Kevin Carter: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta9)
Liña 42: Liña 42:
== Véxase tamén ==
== Véxase tamén ==
=== Ligazóns externas ===
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.matiasdominguez.com/index.php?option=com_content&view=article&id=120:vida-obra-y-muerte-de-kevin-carter-kevin-carter-life-and-death&catid=37:investigaciones&Itemid=174 Trabajo de investigación sobre la vida, obra y muerte de Kevin Carter - Por Matías Domínguez, Cecilia Morales y Nahuel Baglietto]
* [https://web.archive.org/web/20120622222633/http://www.matiasdominguez.com/index.php?option=com_content&view=article&id=120:vida-obra-y-muerte-de-kevin-carter-kevin-carter-life-and-death&catid=37:investigaciones&Itemid=174 Trabajo de investigación sobre la vida, obra y muerte de Kevin Carter - Por Matías Domínguez, Cecilia Morales y Nahuel Baglietto]
* [http://www.pulitzer.org/awards/1994 Gañadores Premios Pulitzer 1994] Detalle da fotografía gañadora.
* [http://www.pulitzer.org/awards/1994 Gañadores Premios Pulitzer 1994] Detalle da fotografía gañadora.
* [http://www.elmundo.es/elmundo/2011/02/18/comunicacion/1298054483.html] Reportaxe "Kong Nyong, el niño que sobrevivió al buitre" ''El Mundo''
* [http://www.elmundo.es/elmundo/2011/02/18/comunicacion/1298054483.html] Reportaxe "Kong Nyong, el niño que sobrevivió al buitre" ''El Mundo''

Revisión como estaba o 5 de setembro de 2018 ás 10:06

Infotaula de personaKevin Carter

Kevin Carter
Biografía
Nacemento13 de setembro de 1960
Xohanesburgo, Suráfrica
Morte27 de xullo de 1994
Xohanesburgo, Suráfrica
Causa da morteSuicidio Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeSurafricana
Actividade
Campo de traballoFotoxornalista Editar o valor em Wikidata
OcupaciónFotógrafo
Período de actividade1975 Editar o valor em Wikidata - 1994 Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Premios

Kevin Carter, nado o 13 de setembro de 1960 en Xohanesburgo e finado o 27 de xullo de 1994 no mesmo lugar, foi un reporteiro gráfico surafricano, membro do Bang-Bang Club, que gañou un Pulitzer en 1994 por fotografar un meniño sudanés famélico cun voitre detrás.[1]

Traxectoria

Comezou a súa carreira aos 23 anos (1983), cando poboacións periféricas como Soweto -preto de Xohanesburgo- estaban en guerra. Alí, sendo membro de The Johannesburg Star, fotografou os civís expectantes ante a situación que estaban vivindo.

Pero se Carter é famoso é por unha fotografía que realizou dez anos máis tarde, en 1993. O sudanés Kong Nyong, por aquel entón un neno famélico, encontrábase defecando nas aforas do seu poboado mentres un voitre estaba ao axexo. Carter, que observou a escena, fotografouno. Esperou para tomar unha foto mellor: co voitre abrindo as súas ás, pero non o conseguiu. Segundo el, conseguiu recuperarse e continuar co seu camiño.[2][3] O 26 de marzo de 1993, The New York Times publicou a foto e gañou o Pulitzer. A opinión pública entendeu a foto como unha alegoría do que sucedía en Sudán: Kong era o problema da fame e a pobreza, o voitre era o capitalismo e Carter era a indiferenza do resto da sociedade. A crítica cebouse con el pola súa suposta indiferenza, e intentou xustificarse, alegando que o neno facía as súas necesidades, que a tribo se encontraba a 20 metros del e que o animal esperaba a súa ración de comida. Kong Nyong morreu por febre (dito polos seus pais) en 2008.

Tras isto, pasou de reporteiro a fotógrafo de natureza. Sufriu dous duros golpes: por un lado, a presión da crítica e por outro o asasinato do seu amigo Ken Oosterbroek o 18 de abril de 1994, mentres cubría un tiroteo en Tokoza (Xohanesburgo). Dise que anos antes xa intentara suicidarse, que fumaba "White Pipe" -unha mestura de marihuana, metacualona e barbitúricos-, que tiña graves problemas familiares e unha personalidade algo desordenada -perdía os seus carretes en avións e aeroportos-, que era depresivo e tiña unha vida caótica, cunha manchea de experiencias tráxicas.[4]

O 27 de xullo de 1994, Carter foi a un lugar onde xogaba de pequeno e suicidouse mediante unha mangueira que enganchou no tubo de escape da súa camioneta. Morreu de intoxicación por monóxido de carbono aos 33 anos. Da súa nota de suicidio lese:

"Estou deprimido [...] sen teléfono [...] cartos para o alugueiro [...] cartos para os nenos [...] cartos para as débedas [...] cartos!!! [...] Estou atormentado polos recordos vividos dos asasinatos e os cadáveres e a ira e a dor [...] do morrer de fame ou os nenos feridos, dos loucos do gatillo fácil, moitas veces policías, dos asasinos verdugos [...] Voume unir con Ken, se son eu o afortunado..."
KC

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas