Couto de Lampai: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sobreira (conversa | contribucións)
Sobreira (conversa | contribucións)
Liña 37: Liña 37:
*[http://anuariobrigantino.betanzos.net/Ab2001PDF/2001%20103_116.pdf "Un acoutamento medieval na comarca compostelá"], artigo de [[Jorge Guitián Castromil]] e [[Xoán Guitián Rivera]] no ''[[Anuario Brigantino]]'' nº 24 (2001).<sup>[[#editionnote1|a]]</sup>
*[http://anuariobrigantino.betanzos.net/Ab2001PDF/2001%20103_116.pdf "Un acoutamento medieval na comarca compostelá"], artigo de [[Jorge Guitián Castromil]] e [[Xoán Guitián Rivera]] no ''[[Anuario Brigantino]]'' nº 24 (2001).<sup>[[#editionnote1|a]]</sup>
{{Control de autoridades}}
{{Control de autoridades}}
*[http://www.manuelgago.org/blog/2010/06/07/padron-chafalladas-e-manifestacions/ ''Padrón: chafalladas e manifestacións'', en manuelgago.org]

[[Categoría:Idade Media de Galicia]]
[[Categoría:Idade Media de Galicia]]
[[Categoría:Padrón]]
[[Categoría:Padrón]]

Revisión como estaba o 10 de setembro de 2018 ás 11:09

Marco I do Couto de Lampai.

O Couto de Lampai foi un terreo doado en 1156 polo rei Afonso VII ao plebeo Sancho Eanes. A doazón está confirmada nun documento conservado no Arquivo-Biblioteca da Catedral de Santiago de Compostela (tombo B, folio 222), redactado o 29 de outubro dese mesmo ano.

Localización

Está situado na parroquia de Cruces (Padrón), preto de Iria Flavia e da parroquia de Lampai (Teo). O terreo ten 22 hectáreas, e abrangue varias entidades de poboación. Está atravesado pola vía portuguesa do camiño de Santiago e pola autoestrada AP-9.

Limitaría ao norte cos montes das Penises e Figueira Labrada, ao sur cos montes de Pastoriza, ao leste co lugar de Lampai, e ao oeste cos lugares de Queiruga e Pazos.

Marcos

O couto está definido con catro marcos como lindes do terreoa.

O marco I está a carón do rego de Tarrío (entre O Pedroso do Norte, Cruces, Padrón e Lampai, Teo), no actual límite entre os concellos de Padrón e Teo. Inclúe o texto Era MCXCIV et quotum I kalendas septemberis cum auctoritatem imperatoris et omnibus intervinientibus patronim statuit (Ano 1156 no primeiro día das calendas de setembro coa autoridade do Emperador e de tódolos asistentes poño este pedrón).

O marco II, pegado a unha canteira[1] (entre O Pedroso do Norte, Cruces, Padrón e Queiruga, Cruces, Padrón) ten un texto na cara norte (co texto patronim statuit), seis coviñas na cara leste, e unha cruz na cara oeste.

O marco III (entre O Pedroso do Vendaval, Cruces, Padrón e Pazos -¿Reis?- en Padrón) ten unha inscrición no lado oeste, que remata coa fórmula patronim statuit.

O cuarto marco descubriuse en 2002[2].

Galería de imaxes

Véxase tamén: Imaxes do Couto de Lampai.

Notas

  1. Padrón: chafalladas e manifestacións, en manuelgago.org
  2. Os marcos do emperador, en culturagalega.gala

a Téñase en conta que orde de presentación dos marcos en de culturagalega.org non coincide coa numeración na publicación orixinal de Guitián e nas fotos.

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas