Brassica oleracea gongylodes: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta9)
Liña 78: Liña 78:
* [http://www.gretchencooks.com/recipes/411_Spicy_Kohlrabi Receita de ''Kohlrabi'']
* [http://www.gretchencooks.com/recipes/411_Spicy_Kohlrabi Receita de ''Kohlrabi'']
* «''Brassica oleracea'' var. [http://www.ncbi.nlm.nih.gov/Taxonomy/Browser/wwwtax.cgi?id=109379 ''gongylodes''] L.».
* «''Brassica oleracea'' var. [http://www.ncbi.nlm.nih.gov/Taxonomy/Browser/wwwtax.cgi?id=109379 ''gongylodes''] L.».
* «[http://www.ars-grin.gov/cgi-bin/npgs/html/taxon.pl?7676 ''Brassica oleracea''] var.
* «[https://web.archive.org/web/20131021114644/http://www.ars-grin.gov/cgi-bin/npgs/html/taxon.pl?7676 ''Brassica oleracea''] var.


{{Control de autoridades}}
{{Control de autoridades}}

Revisión como estaba o 3 de setembro de 2018 ás 12:02

Brassica oleracea gongylodes

Brassica oleracea var. gongylodes L.
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Brassicales
Familia: Brassicaceae
Xénero: Brassica
Especie: Brassica oleracea
Nome trinomial
Brassica oleracea var. gongylodes L., 1753
Sinonimia
  • (=) Brassica caulorapa (DC.) Pasq.
  • (=) Brassica gongylodes (L.) Mill.
  • (=) Brassica oleracea var. caulorapa DC.
  • (≡) Brassica oleracea subsp. gongylodes

(L.) Schübl. & G. Martens[1]

Brassica oleracea gongylodes, ou col ravo, é unha planta da familia das crucíferas. Denominada no norte de Europa moi frecuentemente como Kohlrabi (xerm. kohl + rabí). É unha variedade de col con gran parte á inchume que posúe a súa carne, de forma case esférica (xocosamente comparada co Sputnik pola súa similitude na forma).

O Kohlrabi foi creado por selección artificial para ser unha planta de crecemento de tipo meristema, a súa orixe na natureza é un cruzamento da planta salvaxe da col silvestre e o ravo branco salvaxe.

Características

Trátase dunha planta con grandes capacidades de cultivo de carácter bienal. Acompaña facilmente aos cultivos de cebolas, florece desde os meses de maio a agosto e posúe unhas flores hermafroditas. A parte comestible da planta é unha especie de bulbo (en realidade é unha especie de talo inmaturo engrosado, a versión madura é de textura madeira) en forma esférica cos troncos saíndo de forma ostensible, o tamaño da parte comestible adoita ser de 5 cm de diámetro, aínda que é variable, podendo chegar diámetros máis grandes, denominados superschmeltz/xigante (todas elas adoitan ter calidade para ser comestible). A cor pode oscilar desde o verde claro (máis habitual), até o violeta (a cor violeta é superficial, no seu interior adoita ter unha carne amarela). Os talos adoitan chegar a crecer de 3 a 5 dm de longo cunha folla ampla (comestible, pero que a miúdo se refuga).

Contido nutricional

Brassica oleracea gongylodes.

Brassica oleracea gongylodes pódese comer tanto cru como cocido (non máis dun cuarto de hora). Adoita ter un alto contido de elementos nutritivos como o selenio, vitamina B, ácido fólico, vitamina C, potasio, magnesio e cobre que adoitan achegar unha enerxía de 24 kcal/100 g.[2]

Usos

O principal uso da planta é culinario, adoita atoparse con relativa facilidade nas verdulerías e nas cociñas de Alemaña, Austria e de Suíza. Aínda que en menor medida pode verse en Países Baixos e Suecia. Sexa como sexa, por regra xeral adóitase cortar en dados alargados dun centímetro de grosor e é un ingrediente que forma parte das sopas ou das ensaladas tras ser cocido (non máis dun cuarto de hora).

As follas son comestibles, crúas en ensaladas, adoitan cocerse ás veces e servirse como unha col.

Nos Estados Unidos emprégase principalmente como alimento para a gandaría, adóitase empregar por ser das hortalizas de achegue máis importante en carbohidratos, chegando a 6,5 g por cada 100 g de Kohlrabi comestible. Existe no entanto en Hamburg Township, Míchigan a cidade se autodenominado como a "capital mundial do Kohlrabi" na que se celebra anualmente un festival que chegou a acoller a 600 persoas.[3]

Alimentos que se combinan con Brassica oleracea gongylodes

Existen algúns alimentos que se poden combinar con Brassica oleracea gongylodes para elaborar sopas, salsas ou ensaladas.

Bos "veciños"

Malos "veciños"

Notas

  1. Ref. GRIN
  2. Souci.Fachmann. Kraut 1994
  3. "Don't be afraid to try odd-looking kohlrabi". 1999-04-29. Consultado o 2017-03-31. 

Véxase tamén

Bibliografía

  • "Cole crops. Botany, cultivation, and utilization", M. Nueuwhof. Leonard Hill Book Co., London, England, 1969

Ligazóns externas