Cefuroxima: Diferenzas entre revisións
Nova páxina: "A '''cefuroxima''' é un antibiótico beta-lactámico pertencente á segunda xeración de cefalosporinas. Exist..." |
m correción ortográfica |
||
Liña 1: | Liña 1: | ||
A '''cefuroxima''' é un [[Antibiótico|antibiótico]] [[Antibiótico beta-lactámico|beta-lactámico]] pertencente á segunda xeración de [[cefalosporina|cefalosporinas]]. Existe |
A '''cefuroxima''' é un [[Antibiótico|antibiótico]] [[Antibiótico beta-lactámico|beta-lactámico]] pertencente á segunda xeración de [[cefalosporina|cefalosporinas]]. Existe unha forma farmacéutica denominada '''cefuroxima-axetilo''' apta para administración oral. Esta forma é inactiva, pero na mucosa intestinal é [[hidrólise|hidrolizada]] e convertida en cefuroxima. Foi comercializada baixo o nome de ''Zinnat''. |
||
== Espectro de acción == |
== Espectro de acción == |
Revisión como estaba o 8 de setembro de 2018 ás 20:04
A cefuroxima é un antibiótico beta-lactámico pertencente á segunda xeración de cefalosporinas. Existe unha forma farmacéutica denominada cefuroxima-axetilo apta para administración oral. Esta forma é inactiva, pero na mucosa intestinal é hidrolizada e convertida en cefuroxima. Foi comercializada baixo o nome de Zinnat.
Espectro de acción
Cefuroxima é activa fronte a diversos microorganismos grampositivos (Staphylococcus spp., Streptococcus beta-hemolíticos, Streptococcus pneumoniae). Tamén mostra actividade fronte a diversas enterobacteriáceas e outras especies, coma Moraxella catarrhalis.
Dosificación
Por vía intravenosa, a dose convencional é de 750 miligramos cada 8 horas. A formulación oral (cefuroxima-axetilo) emprégase a razón de 500 miligramos cada 8 ou 12 horas. A dose debe reducirse en poboación pediátrica e en insuficiencia renal grave. Pode empregarse durante o lactancio e probablemente durante o embarazo (categoría B da FDA).
Referencias
Guía de terapéutica antimicrobiana (2015). Josep Mensa Pueyo. ISBN 978-84-88825-15-5.