embarazo[2].

Notas

  1. Josep Mensa Pueyo (2015). Guía de terapéutica antimicrobiana (en castelán). ISBN 9788488825155. 
  2. "Ficha técnica de "cefaclor" da FDA" (PDF). Consultado o 11 setembro 2018.