Cefazolina: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Silverfox (conversa | contribucións)
Nova páxina: "A '''cefazolina''' é un antibiótico beta-lactámico pertencente á primeira xeración de cefalosporinas<ref>{{cita libro|a..."
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 11 de setembro de 2018 ás 14:38

A cefazolina é un antibiótico beta-lactámico pertencente á primeira xeración de cefalosporinas[1].

É activa fronte a bacterias grampositivas, coma Staphylococcus aureus e Clostridium, agás Clostridium difficile. Posúe ademais actividade fronte a Neisseria, Escherichia coli, Klebsiella, Proteus mirabilis e algúns bacilos gramnegativos anaerobios (Fusobacterium e Bacteroides, agás Bacteroides fragilis).

Dosificación

A dose habitual é de 1 ou 2 gramos cada 8 horas por vía parenteral. A dose debe reducirse en poboación pediátrica e en insuficencia renal con filtrado menor de 50. Está situado na categoría B da FDA de emprego de fármacos durante o embarazo[2].

Notas

  1. Josep Mensa Pueyo (2015). Guía de terapéutica antimicrobiana (en castelán). ISBN 9788488825155. 
  2. "Ficha técnica de "cefazolina" da FDA" (PDF). Consultado o 11 de setembro de 2018.