Couto de Lampai: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sobreira (conversa | contribucións)
Sobreira (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 28: Liña 28:


==Notas==
==Notas==
<references />
<0references />
==Ligazóns externas==
==Véxase tamén==
===Bibliografía===
===Outros artigos===
===Ligazóns externas===
*[http://anuariobrigantino.betanzos.net/Ab2001PDF/2001%20103_116.pdf "Un acoutamento medieval na comarca compostelá"], artigo de [[Jorge Guitián Castromil]] e [[Xoán Guitián Rivera]] no ''[[Anuario Brigantino]]'' nº 24 (2001).
*[http://anuariobrigantino.betanzos.net/Ab2001PDF/2001%20103_116.pdf "Un acoutamento medieval na comarca compostelá"], artigo de [[Jorge Guitián Castromil]] e [[Xoán Guitián Rivera]] no ''[[Anuario Brigantino]]'' nº 24 (2001).
*[http://www.manuelgago.org/blog/2010/06/07/padron-chafalladas-e-manifestacions/ ''Padrón: chafalladas e manifestacións'', en manuelgago.org]
*[http://www.manuelgago.org/blog/2010/06/07/padron-chafalladas-e-manifestacions/ ''Padrón: chafalladas e manifestacións'', en manuelgago.org]

Revisión como estaba o 10 de setembro de 2018 ás 09:26

Marco I do Couto de Lampai.

O Couto de Lampai foi un terreo doado en 1156 polo rei Afonso VII ao plebeo Sancho Eanes. A doazón está confirmada nun documento conservado no Arquivo-Biblioteca da Catedral de Santiago de Compostela (tombo B, folio 222), redactado o 29 de outubro dese mesmo ano.

Localización

Está situado na parroquia de Cruces (Padrón), preto de Iria Flavia e da parroquia de Lampai (Teo). O terreo ten 22 hectáreas, e abrangue varias entidades de poboación. Está atravesado pola vía portuguesa do camiño de Santiago e pola autoestrada AP-9.

Limitaría ao norte cos montes das Penises e Figueira Labrada, ao sur cos montes de Pastoriza, ao leste co lugar de Lampai, e ao oeste cos lugares de Queiruga e Pazos.

Marcos

O couto está definido con catro marcos como lindes do terreo.

O marco I está a carón do rego de Tarrío, no actual límite entre os concellos de Padrón e Teo. Inclúe o texto Era MCXCIV et quotum I kalendas septemberis cum auctoritatem imperatoris et omnibus intervinientibus patronim statuit (Ano 1156 no primeiro día das calendas de setembro coa autoridade do Emperador e de tódolos asistentes poño este pedrón).

O marco II ten un texto na cara norte (co texto patronim statuit), seis coviñas na cara leste, e unha cruz na cara oeste.

O marco III ten unha inscrición no lado oeste, que remata coa fórmula patronim statuit.

Un cuarto marco descubriuse en 2002[1].

Galería de imaxes

Véxase tamén: Imaxes do Couto de Lampai.

Notas

<0references />

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas

  1. Os marcos do emperador, en culturagalega.gal