Systema Naturae: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta9)
Liña 23: Liña 23:


=== Bibliografía ===
=== Bibliografía ===
* Blunt, Wilfrid (2004): ''The Compleat Naturalist: A Life of Linnaeus''. London: Frances Lincoln. ISBN 0-7112-2362-9. [http://books.google.es/books?id=FRH_EMhQYhYC&hl=en Resumo]
* Blunt, Wilfrid (2004): ''The Compleat Naturalist: A Life of Linnaeus''. London: Frances Lincoln. ISBN 0-7112-2362-9. [https://web.archive.org/web/20160328002552/https://books.google.es/books?id=FRH_EMhQYhYC&hl=en Resumo]
* Brightwell, Cecilia Lucy (1858): ''A life of Linnaeus''. London: J. Van Voorst. [http://openlibrary.org/books/OL6964074M/A_life_of_Linnaeus. Ver libro en liña]
* Brightwell, Cecilia Lucy (1858): ''A life of Linnaeus''. London: J. Van Voorst. [http://openlibrary.org/books/OL6964074M/A_life_of_Linnaeus. Ver libro en liña]



Revisión como estaba o 7 de setembro de 2018 ás 16:29

Systema naturæ. Cuberta da 10ª edición (Estocolmo, 1758).

O libro Systema naturae (abreviado Syst. Nat.) foi unha das principais obras do médico, botánico e naturalista sueco Linneo.

O seu título completo é "Systema naturæ, sive regna tria naturæ systematice proposita per secundum classes, ordines, genera, & species, cum characteribus, differentiis, synonymis, locis" ("Sistema natural, nos tres reinos da natureza, segundo clases, ordes, xéneros e especies, con características, diferenzas, sinónimos, lugares").[1] [2] [3]

Co seu sistema, Linneo, profundo crente, pensaba que estaba clasificando a creación de Deus.

A décima edición deste libro (1758) está considerada como o punto de partida formal da nomenclatura zoolóxica.

Descrición

Linneo publicou a primeira edición do Systema naturae no ano 1735, durante a súa estancia nos Países Baixos. Como era costume para a literatura científica da época, o libro publicouse en latín. Nel expoñía as súas ideas para a clasificación xerárquica do mundo natural, dividíndoo nos clásicos tres reinos, o reino animal (Regnum animale), o reino vegetal (Regnum vegetabile) e o "reino mineral" (Regnum lapideum).

Para a clasificación do reino vexetal Linneo segue o seu novo sistema sexual, en que as especies co mesmo número de estames se inclúen no mesmo grupo. A clasificación dos animais era máis natural. Por exemplo, os seres humanos foron por primeira vez colocados xunto a outros primates (como Anthropomorpha).

En vista da popularidade da obra, Linneo continou a publicación de novas edicións, ampliando en cada unha a precedente, desde as once páxinas da primeira edición (1735) ás tres mil páxinas da déciimo terceira e última edición (1770). Ademais, segundo avanzaba no traballo, fixo modificacións: na primeira edición as baleas foron (erroneamente) clasificadas como peixes; na 10ª edición, publicada en 1758, as baleas xa se identificaron como mamíferos.[4] Nesta mesma edición introduce para as especies animais un nome científico formado por dous termos (xenérico e específico), a denominada nomenclatura binomial, algo que xa fixera para as especies de plantas en 1753, na publicación de Species Plantarum.

Notas

  1. tomus I (Regnum animale) pars 2 / Caroli a Linné 1767
  2. tomus II (Regnum vegetabile)
  3. tomus III (Regnum lapideum)
  4. O que non convenceu a varios estudosos, por exemplo, a Cornide Saavedra que, aínda así, seguiu o criterio linneano no seu Ensaio sobre os peixes de Galicia.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Blunt, Wilfrid (2004): The Compleat Naturalist: A Life of Linnaeus. London: Frances Lincoln. ISBN 0-7112-2362-9. Resumo
  • Brightwell, Cecilia Lucy (1858): A life of Linnaeus. London: J. Van Voorst. Ver libro en liña

Outros artigos

Ligazóns externas