Dispnea: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
m →Ligazóns externas: Arranxos varios |
Recuperando 0 fontes e etiquetando 1 como mortas. #IABot (v2.0beta9) |
||
Liña 15: | Liña 15: | ||
* [[Insuficiencia cardíaca]] |
* [[Insuficiencia cardíaca]] |
||
=== Ligazóns externas === |
=== Ligazóns externas === |
||
* [http://www.realacademiagalega.org/rag_dicionario/loadNoun.do?current_page=1&id=16724 Definición da Real Academia Galega] |
* [http://www.realacademiagalega.org/rag_dicionario/loadNoun.do?current_page=1&id=16724 Definición da Real Academia Galega]{{Ligazón morta|data=setembro de 2018 }} |
||
{{wiktionary}} |
{{wiktionary}} |
Revisión como estaba o 4 de setembro de 2018 ás 03:46
A dispnea é a dificultade para respirar ao que se lle adoita chamar falta de ar. Deriva nunha sensación subxectiva que adoita orixinarse nunha respiración deficiente e incompleta, que pode variar en intensidade. Esta experiencia orixínase a partir de interaccións nas que interveñen factores fisiolóxicos, psicolóxicos, sociais e ambientais múltiples que poden á súa vez inducir, dende respostas fisiolóxicas a comportamentos secundarios.
Clasificación
Podemos distinguir varios dipos de dispnea:
- Dispnea de esforzo: Aparece ao realizar esforzos, e adoita ser moitas veces progresiva.
- Ortopnea, que se alivia coa posición erecta. É a dificultade para respirar que aparece ao estar deitados.
- Dispnea paroxística nocturna, caracterízase por se manifestar pola noite, mentres ao doente está dormido, situación que provoca que o doente esperte.
- Dispnea en repouso: aparece malia non realizar ningún tipo de esforzo. É o tipo de dificultade respiratoria máis grave de todas, por estar asociada a doenzas en fases avanzadas, como a insuficiencia cardíaca en estado terminal.
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas
Vexa a entrada do Galizionario acerca de Dispnea |