Lingua: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Gallaecio (conversa | contribucións)
Novos apartados: "Lingua minoritaria" e "Lingua minorizada"
Gallaecio (conversa | contribucións)
Liña 47: Liña 47:
* As linguas de pequenos estados independentes, por exemplo, o [[Lingua gaélica escocesa|gaélico]] en [[Irlanda do Norte]].
* As linguas de pequenos estados independentes, por exemplo, o [[Lingua gaélica escocesa|gaélico]] en [[Irlanda do Norte]].
* As linguas de pequenas nacións que se integran nun estado que ten outra lingua coma oficial. É o caso do [[Lingua galesa|galés]], o [[corso]], o [[sardo]], o [[Lingua galega|galego]], o [[bretón]], etc.
* As linguas de pequenas nacións que se integran nun estado que ten outra lingua coma oficial. É o caso do [[Lingua galesa|galés]], o [[corso]], o [[sardo]], o [[Lingua galega|galego]], o [[bretón]], etc.
* As linguas de pequenas nacións que teñen o seu territorio fragmentado en varios estados, coma o [[Lingua éuscara|éuscara]], o [[occitano]], o [[Lingua catalá|catalán]], etc. Pódese incluir aquí o das comunidades lingüísticas fronterizas coma [[Alsacia]] ou [[Lorena]] (de [[Lingua alemá|fala alemá]] en [[Francia]]) ou do [[val de Aosta]] (de [[Lingua francesa|fala francesa]] no [[Italia|estado italiano]]).
* As linguas de pequenas nacións que teñen o seu territorio fragmentado en varios estados, coma o [[Lingua éuscara|éuscara]], o [[occitano]], o [[Lingua catalá|catalán]], etc. Pódese incluir aquí o das comunidades lingüísticas fronterizas coma [[Alsacia-Lorena|Alsacia e Lorena]] (de [[Lingua alemá|fala alemá]] en [[Francia]]) ou do [[val de Aosta]] (de [[Lingua francesa|fala francesa]] no [[Italia|estado italiano]]).


==Véxase tamén==
==Véxase tamén==

Revisión como estaba o 30 de setembro de 2007 ás 19:45

Unha lingua é un sistema de signos lingüísticos incluíndo tamén sons, acenos e símbolos escritos que permite a comunicación entre os individuos dunha comunidade lingüística. Unha definición lingüística da lingua precisa que é un sistema de signos dobremente articulados, é dicir, que a construción do sentido faise a dous niveis de articulación. Atópase primeiramente o das entidades significantes, morfemas, lexemas, monemas, formando os enunciados, e logo o das unidades distintivas de sentido (os fonemas), formando as unidades significantes. Estes dous niveis de articulación determinan os primeiros niveis da descrición lingüística: fonoloxía, morfoloxía e sintaxe. André Martinet precisa que a orde de descrición é de xeito necesario inversa á orde de percepción ou uso da lingua: a descrición comeza polo segundo nivel de articulación (fonemas) para ir cara o primeiro (a combinatoria das unidades significantes).

Distínguese en xeral a lingua (sistema de signos) e a linguaxe (facultade humana posta en acción por meio de tal sistema). Distínguese de igual xeito, tras Ferdinand de Saussure, a lingua e a palabra (é dicir, o uso efectivo do sistema da lingua polos locutores).

Niveis e rexistros de lingua

Nunha lingua podemos distinguir

  • Variedades diacrónicas ou históricas, condicionadas polo tempo.
  • Variedades diatópicas: variantes da lingua no espazo (falares ou dialectos xeográficos).
  • Variedades diastráticas: variacións na lingua segundo a clase social (dialectos sociais).
  • Variedades diafásicas: variacións segundo a situación comunicativa do falante (tamén variantes funcionais, estilos de lingua ou rexistros). Os factores que determinan as diferencias lingüísticas entre os rexistros son basicamente os catro factores que podemos diferenciar nunha situación comunicativa: o tema, a canle, a intención, e o nivel de formalidade.

Conflicto lingüístico

Denomínase conflicto lingüístico á tensión que se produce entre dúas linguas no interior dun territorio por asumir un maior número de funcións sociais e de falantes. Unha situación de conflicto non permanece estable por tempo indefinido, senón que tende a resolverse por unha das seguintes vías:

  • A substitción linguística. Este proceso consiste no abandono da lingua propia da comunidade e a asimilación á lingua dominante. O proceso conta con tres fases: monolingüismo na lingua propia; bilingüismo social, é dicir, uso diglósico da lingua propia e a lingua importada, tendo esta última os usos máis prestixiosos; por último, abandono da lingua propia, asimilándose completamente á lingua importada.
  • Normalización lingüística. Este proceso consiste na recuperación de usos e funcións sociais para unha lingua que está nunha situación de subordinación. Normalizar consiste en definir e aplicar un conxunto de medidas de tipo político, xurídico, social e lingüístico, que teñen como finalidade a restitución da lingua en todos os ámbitos para que teña un desenvolvemento normal como medio de comunicación dentro da súa propia comunidade de falantes.

Existen casos en que se produce unha simple coexistencia entre dous grupos lingüísticos, polo que non se manifesta o conflicto. Isto ocorre cando a desigualdade lingüística vai acompañada dunha estructura social “pechada”.

A lingua constitúe nesta sociedade un elemento de distinción de clase, un “status simbol”, un indicador simbólico da posición social. Deste xeito os falantes da lingua dominante non teñen ningún problema para desenvolver a súa vida sen necesidade de recorrer á lingua dominada, mentres que os falantes da lingua dominada ven restrinxido o seu desenvolvemento social. Desde a perspectiva dos individuos que queren ascender socialmente a resposta a esta situación é a asimilación, ou sexa a perda da propia identidade cultural e lingüística.

Lingua minoritaria

Lingua minoritaria é aquela lingua que conta cun número reducido de falantes. Non confundir con lingua minorizada.

Lingua minorizada

Lingua minorizada é aquela lingua á que se lle negan as condicións para poder desenvolverse con normalidade. Atópase nunha situación de inferioridade ao ver restrinxidos os seus usos públicos (medios de comunicación, administración de Xustiza, vida comercial, publicidade, ensino, burocracia, liturxia, etc.) e privados.

Graos de vitalidade

A vitalidade das linguas minorizadas presenta distintos graos:

  • Linguas en proceso de normalización. Son as que estás a recuperar ámbitos sociais de uso. É o caso do francés no Quebec.
  • Linguas en proceso de substitución. Son as que perden progresivamente ámbitos de uso e falantes. Por esta situación pasan a maior parte das linguas de Nova Guinea ou o occitano en Francia.
  • Linguas extinguidas. Son as que non teñen uso e que non contan con falantes con competencia lingüística nelas. Neste caso están o dálmata ou o hitita.
  • Pódese contemplar outro tipo de linguas minorizadas. Son as que están vivindo simultáneamente procesos de normalización e substitución, isto é, gañan ámbitos de uso nunca antes desenvolvidos, mais perden falantes e debilítase o seu uso en contextos que lles foron exclusivos. Tal é o caso do galego.

Tipos de linguas minorizadas

Se temos en conta o estatus atopamos tres tipos de linguas minorizadas ou non normalizadas:

Véxase tamén

Artigos relacionados

[[pl:J%EAzyk (mowa)]]