J: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios + cda
Recuperando 0 fontes e etiquetando 2 como mortas. #IABot (v2.0beta9)
Liña 57: Liña 57:
{{commonscat}}{{Wiktionary|j}}
{{commonscat}}{{Wiktionary|j}}
*[[Especial:Allpages/J|Entradas da enciclopedia que comezan por J]]
*[[Especial:Allpages/J|Entradas da enciclopedia que comezan por J]]
* Entradas no dicionario da Real Academia Galega para [http://www.realacademiagalega.org/rag_dicionario/searchNoun.do?nounTitle=j j] e [http://www.realacademiagalega.org/rag_dicionario/loadNoun.do?current_page=1&id=27956 J]
* Entradas no dicionario da Real Academia Galega para [http://www.realacademiagalega.org/rag_dicionario/searchNoun.do?nounTitle=j j]{{Ligazón morta|data=setembro de 2018 }} e [http://www.realacademiagalega.org/rag_dicionario/loadNoun.do?current_page=1&id=27956 J]{{Ligazón morta|data=setembro de 2018 }}


{{Control de autoridades}}
{{Control de autoridades}}

Revisión como estaba o 5 de setembro de 2018 ás 05:09

Abecedario
Aa Bb Cc Dd Ee
Ff Gg Hh Ii Ll
Mm Nn Ññ Oo Pp
Qq Rr Ss Tt Uu
Vv Xx Zz
 Non galego: Çç - Jj - Kk - Ww - Yy 

O J (iota) é unha letra, non propia do alfabeto galego moderno pero usada no galego medieval e no galego moderno para préstamos léxicos doutras linguas. No alfabeto fonético internacional, [j] representa o aproximante palatal.

Na maioría dos teclado alfanuméricos, as teclas j e f xeralmente aparecen cun pequeno relevo perceptible ao tacto, que permite aos usuarios a súa orientación táctil no teclado.

Curiosamente, o J é a única letra do alfabeto latino que non aparece na táboa periódica. En física designa o joule.

Historia

En orixe no alfabeto latino era só unha letra maiúscula, o escolar humanista Pierre de la Ramée foi o primeiro en distinguir I e J. En latín a pronuncia do I e J era [i], [i:] ou [j], pero as linguas romances desenvolveron novos sons que foron representados como I e J.

Xeroglífico
(Fonograma de i)
Escritura hierática
(Fonograma de i)
Proto-Semítico
Y
Fenicio
Y
Grego
iota
Etrusco
I
Latín
I
Latín
J
Latín moderno
Jj
i

En portugués, o son utilizado para a letra J é o /ʒ/ (jarro, janela, jota), así como no francés e no romanés. En todas as linguas xermánicas, exceptuando o inglés que utiliza /dʒ/ (just), o son utilizado para a letra J é o /j/ (como ja en alemán ou como no ditongo i na palabra ideia). Este feito tamén se verifica en albanés, e nas linguas urálicas e eslavas que utilizan o alfabeto latino, como por exemplo en húngaro, finlandés, estoniano, polaco e checo. Tamén o serbio, lingua eslava, adoptou o J no seu alfabeto cirílico, co mesmo propósito. Foi debido a este padrón lingüístico, que a letra minúscula /j/ foi adoptada pola Asociación Fonética Internacional, como representante deste son.

En castelán o J pronuncia-se /x ~ h/ (como ajo que significa allo); este son desenvolveuse a partir do son /dʒ/. En francés o antigo son /dʒ/ é agora pronunciado como /ʒ/, tal como en portugués.

Na lingua italiana moderna, apenas palabras en latín ou palabras estranxeiras teñen a letra J. Até ao século XIX, o J era utilizado en vez do I en ditongos como substituto para o último –ii e en grupos vocais como en Savoja.

Lingüistas da Alemaña e da Europa Central tamén utilizaron o J nalgunhas transliteracións, de linguas eslavas que utilizan o alfabeto cirílico. En particular, o "Е" en ruso é ás veces transliterado para "je", o "Я" é transliterado para "ja" e o carácter "Ю" para "ju".

Representacións alternativas

En alfabeto fonético aeronáutico asígnaselle a palabra Juliet. En código Morse é: ·---

Véxase tamén