Ducado de Atenas: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
Servando2 (conversa | contribucións)
Liña 169: Liña 169:
[[Categoría:Reino de Sicilia]]
[[Categoría:Reino de Sicilia]]
[[Categoría:Coroa de Aragón]]
[[Categoría:Coroa de Aragón]]
[[Categoría:Estados cruzados]]

Revisión como estaba o 6 de setembro de 2018 ás 13:13

Modelo:País desaparecido

O Ducado de Atenas foi un estado instituído en 1205 nas rexións gregas da Ática, Beocia, Lócrida e Megárida, tras a conquista do Imperio bizantino polos francos durante a Cuarta Cruzada.

O título de duque de Atenas corresponde na actualidade ao rei de España,[1] polo que hoxe en día recae na figura de Filipe VI de España.

Institución do Ducado

Mapa dos Balcáns e Asia Menor despois da 4ª Cruzada, c. 1204. En morado pálido, enriba de Morea, o Ducado de Atenas.
En verde, o Ducado de Atenas.

Tras o declive da época da Antigüidade clásica, e xa na Idade Media, a cidade de Atenas sufriu un grave proceso de deterioración, agravado a partir do século XI pola súa posición xeográfica que a afastaba da influencia latina, pero non terminaba de ser un territorio de interese para o Imperio bizantino. Esta situación provocou vagas de saqueos, os máis graves deles a mediados do século XII polos normandos.

Nesta situación, Bonifacio I de Montferrato, duque de Montferrato ocupou a cidade sen grandes esforzos en 1204,[2] e cedeuna en 1205, xunto a Tebas, a Otón de la Roche, señor de Ray, un cabalero da baixa nobreza borgoñoa procedente do Franco Condado e que asistira á Cuarta Cruzada.

Otón foi denominado Gran Señor de Atenas e Tebas, polo que para algúns historiadores esta é a constitución do Ducado, xa que fue coñecido como tal desde esa data, mentres que para outros o feudo constituúse formalmente en 1260, cando o seu fillo e sucesor Guido I obtivo o título de duque do rei Luís IX de Francia, polo que o Ducado foi recoñecido oficialmente.[3] [4]

Atenas foi orixinalmente un Estado vasalo do Reino de Tesalónica pero, tras a captura deste polo bizantino Teodoro Comneno Ducas, déspota de Epiro, o Ducado pasou a ser vasalo do Principado de Acaia ou de Morea.[5]

Baixo o goberno da familia De la Roche a cidade e o Ducado gozaron dunha gran prosperidade, sendo a cidade renovada e converténdose nun centro cortesán de primeira orde, na que a Acrópole servía de Palacio ducal.

O estado construído ao redor de Atenas converteuse no máis poderoso e pacífico dos estados latinos creados en Grecia, a ss súas institucións calcáronse das francesas.

Dominio aragonés

Pedro IV de Aragón.

O ducado foi gobernado pola familia De la Roche desde 1205 até 1308. Á morte de Guy II en 1308 o parlamento ateniense elixiu ao conde de Brienne Gualterio V de Brienne como sucesor, xa que éste era fillo de Isabel de La Roche, herdeira de Tebas. A súa esposa, aínda que de forma moi breve, tamén gobernou sobre a cidade de Atenas.

En 1310 o duque Gaulterio V, titular do Ducado, recorreu ás tropas almogávares da Gran Compañía Catalá para facer fronte ao rei de Tesalia, ao que vencenron a este último. Cómpre salientar que os almogávares se instalaran en Tesalia como República militar independente entre 1309 e 1310. Ao non pagaren s atenienses aos almogávares as cantidades estipuladas, estes subleváronse e venceron a De Breinnne na batalla do río Cefiso o 13 de marzo de 1311, tras a que expulsaron aos francos e tomaron o control do Ducado, proclamando novo señor de Atenas e Tebas ao rei Federico II de Sicilia, ao que serviran anteriormente.

O Ducado quedou así ligado aos reis de Sicilia, que adoitaban deixar o goberno en mans dos seus fillos menores ou dun vigario xeneral (rexente). Os almogávares substituíron o francés polo catalán como lingua oficial, e as leis francesas e as derivadas das bizantinas do Principado de Acaia polas catalás e aragonesas. Os herdeiros de Gualterio continuaron reclamando o Ducado, pero tan só foron recoñecidos en Argos e Nauplia.[6]

Entre 1318 e 1319 os almogávares conquistaron Siderocastron e o sur de Tesalia e crearon o Ducado de Neopatria unido ao de Atenas.

Parte de Tesalia foi tomada en 1337 polos serbios de Stefan Uroš IV Dušan Nemanjić.

En 1379, a Compañía navarra, ao servizo do emperador latino Xaime de Baux, conquistou Tebas e parte de Neopatria, mentres que os aragoneses mantiñan a parte restante da Ática e Neopatria.

Tras a morte de Federico III de Sicilia o Simple en 1377, o Ducado pasou a María de Sicilia e, posteriormente, a Leonor de Sicilia, esposa de Pedro IV de Aragón, o Cerimonioso, ao que os habitantes e nobres da cidad recoñeceron como soberano en 1379, ano no que os aragoneses do Ducado pediron que este se incorporara de forma perpetua á Coroa de Aragón.[7]

Dominio florentino e veneciano

Rainiero ou Nerio Acciajuoli, que intentaba a conquista do Ducado desde 1385, tomou a cidade e Atenas en 1388, e o Ducado de Neopatria en 1390. A partir deste momento o Ducado perteneceu á familia florentina dos Acciajuoli até a conquista otomá, cun breve paréntese entre 1395 e 1402, no que a República de Venecia controlou o Ducado. Durante este período instaláronse na cidade numerosos mercaderes florentinos. A partir de 1415 pasou a ser tributario do Imperio otomán.[Cómpre referencia]

Conquista otomá

O sultán Mehmed II.

En 1444 Atenas pasou a ser tributaria de Constantino XI Paleólogo, déspota de Morea e heredeiro do trono bizantino. En 1456, tras a toma de Constantinopla polos otománs, Franco ou Francisco, último duque cristián de Atenas rendeu a Acrópole aos turcos, liderados por Omar, fillo de Turakhán. En 1458 a cidade foi visitada polo sultán Mehmed II quen, ante a beleza dos edificios de Atenas e dos molles do Pireo exclamou: «O Islam ten pendente unha débeda co fillo de Turakhán».[Cómpre referencia]

Tras a conquista otomá os postos da administración de xustiza e da recadación de impostos recaeron sobre funcionarios locais aínda que tiveron que soportar a nova carga do tributo de nenos.[Cómpre referencia]

Brevemente os veneciáns estableceron un control sobre a cidade en 1687 que apenas durou uns meses, regresando de novo a mans turcas; asediárona de novo entre 1687 e 1688, asedio durante o cal os turcos usaron o Partenón como polvorín, a consecuencia do cal foi gravemente danado.[Cómpre referencia]

Duques de Atenas

Familia De la Roche

Armas da Casa De la Roche.

Familia de Brienne

Armas da Casa de Brienne.

O parlamento de Atenas elixiu ao conde de Brienne para suceder a Guy, pero este foi deposto polos aragoneses. Os herdeiros de Brienne continuaron a reclamar o ducado, pero só foron recoñecidos en Argos e Nauplia.

Dominio aragonés

Armas da Coroa de Aragón.

Dominio italiano (florentino e veneciano)

Armas dos Acciaiuoli.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas