Sistema Integrado de Información Taxonómica: Diferenzas entre revisións
Recuperando 0 fontes e etiquetando 1 como mortas. #IABot (v2.0beta8) |
m →Ligazóns externas: {{Ligazón morta|data=agosto de 2018 }} actualizo lig. morta |
||
Liña 18: | Liña 18: | ||
=== Ligazóns externas === |
=== Ligazóns externas === |
||
* [http://www.itis.gov/ Páxina oficial do ITIS] {{en}} |
* [http://www.itis.gov/ Páxina oficial do ITIS] {{en}} |
||
* [http://www. |
* [http://www.cbif.gc.ca/acp/fra/siti/rechercher Système d’information taxonomique intégré(SITI) na páxina do goberno de Canadá {{fr}} |
||
* [http://www.gbif.es/ Infraestrutura Mundial de información en Biodiversidade (GBIF) en España] {{es}} ou [http://www.gbif.org/ GBIF "Global Biodiversity Information Facility" ] {{en}} |
* [http://www.gbif.es/ Infraestrutura Mundial de información en Biodiversidade (GBIF) en España] {{es}} ou [http://www.gbif.org/ GBIF "Global Biodiversity Information Facility" ] {{en}} |
||
* [http://www.sp2000.org/ "Species 2000"] {{en}} |
* [http://www.sp2000.org/ "Species 2000"] {{en}} |
Revisión como estaba o 10 de setembro de 2018 ás 15:30
O Sistema Integrado de Información Taxonómica (SIIT), coñecido habitualmente pola súa sigla en inglés ITIS (Integrated Taxonomic Information System), é unha sociedade deseñada para que sexa a fonte que subministre unha información fiábel e consistente sobre a taxonomía das especies biolóxicas.
O SIIT creouse orixinalmente en 1996 como o «Sistema Interaxencias de Información Taxonómica», un grupo dentro do Goberno Federal dos Estados Unidos con implicacións de varias axencias, desde o propio Departamento de Comercio até a Smithsonian Institution. Actualmente é un organismo internacional, con axencias partícipes dos gobernos canadense e mexicano, e que colabora con outras axencias internacionais.
O ITIS axuda a elaborar unha base de datos completa e accesíbel de información taxonómica para cada unha das especies e outros taxons recoñecidos, incluíndo tanto o seu lugar no sistema xerárquico da clasificación científica como as referencias ás autoridades na materia que o situaron na súa posición taxonómica. As súas prioridades iniciais son as especies de Norteamérica, pero utiliza os resultados das investigacións internacionais. A súa base de datos pódese consultar na páxina oficial da organización na Internet.
A taxonomía biolóxica non é inamovíbel, e as opinións sobre o correcto status dun taxon a todos os niveis, e sobre a súa correcta situación, son constantemente revisadas, como resultado de novas investigacións, e moitos aspectos da clasificación permanecen sempre en cuestión. A base de datos do ITIS está posta ao día tanto como é posíbel, contando coas novas investigacións, e a información que manexa é a máis aproximada para representar un claro consenso das opinións taxonómicas máis actualizadas. Esta información non é, obviamente, definitiva, e probabelmente é máis fiábel para algúns grupos que para outros. Debe, de todos os modos, contrastarse con outras fontes dispoñíbeis, e coa literatura científica primaria en todo o posíbel.
Notas
- Peixes William Eschmeyer.
- Aves Zoonomen. Zoological Nomenclature Resource
- Plantas, Cronquist, Arthur (1968, 1988): The Evolution and Classification of Flowering Plants, Cronquist, Arthur (1981): An Integrated System of Classification of Flowering Plants.
- Crustáceos Clasificación actualizada dos crustáceos elaborada no ano 2001 por Martin e Davis. [Martin, J. W. e Davis, G. E. (2001): "An Updated Classification of the Recent Crustacea". Natural History Museum of Los Angeles County].
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Páxina oficial do ITIS (en inglés)
- [http://www.cbif.gc.ca/acp/fra/siti/rechercher Système d’information taxonomique intégré(SITI) na páxina do goberno de Canadá (en francés)
- Infraestrutura Mundial de información en Biodiversidade (GBIF) en España (en castelán) ou GBIF "Global Biodiversity Information Facility" (en inglés)
- "Species 2000" (en inglés)