Loureira branca: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sobreira (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta9)
Liña 15: Liña 15:
==Véxase tamén==
==Véxase tamén==
===Ligazóns externas===
===Ligazóns externas===
* [http://www.donselecto.net/com/variedadUva.asp?desde=&uva=0000000289 donselecto.net]
* [https://web.archive.org/web/20071030131104/http://www.donselecto.net/com/variedadUva.asp?desde=&uva=0000000289 donselecto.net]
{{Control de autoridades}}
{{Control de autoridades}}



Revisión como estaba o 5 de setembro de 2018 ás 16:58

Loureira branca ou marqués[1] é unha variedade de vide (Vitis vinifera) de uva branca autóctona de Galicia, de pequeno tamaño, forma esférica e pel grosa de cor verde amarelada, utilizada especialmente para a elaboración dos viños das denominacións de orixe Rías Baixas, Ribeira Sacra e Ribeiro.

Coñécese tamén cos nomes de branco redondo, cheiro, dourada, loureira marqués, loureira branca e loureiro. A súa principal distribución de cultivo espállase entre o sur da D.O. Rías Baixas, Ribeiro e Norte de Portugal onde é unha das variedades principais na rexión dos Vinhos Verdes.

Segundo a Orde APA/1819/2007, pola que se actualiza o anexo V, clasificación das variedades de videira, do Real Decreto Español 1472/2000, do 4 de agosto, polo que se regula o potencial de produción vitícola, loureira branca, considérase variedade recomendada para as condicións de Galiza, único lugar onde se cultiva (ademais do Norte de Portugal). Existe tamén unha loureira tinta, moi escasa.

Características

A videira é de elevado rendimento. Os cachos da caste loureira son grandes e non moi compactos, mentres que os bagos, de gran calidade, son medios de tamaño uniforme e de cor amarelada ou averdada. Produce viños de elevada acidez e con aromas florais, minerais e afroitados moi acentuados. Alén de orixinar viños "monovarietais" (unha soa caste) acostuma combinarse coas castes treixadura (trajadura en portugués) e arinto (en Portugal). En Galiza ensambla con variedades como caíño. Ten un alto índice de glicerol, e os viños teñen unha gradación alcólica entre 10,5 e 11,5%.

Notas

  1. Nome galego en VV. AA. (2012) Dicionario de alimentación e restauración, Santiago de Compostela, Termigal. Xunta de Galicia. Real Academia Galega

Véxase tamén

Ligazóns externas