Teglatfalasar III: Diferenzas entre revisións
m cc, ct |
m robot Añadido: et:Tiglatpilesar III |
||
Liña 16: | Liña 16: | ||
[[en:Tiglath-Pileser III]] |
[[en:Tiglath-Pileser III]] |
||
[[es:Tiglath-Pileser III]] |
[[es:Tiglath-Pileser III]] |
||
[[et:Tiglatpilesar III]] |
|||
[[fi:Tiglatpileser III]] |
[[fi:Tiglatpileser III]] |
||
[[fr:Teglath-Phalasar III]] |
[[fr:Teglath-Phalasar III]] |
Revisión como estaba o 30 de setembro de 2007 ás 21:13
Teglatfalasar III (746 adC-722 adC.). Tamén coñecido como Tiglatpileser III. Rei de Asiria. Pasa por ser un dos grandes caudillos de todos os tempos.
Chegou ao trono tras unha guerra civil. Venceu a Urartu (Armenia), aos Medos, aos neohititas e controlou toda Siria (destruiu Damasco) e Fenicia. Tomou Arpad tras tres anos de asedio. Impuxo un duro tributo a Hamath e derrotou ao reino de Xudá e aos filisteos, e ocupou Samaría e a maior parte de Israel. Realizou masivas deportacións e duras represións. Acabou co poderío de Babilonia da cal se proclamou rei co seu nome orixinario Pulu.
Atribúeselle a construción do pazo de Nimrud.
Fixo importantes reformas administrativas. Limitou a autonomía dos caudillos militares; incrementou o número de provincias co fin de reducir o seu poderío e puxo ao fronte gobernadores eunucos.
Reclutou extranxeiros no seu exército co fin de poder prolongar as campañas militares alén do verán. Os asirios seguiron formando a cabalería e as unidades de carros, deixándose para os foráneos a infantería. Incrementou o papel da cabalería fronte aos carros, o que permitiu avanzar por áreas montañosas e gañar en velocidade de manobra e ataque. Todo isto permitiulle un despregue militar sen precedentes.
Sucedeulle Salmanasar V, seu fillo.