Diferenzas entre revisións de «Lingua»

Saltar ata a navegación Saltar á procura
Engadida categoría "Linguas oficiais, nacionais e internacionais" e quitada a etiqueta "enuso"
(Engadida categoría "Linguas oficiais, nacionais e internacionais" e quitada a etiqueta "enuso")
{{enuso}}
 
Unha '''lingua''' é un sistema de [[signo]]s [[lingüística|lingüísticos]] incluíndo tamén sons, acenos e símbolos escritos que permite a [[comunicación]] entre os individuos dunha comunidade lingüística. Unha definición lingüística da lingua precisa que é un sistema de signos dobremente articulados, é dicir, que a construción do sentido faise a dous niveis de articulación. Atópase primeiramente o das entidades significantes, [[morfema]]s, [[lexema]]s, [[monema]]s, formando os [[enunciado]]s, e logo o das unidades distintivas de sentido (os [[fonema]]s), formando as unidades significantes. Estes dous niveis de articulación determinan os primeiros niveis da descrición lingüística: [[fonoloxía]], [[morfoloxía]] e [[sintaxe]]. André Martinet precisa que a orde de descrición é de xeito necesario inversa á orde de percepción ou uso da lingua: a descrición comeza polo segundo nivel de articulación (fonemas) para ir cara o primeiro (a combinatoria das unidades significantes).
 
A lingua constitúe nesta sociedade un elemento de distinción de clase, un “status simbol”, un indicador simbólico da posición social. Deste xeito os falantes da lingua dominante non teñen ningún problema para desenvolver a súa vida sen necesidade de recorrer á lingua dominada, mentres que os falantes da lingua dominada ven restrinxido o seu desenvolvemento social. Desde a perspectiva dos individuos que queren ascender socialmente a resposta a esta situación é a asimilación, ou sexa a perda da propia identidade cultural e lingüística.
 
==Lingua minoritariaminoritarias==
 
'''Lingua minoritaria''' é aquela lingua que conta cun número reducido de falantes. Non confundir con [[Lingua#Lingua minorizada|lingua minorizada]].
 
==LinguaLinguas minorizadaminorizadas==
 
'''Lingua minorizada''' é aquela lingua á que se lle negan as condicións para poder desenvolverse con normalidade. Atópase nunha situación de inferioridade ao ver restrinxidos os seus usos públicos (medios de comunicación, administración de Xustiza, vida comercial, publicidade, ensino, burocracia, liturxia, etc.) e privados.
* As linguas de pequenas nacións que se integran nun estado que ten outra lingua coma oficial. É o caso do [[Lingua galesa|galés]], o [[corso]], o [[sardo]], o [[Lingua galega|galego]], o [[bretón]], etc.
* As linguas de pequenas nacións que teñen o seu territorio fragmentado en varios estados, coma o [[Lingua éuscara|éuscara]], o [[occitano]], o [[Lingua catalá|catalán]], etc. Pódese incluir aquí o das comunidades lingüísticas fronterizas coma [[Alsacia-Lorena|Alsacia e Lorena]] (de [[Lingua alemá|fala alemá]] en [[Francia]]) ou do [[Val de Aosta]] (de [[Lingua francesa|fala francesa]] no [[Italia|estado italiano]]).
 
==Linguas oficiais, nacionais e internacionais==
 
O termo '''lingua oficial''' indica o estatus de determinada lingua como instrumento de relación entre o estado e os seus cidadáns. O estatus de oficial non é inamovible, xa que está esposto a flutuacións segundo varíen as circunstancias sociopolíticas.
 
'''Lingua nacional''' é aquela usada e creada por un pobo ao longo da súa historia. Non hai relación unívoca entre as dúas categorías, xa que a lingua oficial non sempre é a nacional (como ocorre co [[Lingua francesa|francés]] no [[Líbano]]), e a lingua nacional non sempre é a oficial ( o [[reto-romance]] en [[Suíza]]).
 
As necesidades de comunicación entre individuos de linguas nacionais distintas provocaron ao longo do tempo que certas modalidades lingüísticas alcanzasen o estado de linguas internacionais. Son aquelas aprendidas como segundas linguas por un amplo número de persoas que as utilizan ao se dirixiren a falantes doutros territorios lingüísticos. Entre outras, alcanzaron o estatus de linguas internacionais o [[Lingua latina|latín]] desde a Antigüidade ata a [[Idade Media]], o [[Lingua francesa|francés]] no [[século XVIII]] e o [[Lingua inglesa|inglés]] a partir do [[século XIX]]. A internacionalidade dunha lingua é en certa maneira independente do volume total demográfico de individuos que a usan como primeira lingua e ten máis que ver co poder político e económico do Estado que a sustenta. Así, a lingua demográficamente máis importante do mundo, o [[Mandarín|chinés mandarín]], ten polo de agora pouco valor como lingua internacional.
 
Outras modalidades lingüísticas creadas de maneira máis ou menos planificada para serviren de medio de comunicación a persoas de comunidades lingüísticas distintas son:
 
* Os ''sabires''. Trátase de falares mixtos formados con elementos procedentes de varias linguas nacionais e utilizados en contextos comuncacionais moi limitados. É o que ocorre coa lingua dos comerciantes nas costas de [[África]] oriental, mestura de [[Lingua árabe|árabe]] e [[Lingua francesa|francés]], ou co [[portuñol]], mestura do [[Lingua portuguesa|portugués]] e [[Lingua castelá|español]] nas áreas fronteirizas do Brasil.
* Os ''pidgin''. Trátase de variedades do sabir máis elaboradas, con total coherencia gramatical e usada en calquera contexto comunicacional.
* Os ''crioulos''. Denominación que recibe un pidgin cando se converte en lingua principal dunha colectividade e incluso soporte dunha cultura escrita. Así ocorreu co crioulo das [[Antillas]] (mestura do [[Lingua francesa|francés]] e linguas africanas) e co crioulo de [[Cabo Verde]] (cruce dos falares nativos co [[Lingua portuguesa|portugués]]).
* As ''linguas artificiais''. Creacións de laboratorio realizadas por lingüistas como propostas de lingua universal para substituiren as linguas nacionais. Entres as múltiples linguas artificiais aparecidas desde o [[século XIX]] destaca, pola difusión alcanzada, o [[esperanto]].
 
==Véxase tamén==
13.518

edicións

Menú de navegación