Coca-Cola: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta9)
Liña 56: Liña 56:
BEGANO (Bebidas Gaseosas del Noroeste, S.A.) é unha das sete embotelladoras de Coca-Cola en España. A fábrica de Begano ten 360 traballadores e unha facturación de 180 millóns de euros, e está situada na cidade da Coruña. O edificio da empresa foi deseñado polos arquitectos [[Andrés Fernández-Albalat Lois]] e [[Antonio Tenreiro]] en 1960. Está considerado como unha das edificacións industriais significativas da arquitectura galega. Begano fabrica, vende e distribúe as marcas Coca-Cola, [[Sprite]], [[Fanta]], Nordic Mist, Schuss, [[Nestea]], [[Aquarius]], [[Powerade]], Burn, [[Minute Maid]], [[Aquabona]] e Mare Rosso. A empresa ten seis delegacións en Lugo, Ourense, Pontevedra, Ferrol, Santiago e Vigo.
BEGANO (Bebidas Gaseosas del Noroeste, S.A.) é unha das sete embotelladoras de Coca-Cola en España. A fábrica de Begano ten 360 traballadores e unha facturación de 180 millóns de euros, e está situada na cidade da Coruña. O edificio da empresa foi deseñado polos arquitectos [[Andrés Fernández-Albalat Lois]] e [[Antonio Tenreiro]] en 1960. Está considerado como unha das edificacións industriais significativas da arquitectura galega. Begano fabrica, vende e distribúe as marcas Coca-Cola, [[Sprite]], [[Fanta]], Nordic Mist, Schuss, [[Nestea]], [[Aquarius]], [[Powerade]], Burn, [[Minute Maid]], [[Aquabona]] e Mare Rosso. A empresa ten seis delegacións en Lugo, Ourense, Pontevedra, Ferrol, Santiago e Vigo.


En maio de 2012, Cobega a embotelladora de Coca-Cola en Cataluña, mercou o 60% de Begano. Actualmente{{cando}} Begano está a traballar para trasladar a fábrica ao concello de [[Oza-Cesuras]]<ref>[http://www.lavozdegalicia.es/noticia/economia/2012/05/25/embotelladora-catalana-coca-cola-adquiere-60-begano/0003_201205G25P37991.htm La embotelladora catalana de Coca-Cola adquiere el 60 % de Begano] ''La Voz de Galicia''.</ref>. Proxecto que os novos propietarios desbotaron.
En maio de 2012, Cobega a embotelladora de Coca-Cola en Cataluña, mercou o 60% de Begano. Actualmente{{cando}} Begano está a traballar para trasladar a fábrica ao concello de [[Oza-Cesuras]]<ref>[http://www.lavozdegalicia.es/noticia/economia/2012/05/25/embotelladora-catalana-coca-cola-adquiere-60-begano/0003_201205G25P37991.htm La embotelladora catalana de Coca-Cola adquiere el 60 % de Begano] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20120629174340/http://www.lavozdegalicia.es/noticia/economia/2012/05/25/embotelladora-catalana-coca-cola-adquiere-60-begano/0003_201205G25P37991.htm |date=29 de xuño de 2012 }} ''La Voz de Galicia''.</ref>. Proxecto que os novos propietarios desbotaron.


== Notas ==
== Notas ==

Revisión como estaba o 1 de setembro de 2018 ás 04:35

Coca-Cola
Logo de Coca-Cola
Fundación1886
MatrizThe Coca-Cola Company
LocalizaciónAtlanta, Xeorxia, Estados Unidos de América Estados Unidos
FundadorJohn Pemberton
IndustriaAlimentación
ProdutosCoca-Cola
Na rede
https://www.coca-cola.com/, https://www.cocacolanederland.nl, https://www.cocacolabelgium.be/, https://nl.coca-cola.be/, https://www.coca-colacompany.com/, https://www.coke.com/, https://www.coca-cola.co.uk, https://www.yourcoca-cola.co.uk/, https://www.coca-cola.hu/ e https://www.cocacolaespana.es/
Facebook: CocaColaUnitedStates Twitter: CocaCola Instagram: cocacola Youtube: UCosXctaTYxN4YPIvI5Fpcrw Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Coca-Cola é a marca rexistrada en 1886, nos Estados Unidos de América, dunha bebida de cola gasosa e azucrada. A forma da botella foi tamén rexistrada en 1960. Nos países anglosaxóns recibe a denominación popular de Coke.

Historia e características

O nome procede de ingredientes da súa composición inicial: a folla de coca e a noz de cola; a bebida era por entón vendida polo seu inventor, o doutor John Stith Pemberton, como un remedio milagreiro (o envase era diferente do actual).

Os seus principais competidores actuais no mercado mundial son: Pepsi-Cola e Virgin Cola, ambas as dúas tamén bebidas de cola. Fabrícanse outras colas sobre a base da receita OpenCola, con licenza GPL. Hai tamén as altercolas.

A sede central de The Coca-Cola Company está en Atlanta, Xeorxia, nos Estados Unidos de América.

Composición da Coca-Cola

Engarrafamento fábrica de Coca-Cola Canada Ltd 8 de xaneiro de 1941 Montreal, Canadá.
Museo World of Coca-Cola en Las Vegas, Nevada, no 2000
Publicidade de Coca Cola

A fórmula da Coca-Cola é gardada en segredo, permanecendo desde a súa creación como un misterio cuidadosamente mantido. Só tres persoas poderían ter acceso á lista dos ingredientes que a forman e ás regras específicas da súa preparación.[Cómpre referencia] Porén, segundo William Reymond (autor de Coca-Cola, l'enquête interdite, Coca-Cola, a enquisa prohibida) pódese encontrar a receita en Internet e no seu libro.

En realidade, non é máis que un segredo de mercadotecnia, pois os químicos hai xa tempo que analizaron con precisión a fórmula da Coca-Cola.[Cómpre referencia]

O seu particular sabor procede da mestura de azucre e de esencias de laranxa, limón e vainilla. Outros ingredientes, como o ácido fosfórico, terían un papel menor no seu gusto. O azucre caramelizado é o responsábel da cor escura da bebida. Cada fabricante con licenza da marca recibe dende Estados Unidos o concentrado en grosos frascos, debéndose limitar a engadir a auga e o gas. A auga pode ter diferente gusto segundo rexións e países, polo que se empregan filtros pero o sabor da Coca-Cola pode variar segundo zonas.

O efecto estimulante orixinario era producido pola cocaína, contida nas follas de coca, e pola cafeína das noces de cola. En 1906, a Coca-Cola, vendida como un tónico cerebral, estaba case desprovista de cocaína (un 1/400 de grao por cada onza de xarope); esta proporción mantívose ata 1929. A tecnoloxía suprimiu todo o contido de cocaína e a cafeína subsiste nunha taxa reducida para que a bebida conserve a súa faceta estimulante.

A compañía Coca-Cola é o maior consumidor mundial de extracto de vainilla natural.[Cómpre referencia] Así que cando, en 1984, para a "New Coke", foi utilizada unha nova fórmula, a economía de Madagascar derrubouse, pois pasouse a utilizar un substitutivo sintético, a vainilina, baixando as compras de vainilla á metade. Por contra, o recente lanzamento dunha nova fórmula con vainilla, fixo subir os prezos dese produto.[Cómpre referencia]

Logotipo e envase

O coñecido logotipo da Coca-Cola foi creado polo contábel de John Pemberton, Frank Mason Robinson, en 1885. Foi Robinson quen ideou o nome e quen tamén escolleu o logo en escrita cursiva. O formato usado, coñecido como tipo Spencer, foi desenvolvido a mediados do século XIX e era a grafía dominante, en manuscritos formais, nos Estados Unidos, durante ese período.

A igualmente famosa botella de Coca-Cola, chamada a "contour bottle" dentro da compañía, foi creada en 1915 polo deseñador de botellas Earl R. Dean. Nese ano a empresa convocou un concurso entre os seus subministradores de botellas para crear unha nova para a bebida, que se diferenciase doutras: "...unha botella que unha persoa poidera recoñecer mesmo na escuridade,e que aínda rota alguén puidese dicir de que era con só unha ollada...". Un equipo quedou encargado de seleccionala. O auditor da compañía T. Clyde Edwards e Earl R. Dean, acabaron por inspirarse nunha imaxe dun coco con forma de cabaza que ollaron na Encyclopedia Britannica, e o presidente da compañía, Chapman J. Root, aprobou o modelo que estes lle presentaron. Dean creou o molde para a botella e elaborou unhas cantas con ese molde. Aprobado definitivamente polo presidente, o deseño foi patentado en novembro de 1915, aparecendo xa no mercado en 1916, e, en 1920, era a botella estándar da empresa. Hoxe, a botella é un dos envases máis recoñecíbeis do mundo.

Coca-Cola en Galiza

Artigo principal: Begano.
Begano, A Coruña

BEGANO (Bebidas Gaseosas del Noroeste, S.A.) é unha das sete embotelladoras de Coca-Cola en España. A fábrica de Begano ten 360 traballadores e unha facturación de 180 millóns de euros, e está situada na cidade da Coruña. O edificio da empresa foi deseñado polos arquitectos Andrés Fernández-Albalat Lois e Antonio Tenreiro en 1960. Está considerado como unha das edificacións industriais significativas da arquitectura galega. Begano fabrica, vende e distribúe as marcas Coca-Cola, Sprite, Fanta, Nordic Mist, Schuss, Nestea, Aquarius, Powerade, Burn, Minute Maid, Aquabona e Mare Rosso. A empresa ten seis delegacións en Lugo, Ourense, Pontevedra, Ferrol, Santiago e Vigo.

En maio de 2012, Cobega a embotelladora de Coca-Cola en Cataluña, mercou o 60% de Begano. Actualmente[cando?] Begano está a traballar para trasladar a fábrica ao concello de Oza-Cesuras[1]. Proxecto que os novos propietarios desbotaron.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas