Florbela Espanca: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Unhanova (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Recuperando 0 fontes e etiquetando 1 como mortas. #IABot (v2.0beta9)
Liña 103: Liña 103:
=== Ligazóns externas ===
=== Ligazóns externas ===
* [http://purl.pt/index/Geral/aut/PT/24786.html Obras de Florbela Espanca] na Biblioteca Nacional Digital {{pt}}
* [http://purl.pt/index/Geral/aut/PT/24786.html Obras de Florbela Espanca] na Biblioteca Nacional Digital {{pt}}
* [http://www.noscafora.be/pt/index.php?option=com_content&task=view&id=125&Itemid=55 Informacións anexas sobre Florbela Espanca] {{pt}}
* [http://www.noscafora.be/pt/index.php?option=com_content&task=view&id=125&Itemid=55 Informacións anexas sobre Florbela Espanca]{{Ligazón morta|data=setembro de 2018 }} {{pt}}


{{Control de autoridades}}
{{Control de autoridades}}

Revisión como estaba o 4 de setembro de 2018 ás 14:18

Florbela Espanca.

Florbela Espanca, bautizada co nome Flor Bela de Alma da Conceição nada en Vila Viçosa o 8 de decembro de 1894 e finada en Matosinhos o 8 de decembro de 1930, foi unha poetisa portuguesa.

Traxectoria

Precursora do movemento feminista en Portugal, tivo unha vida tumultuosa, inquieda, transformando os seus sufrimentos íntimos en poesía da máis alta calidade, cargada de erotización e feminidade.

Filla de Antónia da Conceição Lobo, empregada de João Maria Espanca, que non a recoñeceu como filla. Porén, coa morte de Antónia en 1908, João e a súa muller, Maria Espanca, criaron a meniña. O pai só recoñecería a paternidade moitos anos despois da morte de Florbela.

En 1903, Florbela Espanca escribiu a primeira poesía da que temos coñecemento, A Vida e a Morte. Casou no día do seu aniversario, en 1913, con Alberto Moutinho. Concluíu un curso de Letras en 1917 e inscribiuse posteriormente para cursar Dereito, sendo a primeira muller en asistir a este curso na Universidade de Lisboa.

Sufriu un aborto involuntario en 1919, ano no que publicou o Livro de Mágoas. É nesa época cando Florbela comeza a presentar síntomas máis graves de desequilibrio mental. En 1921 separouse de Alberto Moutinho, tendo que sufrir o prexuízo social que iso comportaba. No ano seguinte casou por segunda vez con António Guimarães.

O Livro de Soror Saudade é publicado en 1923. Florbela sufriu un novo aborto, e o seu marido pediu o divorcio. En 1925 casou por terceira vez, desta vez co médico Mário Pereira Lage. A morte do irmán, Apeles, nun accidente de avión, aféctaa gravemente e inspíraa para escribir As Máscaras do Destino.

Tentou o suicidio por dúas veces en outubro e novembro de 1930, na véspera da publicación da súa mellor obra, Charneca em Flor. Tras diagnosticárselle un edema pulmonar, suicídase no día do seu aniversario, o 8 de decembro de 1930. Charneca em Flor sería publicado en xaneiro de 1931.

Florbela Espanca por outros poetas

Florbela Espanca causou grande impresión entre os seus pares e entre literatos e público do seu tempo e de tempos posteriores. Alén da influencia que os seus versos tiveron nos versos de tantos outros poetas, son coñecidas tamén algunhas homenaxes prestadas por outros eminentes poetas á persoa humana e lírica da poetisa. Manuel Dias da Fonseca, no seu "Para um poema a Florbela" de 1941, cantaba "(...)E Florbela, de negro,/ esguia como quem era,/ seus longos braços abria/ esbanjando braçados cheios/ da grande vida que tinha!". Tamén Fernando Pessoa, nun poema dactilografado e non datado, de nome "À memória de Florbela Espanca", descríbea como "alma sonhadora/ Irmã gêmea da minha!".[1]

Obra

Florbela nun deseño do seu irmán Apeles Espanca.

Autora de poemas, artigos na prensa, traducións, epístolas e un diario, Florbela Espanca antes que nada foi poetisa. É á súa poesía, case sempre en forma de soneto, á que ela debe a fama e o recoñecemento. A temática abordada é principalmente amorosa. O que máis lle preocupa á autora é o amor e os ingredientes que romanticamente lle son inherentes: soidade, tristeza, saudade, sedución, desexo e morte. A súa obra abrangue tamén poemas de sentido patriótico, mesmo algúns en que é visible o seu patriotismo local: o soneto “No meu Alentejo” é unha glorificación da terra natal da autora.

Soamente dúas antoloxías, Livro de Mágoas (1919) e Livro de Sóror Saudade (1923), foron publicadas en vida da poetisa. Outras, Charneca em Flor (1931), Juvenília (1931) e Reliquiae (1934) saíron só tras o seu pasamento. Toda a obra poética de Florbela foi reunida por Guido Battelli nun volume chamado Sonetos Completos, publicado por vez primeira en 1934. En 1978 xa saíran 23 edicións do libro[2]. As pezas anteriores ás primeias publicacións da poetisa foran reconstituídas por Mária Lúcia Dal Farra, que en 1994 editou o texto de Trocando Olhares.

A prosa de Florbela esprémese a través do conto (onde domina a figura do irmán da poetisa), dun diario, que antecede á súa morte, e en cartas varias. Algunhas pezas da súa correspondencia son de natureza familiar, outras tratan de cuestións relacionadas coa súa produción literaria, sexa nun sentido interrogativo en canto á súa qualidade, sexa sobre aspectos máis prácticos como a súa publicación. Nas diferentes manifestacións epistolares sobresaen cualidades que non sempre están presentes na restante produción en prosa - naturalidade e simplicidade[3].

António José Saraiva e Óscar Lopes na súa História da Literatura Portuguesa[2] describen a Florbela Espanca como sonetista de “laivos anterianos”[2](en referencia a Antero de Quental) e semellante a António Nobre. Admiten que foi "uma das mais notáveis personalidades líricas isoladas, pela intensidade de um emotivo erotismo feminino, sem precedentes entre nós Portugal, com tonalidades ora egoístas ora de uma sublimada abnegação que ainda lembra Sóror Mariana, ora de uma expansão de amor intenso e instável[…]"[2].

A obra da Florbela "precede de longe e estimula um mais recente movimento de emancipação literária da mulher, espremendo nos seus acentos mais patéticos a imensa frustração feminina das […] opressivas tradições patriarcais.”[2]

Rolando Galvão, autor dun artigo sobre Florbela Espanca publicado na páxina electrónica Vidas Lusófonas[3], caracteriza así a obra florbeliana:

Como din varios estudosos da súa persoa e obra, Florbela xurde desligada de preocupacións de contido humanista ou social. Inserida no seu mundo pequeno burguês, como evidencian os retratos que dai de si ao longo dos seus escritos. Non manifesta interese pola política ou polos problemas sociais. Dise conservadora. […] O seu egocentrismo, que non retira beleza á súa poesía, é por demais evidente para non ser referenciado practicamente por todos. Sedenta de gloria, di Henrique Lopes de Mendonça, transcrito por Carlos Sombrio. Na súa escrita hai un certo número de palabras nas que insiste incesantemente. Antes de máis, o EU, presente, en case todas as pezas poéticas. Amplamente repetidos vocablos que reflicten paisón: alma, amor, saudade, bicos, versos, poeta e outros, e os que deles derivan. Escritos de ámbito alén dos que caracterizan esa paisón non son abundantes, particularmente na obra poética. Salvo no que se refire ao seu Alentexo. Non se coloca como observadora distante, mesmo cando tal parece, exterior a feitos, ideas, acontecementos.[3]

O autor do artigo lembra tamén a correspondencia da poetisa co irmán, Apeles, e cunha amiga próxima, que apenas viu en retrato. Repara en que os excesos verbais da escritora son provocados pola súa falta de moderación á hora de espremer unha paixón. A súa exaltación do amor fraternal é considerada fóra do común. Galvão repara en que eses límites alongados na expresión do amor, da amizade e das afeccións, son na obra florbeliana unha constante[3].

Bibliografía

Poesía

1919 Livro de Mágoas. Lisboa: Tipografia Maurício. (eBook)

1923 Livro de Sóror Saudade. Lisboa: Tipografia A Americana.

1931 Charneca em Flor. Coimbra: Livraria Gonçalves.

1931 Juvenília: versos inéditos de Florbela Espanca (con 28 sonetos inéditos). Estudo crítico de Guido Battelli. Coimbra: Livraria Gonçalves.

1934 Sonetos Completos (Livro de Mágoas, Livro de Sóror Saudade, Charneca em Flor, Reliquiae). Coimbra: Livraria Gonçalves.

Prosa

1931 As Máscaras do Destino. Porto: Editora Marânus.

1981 Diário do Último Ano. Prefácio de Natália Correia. Lisboa: Livraria Bertrand.

1982 O Dominó Preto. Prefácio de Y. K. Centeno. Lisboa: Livraria Bertrand.

Colectáneas

1985/86 Obras Completas de Florbela Espanca. 8 vols. Edição de Rui Guedes. Lisboa: Publicações Dom Quixote.

1994 Trocando Olhares. Estudo introdutório, estabelecimento de textos e notas de Maria Lúcia Dal Farra. Lisboa: Imprensa Nacional/ Casa da Moeda.

Epistolografía

1931 Cartas de Florbela Espanca (A Dona Júlia Alves e a Guido Battelli). Coimbra: Livraria Gonçalves.

1949 Cartas de Florbela Espanca. Prefácio de Azinhal Abelho e José Emídio Amaro. Lisboa: Edição dos Autores.

Traducións

1926 Ilha azul, de Georges Thiery. Figueirinhas do Porto.

____ O segredo do marido, de M. Maryan. Biblioteca das Famílias.

1927 O segredo de Solange, de M. Maryan. Biblioteca das Famílias.

____ Dona Quichota, de Georges de Peyrebrune. Biblioteca do Lar.

____ O romance da felicidade, de Jean Rameau Biblioteca do Lar.

____ O castelo dos noivos, de Claude Saint-Jean

____ Dois noivados, de Champol. Biblioteca do Lar.

____ O canto do cuco, de Jean Thiery. Biblioteca do Lar.

1929 Mademoiselle de la Ferté (romance da actualidade) de Pierre Benoit. Série Amarela.

1932 Máxima (romance da actualidade, de A. Palácio Váldes. Coleção de Hoje.

Notas

  1. Espanca, Florbela, 1894-1930. Poemas de Florbela Espanca / Estudo introdutório, organização e notas de Maria Lúcia Dal Farra - São Paulo : Martins Fontes, 1996. páginas XXV e XXVI. ISBN 85-336-0566-8
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 António José Saraiva, Óscar Lopes. História da Literatura Portuguesa. 9ª ed. Porto: Porto Editora, 1976. p. 967.
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 Galvão, Rolando. ""Florbela Espanca" (biobibliografia)". Vidaslusofonas.pt. Consultado o 22 de xullo de 2009. 

Véxase tamén

Ligazóns externas