Couto de Lampai: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sobreira (conversa | contribucións)
Sobreira (conversa | contribucións)
Liña 11: Liña 11:
O couto está definido con catro marcos como lindes do terreo.
O couto está definido con catro marcos como lindes do terreo.


O marco I está a carón do rego de Tarrío, no actual límite entre os concellos de Padrón e Teo. Inclúe o texto ''Era MCXCIV et quotum I kalendas septemberis cum auctoritatem imperatoris et omnibus intervinientibus patronim statuit'' (Ano 1156 no primeiro día das calendas de setembro coa autoridade do Emperador e de tódolos asistentes poño este pedrón).
O marco I está a carón do rego de Tarrío (entre [[O Pedroso do Vendaval, Cruces, Padrón]] e [[O Pedroso do Norte, Cruces, Padrón]]), no actual límite entre os concellos de Padrón e Teo. Inclúe o texto ''Era MCXCIV et quotum I kalendas septemberis cum auctoritatem imperatoris et omnibus intervinientibus patronim statuit'' (Ano 1156 no primeiro día das calendas de setembro coa autoridade do Emperador e de tódolos asistentes poño este pedrón).


O marco II ten un texto na cara norte (co texto ''patronim statuit''), seis coviñas na cara leste, e unha cruz na cara oeste.
O marco II (en [[Queiruga, Cruces, Padrón]]) ten un texto na cara norte (co texto ''patronim statuit''), seis coviñas na cara leste, e unha cruz na cara oeste.


O marco III ten unha inscrición no lado oeste, que remata coa fórmula ''patronim statuit''.
O marco III ten unha inscrición no lado oeste, que remata coa fórmula ''patronim statuit''.

Revisión como estaba o 10 de setembro de 2018 ás 09:54

Marco I do Couto de Lampai.

O Couto de Lampai foi un terreo doado en 1156 polo rei Afonso VII ao plebeo Sancho Eanes. A doazón está confirmada nun documento conservado no Arquivo-Biblioteca da Catedral de Santiago de Compostela (tombo B, folio 222), redactado o 29 de outubro dese mesmo ano.

Localización

Está situado na parroquia de Cruces (Padrón), preto de Iria Flavia e da parroquia de Lampai (Teo). O terreo ten 22 hectáreas, e abrangue varias entidades de poboación. Está atravesado pola vía portuguesa do camiño de Santiago e pola autoestrada AP-9.

Limitaría ao norte cos montes das Penises e Figueira Labrada, ao sur cos montes de Pastoriza, ao leste co lugar de Lampai, e ao oeste cos lugares de Queiruga e Pazos.

Marcos

O couto está definido con catro marcos como lindes do terreo.

O marco I está a carón do rego de Tarrío (entre O Pedroso do Vendaval, Cruces, Padrón e O Pedroso do Norte, Cruces, Padrón), no actual límite entre os concellos de Padrón e Teo. Inclúe o texto Era MCXCIV et quotum I kalendas septemberis cum auctoritatem imperatoris et omnibus intervinientibus patronim statuit (Ano 1156 no primeiro día das calendas de setembro coa autoridade do Emperador e de tódolos asistentes poño este pedrón).

O marco II (en Queiruga, Cruces, Padrón) ten un texto na cara norte (co texto patronim statuit), seis coviñas na cara leste, e unha cruz na cara oeste.

O marco III ten unha inscrición no lado oeste, que remata coa fórmula patronim statuit.

Un cuarto marco descubriuse en 2002[1].

Galería de imaxes

Véxase tamén: Imaxes do Couto de Lampai.

Notas

  1. Os marcos do emperador, en culturagalega.gal

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas