Albaicín: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
HacheDous=0 (conversa | contribucións)
*aljibe: alxibe
Recuperando 2 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta9)
Liña 41: Liña 41:
{{commonscat}}
{{commonscat}}
* [http://whc.unesco.org/pg.cfm?cid=31&id_site=314 Patrimonio da Humanidade] {{en}}
* [http://whc.unesco.org/pg.cfm?cid=31&id_site=314 Patrimonio da Humanidade] {{en}}
* [http://www.turgranada.es/top/topdetalle.php?top=10&id_top=115&id_idioma=1 O Albaicín na web oficial de Turismo de Granada] {{es}}
* [https://web.archive.org/web/20140717152920/http://www.turgranada.es/top/topdetalle.php?top=10&id_idioma=1&id_top=115 O Albaicín na web oficial de Turismo de Granada] {{es}}
* [http://www.granada-in.com/itinerario/itinerario.html Itinerarios culturais polo Albaicín] {{es}}
* [http://www.granada-in.com/itinerario/itinerario.html Itinerarios culturais polo Albaicín] {{es}}
* [http://www.granada-webcam.com/es_albaicin.php Bazars marroquís e vistas da Alhambra] {{es}}
* [https://web.archive.org/web/20150110144530/http://www.granada-webcam.com/es_albaicin.php Bazars marroquís e vistas da Alhambra] {{es}}


{{coord|37|10|36|N|3|35|40|W|display=title|region:ES_type:landmark_source:nlwiki}}
{{coord|37|10|36|N|3|35|40|W|display=title|region:ES_type:landmark_source:nlwiki}}

Revisión como estaba o 3 de setembro de 2018 ás 01:08

Alhambra, Generalife e Albaicín de Granada
Vista do barrio
Patrimonio da Humanidade - UNESCO
PaísEspaña España
LocalizaciónAndalucía Granada
37°10′36″N 3°35′40″O / 37.17667, -3.59444
Criteriosi, iii, iv
Inscrición1984
Identificador314

O Albaicín ou Albayzín é un barrio do leste da cidade de Granada, en Andalucía, que conserva a estrutura e aspecto que tiña na época musulmá medieval. Foi declarado Patrimonio Mundial pola UNESCO en 1948, xunto coa Alhambra e o Generalife.

Historia

Inicialmente, a poboación situouse na chaira, na antiga cidade de Ilbira, pero no século XI, coa caída do Califato de Córdoba, a inseguridade xeral aconsellou o traslado a Albaicín.

A época nazarí foi a de máis esplendor e influencia do barrio do Albaicín. A trama urbana que se conserva actualmente é a desa época, cunha rede moi complicada de rúas estreitas, dende a parte máis alta (San Nicolás) ata a ribeira do río Darro (Carrera del Darro) e a rúa Elvira, que se unen na Plaza Nueva.

O tipo tradicional de vivenda é o carmen que consiste nunha casa rodeada dunha pequena horta ou xardín e de muro alto que a separa da rúa. Era moi característica a canalización e distribución de auga potable a través de cisternas subterráneas (alxibe), das que se conservan unhas 28, a maioría aínda en funcionamento.

A situación do barrio sobre a aba da montaña diante da Alhambra propicia unha vistas espectaculares, especialmente, para os turistas, dende a igrexa de San Nicolás. Na zona pódense visitar tamén restos duns baños árabes, o Museo Arqueolóxico de Granada, e a igrexa de San Salvador, edificada sobre os restos dunha mesquita. Tamén se conservan algunhas casas mouriscas.

Actualmente, a afluencia turística e a inmigración dende Marrocos favoreceron, conxuntamente, a formación dunha rede de comercios e restaurantes de ambiente moi caracerístico norteafricano, recuperando, en parte, as orixes do barrio.

Galería de imaxes

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Coordenadas: 37°10′36″N 3°35′40″O / 37.17667, -3.59444