Morcego rabudo: Diferenzas entre revisións
m https://academia.gal/dicionario/-/termo/busca/gran |
Recuperando 0 fontes e etiquetando 1 como mortas. #IABot (v2.0beta9) |
||
Liña 57: | Liña 57: | ||
=== Ligazóns externas === |
=== Ligazóns externas === |
||
* {{es}} [http://www.mma.es/portal/secciones/biodiversidad/inventarios/inb/atlas_mamiferos/pdf/46_rhino.pdf ''Tadarida teniotis''] no Atlas da [[biodiversidade]] do [[Ministerio de Medio Ambiente de España]] (MMA). Arquivo en [[pdf]]. 02/01/2012. |
* {{es}} [http://www.mma.es/portal/secciones/biodiversidad/inventarios/inb/atlas_mamiferos/pdf/46_rhino.pdf ''Tadarida teniotis''] no Atlas da [[biodiversidade]] do [[Ministerio de Medio Ambiente de España]] (MMA). Arquivo en [[pdf]]. 02/01/2012. |
||
* {{en}} ''[[Mammal Species of the World]]'': [http://www.bucknell.edu/msw3/browse.asp?s=e&ide=13801785 ''Tadarida teniotis''] en WILSON, D. E.; REEDER, D. M. (eds.): ''Mammal Species of the World: A Taxonomic and Geographic Reference''. 3ª ed. [[Johns Hopkins University Press]]. [[Baltimore]]. [[2005]]. 02/01/2012. |
* {{en}} ''[[Mammal Species of the World]]'': [http://www.bucknell.edu/msw3/browse.asp?s=e&ide=13801785 ''Tadarida teniotis'']{{Ligazón morta|data=setembro de 2018 }} en WILSON, D. E.; REEDER, D. M. (eds.): ''Mammal Species of the World: A Taxonomic and Geographic Reference''. 3ª ed. [[Johns Hopkins University Press]]. [[Baltimore]]. [[2005]]. 02/01/2012. |
||
* [http://www.archive.org/stream/faunaibricamam00cabr#page/144/mode/2up ''Tadarida teniotis''] (como ''Nyctinomus taeniotis'') en [http://www.archive.org/details/faunaibricamam00cabr "Fauna ibérica; mamíferos"]. [[Ángel Cabrera Latorre]]. [[1914]]. [[Facsímile]] electrónico. |
* [http://www.archive.org/stream/faunaibricamam00cabr#page/144/mode/2up ''Tadarida teniotis''] (como ''Nyctinomus taeniotis'') en [http://www.archive.org/details/faunaibricamam00cabr "Fauna ibérica; mamíferos"]. [[Ángel Cabrera Latorre]]. [[1914]]. [[Facsímile]] electrónico. |
||
{{Control de autoridades}} |
{{Control de autoridades}} |
Revisión como estaba o 6 de setembro de 2018 ás 02:54
Morcego rabudo | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||
Tadarida teniotis Rafinesque, 1814. | |||||||||||||||||||
Mapa de distribución de T. teniotis.
| |||||||||||||||||||
Subespecies | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||
|
O morcego rabudo (Tadarida teniotis) é unha especie de morcego microquiróptero da familia Molossidae.
É un morcego de gran tamaño e ás longas e estreitas, coa cabeza típica do xénero Tadarida, con orellas ríxidas proxectadas cara adiante. A cola sobresae por fóra da membrana caudal e se retrae no uropataxio cando está en voo.
A cor do pelo é moi variable dende o pardo ao gris claro, algúns exemplares presentan áreas canosas. As femias son lixeiramente máis grandes. Miden entre 57 e 64 milímetros e o seu peso atópase entre os 22 a 54 gramos. A súa fórmula dentaria é .
Mostran unha gran variedade de chamadas sociais, tanto dende os refuxios como en voo, con exhibicións sonoras dos machos dominantes e fortes emisións durante as persecucións aéreas. Emite entre 9 e 15 kHZ, sendo audible para o oído humano.
Distribución
Ocupa unha estreita franxa latitudinal circunmediterránea, que abrangue o sur de Europa e norte de África, Afganistán, China e Corea, chegando até Xapón e a illa de Flores (Indonesia). En Europa distribúese pola rexión Mediterránea, España, sueste de Francia, sur de Suíza, Italia e costas adriáticas até Grecia, incluíndo Madeira, Canarias e as illas mediterráneas.
Hábitat
Os refuxios localízanse en farallóns rochosos, cantís mariños e estruturas artificiais como pontes ou edificios. Aliméntanse por riba de núcleos habitados e espazos abertos nun amplo rango altitudeinal, observóuselles alimentándose a grande altura (de 200 a 300 metros) nas cidades. Atópase dende o nivel do mar até os 2.300 m de altitude.
Ameazas
Como ocorre a boa parte dos quirópteros e segundo os hábitats que ocupan, as molestias causadas aos veciños das construcións que habitan, provocan a expulsión ou fumigación das colonias, así como a reparación destes edificios taponando as fisuras onde aniñan. O descenso nas poboacións de lepidópteros nocturnos, que constitúen o seu alimento máis importante, tamén afecta á especie. O seu voo alto e veloz, con grandes desprazamentos en busca de alimento, fanlle candidato ao choque coas pas dos parques eólicos.
Notas
Véxase tamén
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Morcego rabudo |
Ligazóns externas
- (en castelán) Tadarida teniotis no Atlas da biodiversidade do Ministerio de Medio Ambiente de España (MMA). Arquivo en pdf. 02/01/2012.
- (en inglés) Mammal Species of the World: Tadarida teniotis[Ligazón morta] en WILSON, D. E.; REEDER, D. M. (eds.): Mammal Species of the World: A Taxonomic and Geographic Reference. 3ª ed. Johns Hopkins University Press. Baltimore. 2005. 02/01/2012.
- Tadarida teniotis (como Nyctinomus taeniotis) en "Fauna ibérica; mamíferos". Ángel Cabrera Latorre. 1914. Facsímile electrónico.