Factor X: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 68: Liña 68:
[[Ficheiro:Coagulation in vivo-2.png|miniatura|350px|Vías da coagulación do sangue in vivo mostrando o papel central da trombina.]]
[[Ficheiro:Coagulation in vivo-2.png|miniatura|350px|Vías da coagulación do sangue in vivo mostrando o papel central da trombina.]]
<!--
<!--
Factor Xa is the activated form of the [[coagulation factor]] [[thrombokinase]], known eponymously as Stuart-Prower factor. Factor X is an [[enzyme]], a [[serine endopeptidase]], which plays a key role at several stages of the [[coagulation system]]. Factor X is [[Biosynthesis|synthesized]] in the [[liver]]. The most commonly used [[anticoagulants]] in clinical practice, [[warfarin]] and the [[heparin]] series of anticoagulants and [[fondaparinux]], act to inhibit the action of Factor Xa in various degrees.
O factor Xa é a forma activada do [[factor de coagulación]] [[tromboquinase]], coñecido polo epónimo de factor de Stuart-Prower. O factor X é un encima [[serina endopeptidase]], que desempeña un papel clave en varias enfermidades co [[sistema de coagulación]]. Factor X is [[Biosynthesis|synthesized]] in the [[liver]]. The most commonly used [[anticoagulants]] in clinical practice, [[warfarin]] and the [[heparin]] series of anticoagulants and [[fondaparinux]], act to inhibit the action of Factor Xa in various degrees.


Traditional models of coagulation developed in the 1960s envisaged two separate cascades, the extrinsic [[tissue factor|(tissue factor (TF))]] pathway and the intrinsic pathway. These pathways converge to a common point, the formation of the Factor Xa/Va complex which together with [[calcium]] and bound on a [[phospholipids]] surface generate [[thrombin|thrombin (Factor IIa)]] from [[prothrombin|prothrombin (Factor II)]].
Traditional models of coagulation developed in the 1960s envisaged two separate cascades, the extrinsic [[tissue factor|(tissue factor (TF))]] pathway and the intrinsic pathway. These pathways converge to a common point, the formation of the Factor Xa/Va complex which together with [[calcium]] and bound on a [[phospholipids]] surface generate [[thrombin|thrombin (Factor IIa)]] from [[prothrombin|prothrombin (Factor II)]].

Revisión como estaba o 2 de setembro de 2018 ás 18:24

PDB 1c5m
F10
Identificadores
Símbolo F10
Símbolos alt. FX, FXA, factor de coagulación X
Entrez 2159
OMIM

613872

RefSeq NP_000495
UniProt P00742
Outros datos
Locus Cr. 13 q34:(113.12 – 113.15 Mb)
Non se debe confundir co factor X de crecemento para o cultivo da bacteria Haemophilus influenzae correspondente á protroporfirina IX ou hemina.

O factor X (factor dez) de coagulación, tamén chamado factor de Stuart–Prower, é un encima (EC 3.4.21.6) da fervenza de coagulación do sangue. É unha serina endopeptidase (protease do grupo S1, clan PA). O factor X é sintetizado no fígado e require vitamina K para a súa síntese.

O factor X é activado por hidrólise dando lugar ao factor Xa por acción do factor IX (co seu cofactor o factor VIII nun complexo chamado Xase intrínseca) ou polo factor VII (co seu cofactor factor tisular, formando un complexo chamado Xase extrínseca). É, por tanto, o primeiro membro da vía común final ou vía da trombina da coagulación.

Actúa clivando a protrombina en dous sitios (un enlace Arg-Thr e outro Arg-Ile), orixinando a trombina activa. Este proceso está optimizado cando o factor Xa está en acomplexado co cofactor V activado no complexo da protrombinase.

O factor Xa é inactivado polo inhibidor da protease dependente da proteína Z (ZPI), un inhibidor da serina protease (serpina). A afinidade desta proteína polo factor Xa multiplícase por mil en presenza da proteína Z, mentresque non cómpre proteína Z par a inactivación do factor XI. Os defectos na proteína Z causan un incremento da actividade do factor Xa e unha propensión á trombose.

A vida media do factor X é de entre 40 e 45 horas.

Estrutura

A primeira estrutura cristalina do factor Xa humano foi depositada no Protein dat bank en maio de 1993. Ata agora, obtivéronse 191 estruturas cristalinas do factor Xa con varios inhibidores. O sitio activo do factor Xa está dividido en catro subpetos denominados S1, S2, S3 e S4. O subpeto S1 determina o compoñente principal para a selectividade e unión. O subpeto S2 é pequeno, pouco profundo e non está ben definido. Fusiónase co subpeto S4. O subpeto S3 está localizado no bordo do subpeto S1 e está bastante exposto ao solvente. O subpeto S4 ten tres dominios de unión de ligandos: a "caixa hidrofóbica", o "burato catiónico" e o sitio pra a auga. Os inhibidores do factor Xa únense xeralmente nunha conformación con forma de L, na que un grupo do ligando ocupa o subpeto aniónico S1 onde se encontran os residuos Asp189, Ser195 e Tyr228, e outro grupo do ligando ocupa o peto aromático S4 onde se encontran os residuos Tyr99, Phe174 e Trp215. Tipicamente, un grupo enlazador bastante ríxido fai ponte entre estes dous sitios de interacción.[1]

Xenética

O xene do factor X humano está situado no cromosoma 13 na posición 13q34.

Papel en enfermidades

A deficiencia de factor X conxénita é moi rara (1:1 000 000 persoas), e pode presentarse con epistaxe (hemorraxia nasal), hemartrose (hemorraxias nos xeonllos) e perda de sangue gastrointestinal. A parte da deficiencia conxénita, niveis baixos de factor X poden darse ocasionalmente en diversas doenzas. Por exemplo, a deficienci de fator X pode observarse na amiloidose, na que o factor X queda adsorbido nas fibrilas amiloides na vasculatura.

A deficiencia de vitamina K ou o antagonismo por warfarina (ou medicamento similar) causa a produción de factor X inactivo. Na terapia con warfarina istoé desexable porque prevén a trombose. En 2007, varios axentes terapéuticos anticoagulantes emerxentes tiñan como diana este encima.[2]

Inhibir o factor Xa supoñería un método alternativo de anticoagulación. Os inhibidores de Xa directos son anticoagulantes bastante usados.

Uso terapéutico

O factor X forma parte do plasma fresco conxelado e do complexo da protrombinase. Existen dous concentrados de factor X dispoñibles comercialmente: o "Factor X P Behring" fabricado por CSL Behring,[3] e o altamente purificado Factor X "Coagadex" producido por Bio Products Laboratory, cuxo uso foi aprobado pola FDA estadounidense en 2015 e para o seu uso na Unión Europea en 2016.[4][5]

Uso en bioquímica

A protease factor Xa pode utilizarse en bioquímica para clivar e eliminar etiquetas en proteínas, as cales melloran a expresión ou purificación dunha proteína de interese. O seu sitio de clivaxe preferido (despois da a arxinina na secuencia Ile-Glu/Asp-Gly-Arg, IEGR ou IDGR) pode ser facilmente deseñado por enxeñaría entre unha secuencia etiqueta e a proteína de interese. Despois da expresión e purificación, a etiqueta é eliminada proteoliticamente polo factor Xa.

Factor Xa

Vías da coagulación do sangue in vivo mostrando o papel central da trombina.

Historia

Científicos estadounidenses e británicos describiron a deficiencia de factor X independentemente en 1953 e 1956, respectivamente. Igual que algúns outros factores de cosgulación, o factor foi inicialmente nomeado polo nome dos pacientes nos que se atopou a deficiencia, chamados Rufus Stuart (1921) e Audrey Prower (1934), polo que se denominou factor de Stuart-Prower.

Interaccións

O factor X presenta interaccións co inhibidor da vía do factor tisular.[6]

Notas

  1. Presentation on Direct Factor Xa Inhibitors
  2. Ron Winslow; Avery Johnson (2007-12-10). "Race Is on for the Next Blood Thinner". Wall Street Journal. p. A12. Consultado o 2008-01-06. Este grande interese reflicte a maior comprensión doque os doutores chaman a fervenza de coagulación... Catro novos anticoagulantes teñen como diana este encima chamado factor Xa, un dos varios encimas que xogan un importante papel na fervenza. 
  3. Mark Brooker (2008): "Registry of Clotting Factor Concentrates". Eighth Edition, 2008, World Federation of Hemophilia
  4. "BPL Announces: Strong progress on the world's first licensed Factor X product" (Nota de prensa). Bio Products Laboratory. August 10, 2015. Consultado o October 21, 2015. 
  5. "FDA approves first Factor X concentrate to treat patients with rare hereditary bleeding disorder" (Nota de prensa). US FDA. October 20, 2015. Consultado o October 21, 2015. Until today’s orphan drug approval, no specific coagulation factor replacement therapy was available for patients with hereditary Factor X deficiency. 
  6. Broze GJ, Warren LA, Novotny WF, Higuchi DA, Girard JJ, Miletich JP (February 1988). "The lipoprotein-associated coagulation inhibitor that inhibits the factor VII-tissue factor complex also inhibits factor Xa: insight into its possible mechanism of action". Blood 71 (2): 335–43. PMID 3422166. 

Véxase tamén

Ligazóns externas

Bibliografía

  • Cooper DN, Millar DS, Wacey A, Pemberton S, Tuddenham EG (July 1997). "Inherited factor X deficiency: molecular genetics and pathophysiology". Thrombosis and Haemostasis 78 (1): 161–72. PMID 9198147. 
  • Hassan HJ, Leonardi A, Chelucci C, Mattia G, Macioce G, Guerriero R, Russo G, Mannucci PM, Peschle C (September 1990). "Blood coagulation factors in human embryonic-fetal development: preferential expression of the FVII/tissue factor pathway". Blood 76 (6): 1158–64. PMID 1698100. 
  • Messier TL, Pittman DD, Long GL, Kaufman RJ, Church WR (March 1991). "Cloning and expression in COS-1 cells of a full-length cDNA encoding human coagulation factor X". Gene 99 (2): 291–4. PMID 1902434. doi:10.1016/0378-1119(91)90141-W. 
  • Krishnaswamy S (March 1990). "Prothrombinase complex assembly. Contributions of protein-protein and protein-membrane interactions toward complex formation". The Journal of Biological Chemistry 265 (7): 3708–18. PMID 2303476. 
  • España F, Berrettini M, Griffin JH (August 1989). "Purification and characterization of plasma protein C inhibitor". Thrombosis Research 55 (3): 369–84. PMID 2551064. doi:10.1016/0049-3848(89)90069-8. 
  • Fung MR, Hay CW, MacGillivray RT (June 1985). "Characterization of an almost full-length cDNA coding for human blood coagulation factor X". Proceedings of the National Academy of Sciences of the United States of America 82 (11): 3591–5. PMC 397831. PMID 2582420. doi:10.1073/pnas.82.11.3591. 
  • Jagadeeswaran P, Reddy SV, Rao KJ, Hamsabhushanam K, Lyman G (December 1989). "Cloning and characterization of the 5' end (exon 1) of the gene encoding human factor X". Gene 84 (2): 517–9. PMID 2612918. doi:10.1016/0378-1119(89)90529-5. 
  • Reddy SV, Zhou ZQ, Rao KJ, Scott JP, Watzke H, High KA, Jagadeeswaran P (October 1989). "Molecular characterization of human factor XSan Antonio". Blood 74 (5): 1486–90. PMID 2790181. 
  • Kaul RK, Hildebrand B, Roberts S, Jagadeeswaran P (1986). "Isolation and characterization of human blood-coagulation factor X cDNA". Gene 41 (2-3): 311–4. PMID 3011603. doi:10.1016/0378-1119(86)90112-5. 
  • Broze GJ, Warren LA, Novotny WF, Higuchi DA, Girard JJ, Miletich JP (February 1988). "The lipoprotein-associated coagulation inhibitor that inhibits the factor VII-tissue factor complex also inhibits factor Xa: insight into its possible mechanism of action". Blood 71 (2): 335–43. PMID 3422166. 
  • Gilgenkrantz S, Briquel ME, André E, Alexandre P, Jalbert P, Le Marec B, Pouzol P, Pommereuil M (1986). "Structural genes of coagulation factors VII and X located on 13q34". Annales De Genetique 29 (1): 32–5. PMID 3487272. 
  • Leytus SP, Foster DC, Kurachi K, Davie EW (September 1986). "Gene for human factor X: a blood coagulation factor whose gene organization is essentially identical with that of factor IX and protein C". Biochemistry 25 (18): 5098–102. PMID 3768336. doi:10.1021/bi00366a018. 
  • Leytus SP, Chung DW, Kisiel W, Kurachi K, Davie EW (June 1984). "Characterization of a cDNA coding for human factor X". Proceedings of the National Academy of Sciences of the United States of America 81 (12): 3699–702. PMC 345286. PMID 6587384. doi:10.1073/pnas.81.12.3699. 
  • McMullen BA, Fujikawa K, Kisiel W, Sasagawa T, Howald WN, Kwa EY, Weinstein B (June 1983). "Complete amino acid sequence of the light chain of human blood coagulation factor X: evidence for identification of residue 63 as beta-hydroxyaspartic acid". Biochemistry 22 (12): 2875–84. PMID 6871167. doi:10.1021/bi00281a016. 
  • Marchetti G, Castaman G, Pinotti M, Lunghi B, Di Iasio MG, Ruggieri M, Rodeghiero F, Bernardi F (August 1995). "Molecular bases of CRM+ factor X deficiency: a frequent mutation (Ser334Pro) in the catalytic domain and a substitution (Glu102Lys) in the second EGF-like domain". British Journal of Haematology 90 (4): 910–5. PMID 7669671. doi:10.1111/j.1365-2141.1995.tb05214.x. 
  • Morgenstern KA, Sprecher C, Holth L, Foster D, Grant FJ, Ching A, Kisiel W (March 1994). "Complementary DNA cloning and kinetic characterization of a novel intracellular serine proteinase inhibitor: mechanism of action with trypsin and factor Xa as model proteinases". Biochemistry 33 (11): 3432–41. PMID 8136380. doi:10.1021/bi00177a037. 
  • Heeb MJ, Rosing J, Bakker HM, Fernandez JA, Tans G, Griffin JH (March 1994). "Protein S binds to and inhibits factor Xa". Proceedings of the National Academy of Sciences of the United States of America 91 (7): 2728–32. PMC 43443. PMID 8146182. doi:10.1073/pnas.91.7.2728. 
  • Inoue K, Morita T (November 1993). "Identification of O-linked oligosaccharide chains in the activation peptides of blood coagulation factor X. The role of the carbohydrate moieties in the activation of factor X". European Journal of Biochemistry 218 (1): 153–63. PMID 8243461. doi:10.1111/j.1432-1033.1993.tb18361.x. 
  • Padmanabhan K, Padmanabhan KP, Tulinsky A, Park CH, Bode W, Huber R, Blankenship DT, Cardin AD, Kisiel W (August 1993). "Structure of human des(1-45) factor Xa at 2.2 A resolution". Journal of Molecular Biology 232 (3): 947–66. PMID 8355279. doi:10.1006/jmbi.1993.1441. 
  • Sinha U, Wolf DL (February 1993). "Carbohydrate residues modulate the activation of coagulation factor X". The Journal of Biological Chemistry 268 (5): 3048–51. PMID 8428982.