Rudy Gay: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m →‎Ligazóns externas: Arranxos varios
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta8)
Liña 36: Liña 36:
== Véxase tamén ==
== Véxase tamén ==
=== Ligazóns externas ===
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.rudygay22.com/ Páxina Web Oficial de Rudy Gay] {{en}}
* [https://web.archive.org/web/20100806155627/http://www.rudygay22.com/ Páxina Web Oficial de Rudy Gay] {{en}}
* [http://www.nba.com/playerfile/rudy_gay/ Perfil en NBA.com] {{en}}
* [http://www.nba.com/playerfile/rudy_gay/ Perfil en NBA.com] {{en}}
* [http://sports.espn.go.com/ncb/player/profile?playerId=22420 Perfil universitario en ESPN] {{en}}
* [http://sports.espn.go.com/ncb/player/profile?playerId=22420 Perfil universitario en ESPN] {{en}}

Revisión como estaba o 31 de agosto de 2018 ás 02:04

Rudy Gay
Sacramento Kings – No. 8
Posición Aleiro
Liga NBA
Información persoal
Nacemento 17 de agosto de 1986 (37 anos)
Maryland Baltimore, Maryland
Nacionalidade Estados Unidos
Altura 2,03 m (6 ft 8 in)
Peso oficial 104 kg (230 lb)
Información da carreira
Universidade Connecticut (2004–2006)
NBA Draft 2006 / Rolda: 1 / Elección: 8
Por Houston Rockets
Carreira dende 2006
Historial de equipos
Memphis Grizzlies (2006–2013)
Toronto Raptors (2013)
Sacramento Kings (2013–presente)
Premios e galardóns
  • 1º Equipo de Rookies NBA (2007)
Información en nba.com

Rudy Carlton Gay, Jr., nado o 17 de agosto de 1986 en Baltimore, Maryland, é un xogador de baloncesto profesional estadounidense que xoga nos Sacramento Kings da National Basketball Association (NBA).

Traxectoria

Gay foi seleccionado na 8ª posición do Draft da NBA de 2006 polos Houston Rockets, e foi traspasado esa mesma noite aos Memphis Grizzlies xunto a Stromile Swift a cambio de Shane Battier. Gay fixo 10,8 puntos por partido en 2007 para axudar ao equipo nas 22 vitorias que conseguiu, e na súa segunda tempada, fixo 20.1 puntos e capturou 6.8 rebotes por partido. Tras o traspaso de Pau Gasol aos Los Angeles Lakers, Gay convertiuse no máximo anotador do equipo. Os Grizzlies remataron esa tempada co mesmo récord ca anterior.

Participou no concurso de mates do NBA All-Star Weekend de 2008. Foi invitado tamén para participar ao ano seguinte, pero non puido debido a unha lesión, e o seu lugar foi ocupado por J. R. Smith. O 1 de xullo de 2010, Gay asinou un novo contrato cos Grizzlies, por 5 anos e cun valor de 82 millóns de dólares.[1]

O 30 de xaneiro de 2013, os Grizzlies traspasaron a Gay ós Toronto Raptors nun traspaso a tres bandas que incluía tamén ós Detroit Pistons.[2] O 9 de decembro de 2013, os Raptors traspasaron a Gay, Quincy Acy e Aaron Gray ós Sacramento Kings a cambio de Greivis Vasquez, Patrick Patterson, John Salmons e Chuck Hayes.[3]

Notas

  1. "Gay spurns others, re-signs with Griz for $82 million". NBA. 1 de xullo de 2010. 
  2. "Grizzlies deal Gay to Raptors in three-team trade". NBA.com. 30 de xaneiro de 2013. 
  3. "Kings Acquire Rudy Gay, Quincy Acy and Aaron Gray from Toronto". NBA.com. 9 de decembro de 2013. Consultado o 9 de decembro de 2013. 

Véxase tamén

Ligazóns externas