José Manuel Rodríguez Morgade: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta8)
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta9)
Liña 21: Liña 21:


== Traxectoria ==
== Traxectoria ==
Nado en Wetzikon, [[Suíza]],<ref>[http://historiasdesegunda.com/2012/08/31/manu-rodriguez-un-verano-en-once-metros/Manu Rodríguez, un verán en once metros]</ref> fillo de emigrantes galegos, viviu no país helvético até a idade de dez anos, cando marchou cara [[Ourense]]. Ao chegar á cidade das [[As Burgas|Burgas]] comezou xogar nas filas do Pabellón C.F., un dos clubs de base polideportivos máis importantes do deporte [[Galiza|galego]], onde permanecería dende alevíns até xogar na División de Honra xuvenil. Posteriormente pasaría formar parte do equipo máis importante da cidade, o [[CD Ourense]], que tentaba formar un proxecto ambicioso para ascender á [[Segunda División española|Segunda División]]. Alí coincidiría con xogadores como David Ferreiro, a quen se enfrontaría anos despois na final polo ascenso á Segunda División, un no [[Cádiz CF]] e outro no [[CD Lugo]].
Nado en Wetzikon, [[Suíza]],<ref>{{Cita web |url=http://historiasdesegunda.com/2012/08/31/manu-rodriguez-un-verano-en-once-metros/Manu |título=Rodríguez, un verán en once metros |data-acceso=31 de agosto de 2012 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20160304123138/http://historiasdesegunda.com/2012/08/31/manu-rodriguez-un-verano-en-once-metros/Manu |dataarquivo=04 de marzo de 2016 |urlmorta=si }}</ref> fillo de emigrantes galegos, viviu no país helvético até a idade de dez anos, cando marchou cara [[Ourense]]. Ao chegar á cidade das [[As Burgas|Burgas]] comezou xogar nas filas do Pabellón C.F., un dos clubs de base polideportivos máis importantes do deporte [[Galiza|galego]], onde permanecería dende alevíns até xogar na División de Honra xuvenil. Posteriormente pasaría formar parte do equipo máis importante da cidade, o [[CD Ourense]], que tentaba formar un proxecto ambicioso para ascender á [[Segunda División española|Segunda División]]. Alí coincidiría con xogadores como David Ferreiro, a quen se enfrontaría anos despois na final polo ascenso á Segunda División, un no [[Cádiz CF]] e outro no [[CD Lugo]].


No seu primeiro ano, a tempada [[2003]]-[[2004|04]], os ourensáns conseguen chegar á promoción polo ascenso, onde se enfrontarían ao [[Real Madrid Castilla]], ao [[UD Lanzarote|Lanzarote]] e ao [[Gimnàstic de Tarragona|Nàstic]], que finalmente acabaría subindo. Nese primeiro ano xoga 15 partidos, 13 de liga e dous na fase de ascenso. Nas temporadas seguintes, Manu non remataba de asentarse nun equipo que ano a ano perdía fol, tan só xogando 5 encontros ao ano seguinte e seis o posterior. Tras un verán no que estivo a piques de marchar, na tempada [[2006]]-[[2007|07]] pasa ser un dos xogadores importantes do conxunto do [[Estadio do Couto|Couto]], onde xoga 33 partidos anotando 5 goles, con todo o club non consegue salvar a categoría descendendo da [[Segunda División B española|Segunda B]] á [[Terceira División española|Terceira División]]. Así no verán de [[2007]] decide marchar do club e asinar co [[Club Deportivo Lugo]]. Alí, adestrado por [[Fonsi Valverde]], pasa de ocupar a posicións de interior zurdo ou extremo á de lateral esquerdo. É o motivo polo que aínda sendo defensa aínda porte no Lugo o dorsal 11. Esa polivalencia de posición levanlle aínda xogando na defensa a ser un habitual no ataque.
No seu primeiro ano, a tempada [[2003]]-[[2004|04]], os ourensáns conseguen chegar á promoción polo ascenso, onde se enfrontarían ao [[Real Madrid Castilla]], ao [[UD Lanzarote|Lanzarote]] e ao [[Gimnàstic de Tarragona|Nàstic]], que finalmente acabaría subindo. Nese primeiro ano xoga 15 partidos, 13 de liga e dous na fase de ascenso. Nas temporadas seguintes, Manu non remataba de asentarse nun equipo que ano a ano perdía fol, tan só xogando 5 encontros ao ano seguinte e seis o posterior. Tras un verán no que estivo a piques de marchar, na tempada [[2006]]-[[2007|07]] pasa ser un dos xogadores importantes do conxunto do [[Estadio do Couto|Couto]], onde xoga 33 partidos anotando 5 goles, con todo o club non consegue salvar a categoría descendendo da [[Segunda División B española|Segunda B]] á [[Terceira División española|Terceira División]]. Así no verán de [[2007]] decide marchar do club e asinar co [[Club Deportivo Lugo]]. Alí, adestrado por [[Fonsi Valverde]], pasa de ocupar a posicións de interior zurdo ou extremo á de lateral esquerdo. É o motivo polo que aínda sendo defensa aínda porte no Lugo o dorsal 11. Esa polivalencia de posición levanlle aínda xogando na defensa a ser un habitual no ataque.

Revisión como estaba o 5 de setembro de 2018 ás 08:05

Manu
Ficheiro:Manu Rodríguez.jpg
Información persoal
Nome J. Manuel Rodríguez Morgade
Nacemento 22 de xuño de 1984 (39 anos)
Lugar de nacemento Wädenswil e Wetzikon
Altura 1,76 m
Posición Lateral esquerdo
Información de club
Club actual Cultural Leonesa
Carreira xuvenil
1995-2003 Pabellón Ourense
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2003–2007 Ourense 59 (6)
2007–2017 Lugo 361 (19)
2017– Cultural
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 10 de xuño de 2017
editar datos en Wikidata ]

José Manuel Rodríguez Morgade, coñecido como Manu, nado en Wetzikon (Suíza) o 22 de xuño de 1984, é un futbolista galego. Xoga de lateral esquerdo e o seu actual equipo é a Cultural Leonesa.

Traxectoria

Nado en Wetzikon, Suíza,[1] fillo de emigrantes galegos, viviu no país helvético até a idade de dez anos, cando marchou cara Ourense. Ao chegar á cidade das Burgas comezou xogar nas filas do Pabellón C.F., un dos clubs de base polideportivos máis importantes do deporte galego, onde permanecería dende alevíns até xogar na División de Honra xuvenil. Posteriormente pasaría formar parte do equipo máis importante da cidade, o CD Ourense, que tentaba formar un proxecto ambicioso para ascender á Segunda División. Alí coincidiría con xogadores como David Ferreiro, a quen se enfrontaría anos despois na final polo ascenso á Segunda División, un no Cádiz CF e outro no CD Lugo.

No seu primeiro ano, a tempada 2003-04, os ourensáns conseguen chegar á promoción polo ascenso, onde se enfrontarían ao Real Madrid Castilla, ao Lanzarote e ao Nàstic, que finalmente acabaría subindo. Nese primeiro ano xoga 15 partidos, 13 de liga e dous na fase de ascenso. Nas temporadas seguintes, Manu non remataba de asentarse nun equipo que ano a ano perdía fol, tan só xogando 5 encontros ao ano seguinte e seis o posterior. Tras un verán no que estivo a piques de marchar, na tempada 2006-07 pasa ser un dos xogadores importantes do conxunto do Couto, onde xoga 33 partidos anotando 5 goles, con todo o club non consegue salvar a categoría descendendo da Segunda B á Terceira División. Así no verán de 2007 decide marchar do club e asinar co Club Deportivo Lugo. Alí, adestrado por Fonsi Valverde, pasa de ocupar a posicións de interior zurdo ou extremo á de lateral esquerdo. É o motivo polo que aínda sendo defensa aínda porte no Lugo o dorsal 11. Esa polivalencia de posición levanlle aínda xogando na defensa a ser un habitual no ataque.

No club da cidade amurallada convertese dende o seu primeiro ano nun dos xogadores fixos do esquema lucense e no habitual lanzador de penaltis do equipo. Na tempada 2010-11 pasa ser o capitán do equipo, sendo un dos xogadores máis queridos polos seareiros, que o coñecen como o "eterno capitán". Esa mesma tempada ao comezo da liga os do Anxo Carro fallarían nas primeiras xornadas dous penaltis, o adestrador do Lugo, Quique Setién, propón un concurso aos xogadores para ver que era o máis efectivo, gañando Manu. Ese mesmo ano o club gaña a liga do Grupo I da Segunda B, mais non consegue ascender nos play-off. Ao ano seguinte, aínda non gañando a liga, os lucenses chegan ao 24 de xuño de 2012, último partido da tempada, á xogar o partido final polo ascenso á Segunda División, tras 44 partidos xogados como titular en toda a tempada, marcou o quinta e definitiva pena máxima na rolda dos penaltis fronte o Cádiz CF que certificou o ascenso do CD Lugo á categoría de prata.

Na tempada 2012-13 Manu continúa como capitán no equipo lucense tralo ascenso, conseguindo tamén anotar o primeiro gol do Lugo tralo seu regreso á categoría de prata, no que foi o seu partido en liga 177 cos albivermellos. O tanto, de penalti, serviu para que os lucenses conseguisen a súa primeira vitoria na primeira xornada de Liga ante o Hércules de Alacant. Tras acabar a tempada converteuse no segundo xogador de campo de toda a historia en xogar tódolos minutos dos 42 partidos da Segunda División tras Nino do Tenerife, quen o conseguira na tempada 2005-06. A seguinte tempada xogaría tódolos minutos completos até a xornada 28, xa que na 27 recibiría o quinto cartón amarelo que lle impediría xogar. Así remata unah racha de 83 partidos oficiais completos consecutivos xogados co Lugo, 69 dos cales na Segunda División.[2]

Clubs

Ano Club División Partidos Goles
20032004 CD Ourense Segunda B 15 0
20042005 CD Ourense Segunda B 5 0
20052006 CD Ourense Segunda B 6 1
20062007 CD Ourense Segunda B 33 5
20072008 CD Lugo Segunda B 35 2
20082009 CD Lugo Segunda B 35 0
20092010 CD Lugo Segunda B 20 0
20102011 CD Lugo Segunda B 43 5
20112012 CD Lugo Segunda B 43 5
2012−2013 CD Lugo Segunda 42 3
2013−2014 CD Lugo Segunda 41 2
2014−2015 CD Lugo Segunda 36 2
2015−2016 CD Lugo Segunda 38 0
2016−2017 CD Lugo Segunda 23 0

Notas

  1. "Rodríguez, un verán en once metros". Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 31 de agosto de 2012. 
  2. Manu agradece un descanso tras completar 83 partidos seguidos

Véxase tamén

Ligazóns externas