Coca (mitoloxía): Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Cambio o modelo: Outroshomónimos
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta9)
Liña 6: Liña 6:


== Etimoloxía ==
== Etimoloxía ==
A primeira referencia documentada do termo '''coca''' é a de ''coquetriz'' atopada nun texto galego de [[Ourense]] datado en 1437. O texto dicía que a ''coquetriz'' era un dragón que levaban os zapateiros na procesión do ''Corpus''. Deste documento asúmese que o nome deriva da palabra [[lingua latina|latina]] ''cocatrix'', é dicir [[crocodilo]]. Noutro documento posterior tamén atopado en Ourense, de mediados do século XV (1441), xa se usan uns nomes moi semellantes ó actual, ''coqa'' e ''qoqa''.<ref>{{Cita web |url=http://www.turismoredondela.es/gal_f_coca.php |título=Festa da Coca ´2012 |editor= Concello de Redondela|dataacceso=8 de agosto de 2012}}</ref>
A primeira referencia documentada do termo '''coca''' é a de ''coquetriz'' atopada nun texto galego de [[Ourense]] datado en 1437. O texto dicía que a ''coquetriz'' era un dragón que levaban os zapateiros na procesión do ''Corpus''. Deste documento asúmese que o nome deriva da palabra [[lingua latina|latina]] ''cocatrix'', é dicir [[crocodilo]]. Noutro documento posterior tamén atopado en Ourense, de mediados do século XV (1441), xa se usan uns nomes moi semellantes ó actual, ''coqa'' e ''qoqa''.<ref>{{Cita web |url=http://www.turismoredondela.es/gal_f_coca.php |título=Festa da Coca ´2012 |editor=Concello de Redondela |dataacceso=8 de agosto de 2012 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20120627071601/http://www.turismoredondela.es/gal_f_coca.php |dataarquivo=27 de xuño de 2012 |urlmorta=si }}</ref>


O termo '''tarasca''' ven de ''Tarasque'', en relación co topónimo da localidade de [[Tarascón]], no departamento de [[Bocas do Ródano]], [[Francia]]. Este nome ten a súa orixe nunha lenda sobre Santa [[Marta]].
O termo '''tarasca''' ven de ''Tarasque'', en relación co topónimo da localidade de [[Tarascón]], no departamento de [[Bocas do Ródano]], [[Francia]]. Este nome ten a súa orixe nunha lenda sobre Santa [[Marta]].

Revisión como estaba o 3 de setembro de 2018 ás 20:46

A coca polas rúas de Redondela na Festa da coca de Redondela.
A Tarasca de Santa Marta, procesión do Corpus Christi en Valencia.

A coca ou tarasca[1] é un ser da mitoloxía galega que vive nas augas do mar ou dos ríos. É un animal monstruoso con corpo de dragón e cola de serpe, e do lombo nácenlle dúas enormes ás, semellantes ás dos morcegos. Ten catro patas armadas de fortes gadoupas, e na súa faciana aluman uns ollos terribles, sobre unha enorme boca con agudos dentes.

Etimoloxía

A primeira referencia documentada do termo coca é a de coquetriz atopada nun texto galego de Ourense datado en 1437. O texto dicía que a coquetriz era un dragón que levaban os zapateiros na procesión do Corpus. Deste documento asúmese que o nome deriva da palabra latina cocatrix, é dicir crocodilo. Noutro documento posterior tamén atopado en Ourense, de mediados do século XV (1441), xa se usan uns nomes moi semellantes ó actual, coqa e qoqa.[2]

O termo tarasca ven de Tarasque, en relación co topónimo da localidade de Tarascón, no departamento de Bocas do Ródano, Francia. Este nome ten a súa orixe nunha lenda sobre Santa Marta.

Lendas

A Coca de Redondela

Artigo principal: Festa da coca de Redondela.

A tradición di que se presentou un día en Redondela. Xurdiu das ondas do mar, que estaba moi embravecido, e nun veloz ataque devorou a dúas raparigas que xogaban na praia da vila. Repetiu moitas veces o seu ataque, levando sempre as máis fermosas cativas. Os veciños de Redondela escolleron en asemblea os vinte e catro homes máis fortes e destemidos, coa encomenda de atacar a tarasca na súa próxima aparición. A campá da igrexa deu o aviso da chegada do monstro e os elixidos acosárona e déronlle morte coas súas espadas. Formouse de contado unha gran procesión e ó redor da besta morta os loitadores iniciaron unha danza, as mozas seguiron o baile erguendo nos ombreiros as meniñas máis novas, e danzando con elas en alto.

Pénsase que aí ten a súa orixe a danza das espadas e o baile das penlas, cos que anualmente se celebra a morte da coca. Tamén se teñen datos doutras cocas en Galicia: en Verín, en Baiona (que era de Sabarís), en Betanzos (chamada Camelo), A Coruña (chamada Tarea), Ourense (Coquetriz), Pontevedra (que a mataron uns mariñeiros dunha pequena nao), Ribadavia (Becha), Compostela e Tui.[3]

A tarasca

A tarasca de Tarascón levada cunha cinta por unha pequena Santa Marta.

Segundo conta a lenda, esta criatura vivía en Tarascón, Provenza, e destruía todo ó seu paso. Era unha especie de dragón con seis patas parecidas ás dun oso, un torso parecido ó dun boi cunha cuncha de sapoconcho no seu lombo e unha cola cuberta de escamas que terminaba no aguillón dun escorpión. A súa cabeza era coma a dun león con orellas de cabalo.[4]

Santa Marta e o dragón, atribuído a André Abellon, pintor dominico. Igrexa de María Magdalena en Saint-Maximin-la-Sainte-Baume, Var (Francia).

O Rei de Tarascón mandara atacar sen éxito á tarasca con tódolos seus soldados, pero Santa Marta encantou á besta coas súas pregarias, e volveu á cidade coa besta domada. Os habitantes aterrorizados atacaron á criatura ó caer a noite, que morreu alí mesmo sen ofrecer resistencia. Entón Santa Marta predicou un sermón á xente e converteu a moitos deles ó cristianismo. Arrepentidos de dar morte ó domado monstro, os habitantes cambiaron o nome do pobo a Tarascón.

Desde o 25 de novembro de 2005, as festas da tarasca en Tarascón foron proclamadas pola UNESCO como parte do Patrimonio Oral e Inmaterial da Humanidade e foron inscritas no 2008 dentro do apartado Xigantes e dragóns procesionais de Bélxica e Francia.[5]

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para tarasca.
  2. Concello de Redondela (ed.). "Festa da Coca ´2012". Arquivado dende o orixinal o 27 de xuño de 2012. Consultado o 8 de agosto de 2012. 
  3. (Cuba, Miranda & Reigosa 1999, pp. 84-85)
  4. Légende dorée, Sainte Marthe, traduction Roze, tome 2, 1902 (en francés)
  5. Xigantes e dragóns procesionais de Bélxica e Francia (en castelán), (en francés), (en inglés) e (en árabe)

Véxase tamén

Outros artigos

Bibliografía