Fraga, Huesca: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Imxavitooh (conversa | contribucións)
Etiqueta: edición de código 2017
Recuperando 2 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta8)
Liña 65: Liña 65:
* [[Coc de Fraga]]
* [[Coc de Fraga]]
=== Ligazóns externas ===
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.fraga.es/ Páxina oficial de Fraga]
* [https://web.archive.org/web/20140110121202/http://www.fraga.es/ Páxina oficial de Fraga]


{{Concellos de Huesca}}
{{Concellos de Huesca}}

Revisión como estaba o 29 de agosto de 2018 ás 19:09

Coordenadas: 41°31′12″N 0°21′0″L / 41.52000, -0.35000 Modelo:Cidade Fraga é unha localidade e un concello aragonés, de 12.868 habitantes, situado no extremo sueste da provincia de Huesca, no último treito do Val do río Cinca (a 115 km de Zaragoza e a 25 km de Lleida). O municipio, con 435 km² de área, é un dos máis extensos de España. É cabeza do partido xudicial homónimo e capital da comarca do Baix Cinca. Oficiosamente é considerada a capital da Franja de Ponent.

Clima

Fraga ten un clima mediterráneo continentalizado, cunhas temperaturas medias anuais de 14,7 °C e unhas precipitacións medias de 384 mm, que se rexistran na primavera e, especialmente, durante o outono.

Historia

O territorio onde se asenta Fraga pertenceu en época prerromana ao pobo ibérico dos ilerxetes. Durante a dominación romana pasaba por aquí a vía que unía Zaragoza con Tarragona. Aínda que se ten defendido que Fraga era cidade dita Colonia Gallica Flavia, non hai probas que o confirmen.

A partir do século VIII a comarca pasou a formar parte do Al-Andalus, e a cidade foi coñecida como Medina Afraga. Foi tomada polos cristiáns, dirixidos por Ramón Berenguer IV o 24 de outubro de 1149.

Xeolingüística

Fraga pertence á área lingüística catalá-occidental. O catalán utilízase na cidade e arredores, pero non con igualdade fronte ao castelán que domina. Só moi recentemente se autorizou o ensino de catalán nos niveis primario e secundario.

Economía

A cidade constitúe un importante centro do sector servizos, que ocupa un terzo da poboación activa. O sector primario da comarca está especializado no cultivo de froiteiras, especialmente figueiras.

Patrimonio monumental

Torre dos Frades
  • Igrexa de San Pedro, románica, do século XII, asentada sobre a antiga mesquita.
  • Pazo Montcada, da familia dos señores da cidade.
  • Torre dos Frades, do século XIII, que se coida construída polos templarios.
  • Castelo medieval, con as ruínas da igrexa de San Miguel.
  • Museo Salvador Sabaté, con obra dese pintor catalán, afincado na cidade.
  • Nos arredores a romana Villa de Fortunatus.

Nativos ilustres

Imaxes de Fraga

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas