Avelino González: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
"Vigo, Faro de" !
Sen resumo de edición
Liña 1: Liña 1:
{{Non neutral|data=abril de 2018}}
:''Non confundir con [[Avelino González Mallada]], anarquista asturiano.''
:''Non confundir con [[Avelino González Mallada]], anarquista asturiano.''


Liña 14: Liña 13:


==Traxectoria==
==Traxectoria==
Comezou a súa carreira no teatro en [[A Farándula]] (Vigo, 1980), compañía na que colaborou ata a súa desaparición. Fundador de [[Tranvía Teatro]] (1989), con [[Cándido Pazó]], e de [[Ollomol Tranvía|Ollomoltranvía]] (1993),<ref>{{Cita publicación periódica|apelidos=González|nome=Avelino|data=2000|título=De Tranvía-Teatro a Ollomoltranvía|PMC=|revista=Información teatral|doi=|ISSN=|PMID=|volume=24|páxinas=38-39|número=}}</ref> é un nome consolidado no panorama escénico. Deu o salto ao cine en 1987 con ''Gallego'', no que ten feito filmes nos que destaca ''[[¿A ti como se che di adeus?]]'' Na pequena pantalla ten actuado en programas de lecer (''Arestora'', ''Luar''...), series (''Mareas Vivas'', ''Galicia Express''...) e telefilmes (''Condenado a vivir''). O seu personaxe Miñato, da serie ''[[Padre Casares]]'', é un dos que máis popularidade lle dan. Foi presidente da [[Asociación de actores e actrices de Galicia]] entre 2013 e 2015<ref>{{Cita web|url=http://aaag.gal/info/directiva?xunta=2013-2015|páxina-web=aaag.gal|título=A Asociación|data-acceso=2018-04-21|lingua=gl}}</ref>.
Comezou a súa carreira no teatro en [[A Farándula]] (Vigo, 1980), compañía na que colaborou ata a súa desaparición. Fundador de [[Tranvía Teatro]] (1989), con [[Cándido Pazó]], e de [[Ollomol Tranvía|Ollomoltranvía]] (1993),<ref>{{Cita publicación periódica|apelidos=González|nome=Avelino|data=2000|título=De Tranvía-Teatro a Ollomoltranvía|PMC=|revista=Información teatral|doi=|ISSN=|PMID=|volume=24|páxinas=38-39|número=}}</ref> deu o salto ao cine en 1987 con ''Gallego'', no que ten feito filmes nos que destaca ''[[¿A ti como se che di adeus?]]'' Na pequena pantalla ten actuado en programas de lecer (''Arestora'', ''Luar''...), series (''Mareas Vivas'', ''Galicia Express''...) e telefilmes (''Condenado a vivir''). O seu personaxe Miñato, da serie ''[[Padre Casares]]'', é un dos que máis popularidade lle dan. Foi presidente da [[Asociación de actores e actrices de Galicia]] entre 2013 e 2015<ref>{{Cita web|url=http://aaag.gal/info/directiva?xunta=2013-2015|páxina-web=aaag.gal|título=A Asociación|data-acceso=2018-04-21|lingua=gl}}</ref>.


Cómpre salientar o seu traballo como narrador, actor, tradutor e director teatral. Nas súas historias o humor combínase cun emprego enxeñoso da lingua, a historia, a memoria, a literatura, a tradición oral e mais a crítica social e política. Mantén un fío de escrita creativa no facebook, titulado "Blogme tendal" a partir de fotografías de roupa estendida, ao xeito das [[cousas]] de [[Castelao]]. Unha delas foi publicada na revista ''[[Luzes de Galiza|Luzes]]''. Participou no audio-libro ''Contos de Castelao nas voces de Santiago Prego, Avelino González e Cándido Pazó'' editado polo Consello da Cultura Galega, 2010.<ref>{{Cita libro|título=Contos de Castelao nas voces de Santiago Prego, Avelino González e Cándido Pazó|apelidos=Rodríguez Castelao|nome=Afonso|editorial=Consello da Cultura Galega|ano=2010|ISBN=84-95415-23-2|ref=}}</ref> Interviu na homenaxe a [[Xela Arias]], con quen mantiña relación de amizade, que tivo lugar en Vigo en 2014, e mais no libro ''Xela Arias, quedas en nós''.
Cómpre salientar o seu traballo como narrador, actor, tradutor e director teatral. Nas súas historias o humor combínase cun emprego enxeñoso da lingua, a historia, a memoria, a literatura, a tradición oral e mais a crítica social e política. Mantén un fío de escrita creativa no facebook, titulado "Blogme tendal" a partir de fotografías de roupa estendida, ao xeito das [[cousas]] de [[Castelao]]. Unha delas foi publicada na revista ''[[Luzes de Galiza|Luzes]]''. Participou no audio-libro ''Contos de Castelao nas voces de Santiago Prego, Avelino González e Cándido Pazó'' editado polo Consello da Cultura Galega, 2010.<ref>{{Cita libro|título=Contos de Castelao nas voces de Santiago Prego, Avelino González e Cándido Pazó|apelidos=Rodríguez Castelao|nome=Afonso|editorial=Consello da Cultura Galega|ano=2010|ISBN=84-95415-23-2|ref=}}</ref> Interviu na homenaxe a [[Xela Arias]], con quen mantiña relación de amizade, que tivo lugar en Vigo en 2014, e mais no libro ''Xela Arias, quedas en nós''.

Revisión como estaba o 29 de agosto de 2018 ás 15:02

Non confundir con Avelino González Mallada, anarquista asturiano.
Avelino González
Avelino González (centro) con Ernesto Chao e Rosa Álvarez
Nacemento1962
Lugar de nacementoSanto André de Comesaña
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónactor
ProfesiónActor, narrador oral, director e tradutor de teatro
Na rede
http://www.avelinogonzalez.gal/
IMDB: nm1222644 Facebook: AvelinoGonzalezActor Twitter: avelinogonzalez Editar o valor em Wikidata
http://www.avelinogonzalez.gal/
editar datos en Wikidata ]
Avelino González (esquerda) con Xesús Ron e Xulio Lago nunha entrevista.

Xosé Avelino González Fernández, coñecido como Avelino González, nado en Santo André de Comesaña (Vigo) en 1962, é un actor galego, narrador oral, director e tradutor de teatro, especialista en comedia, contacontos e animación de rúa. A súa irmá é Helena González Fernández.

Traxectoria

Comezou a súa carreira no teatro en A Farándula (Vigo, 1980), compañía na que colaborou ata a súa desaparición. Fundador de Tranvía Teatro (1989), con Cándido Pazó, e de Ollomoltranvía (1993),[1] deu o salto ao cine en 1987 con Gallego, no que ten feito filmes nos que destaca ¿A ti como se che di adeus? Na pequena pantalla ten actuado en programas de lecer (Arestora, Luar...), series (Mareas Vivas, Galicia Express...) e telefilmes (Condenado a vivir). O seu personaxe Miñato, da serie Padre Casares, é un dos que máis popularidade lle dan. Foi presidente da Asociación de actores e actrices de Galicia entre 2013 e 2015[2].

Cómpre salientar o seu traballo como narrador, actor, tradutor e director teatral. Nas súas historias o humor combínase cun emprego enxeñoso da lingua, a historia, a memoria, a literatura, a tradición oral e mais a crítica social e política. Mantén un fío de escrita creativa no facebook, titulado "Blogme tendal" a partir de fotografías de roupa estendida, ao xeito das cousas de Castelao. Unha delas foi publicada na revista Luzes. Participou no audio-libro Contos de Castelao nas voces de Santiago Prego, Avelino González e Cándido Pazó editado polo Consello da Cultura Galega, 2010.[3] Interviu na homenaxe a Xela Arias, con quen mantiña relación de amizade, que tivo lugar en Vigo en 2014, e mais no libro Xela Arias, quedas en nós.

Ten publicado, de maneira puntual, colaboracións sobre teatro nas revistas ADE: Teatro, Escaramuza, Información Teatral. A revista Luzes recolle unha das cousas de Blogme Tendal.

Teatro

Como actor

Como director e autor

  • Saaabor!, 2018, producido por Culturactiva SCQ. Dirección.[5]
  • Sénior, 2018, producido por Coperactiva. Dirección.
  • Copérate, 2017, producido por Coperactiva. Dirección.
  • Dous no camiño, 2017, producido por Coperactiva. Dirección.
  • Filosofando, 2015, producido por Coperactiva. Dirección.
  • The Telephone, 2015, de Gian Carlo Menotti para a Real Filharmonía de Galicia. Dirección.
  • A historia de Brancaflor, 2014, producido por Coperactiva. Dirección e texto. Adaptación con Fran Rei do conto marabilloso recollido por Xosé Ramón Mariño Ferro. Espectáculo infantil.[6]
  • Pelos na lingua, 2011. Estrea no Pazo da Cultura de Carballo por Talía Teatro.[7] A partir de textos de Avelino González, María Ordóñez, Artur Trillo e Séchu Sende.
  • Tarará-chis-pum 2007. Texto do espectáculo do mesmo nome. Creación colectiva de Anabel Gago, Avelino González, Bea Porrúa, Fran Peleteiro, José Carlos Illanes, Manuel Polo, Noemi Rodríguez, Rosa Hurtado e Santiago Montenegro. Foi publicado en libro en Laiovento, 2011.
  • Crónica de Avilés de Taramancos, 2003, producido por Falabarato. Dirección.
  • Bicos con lingua, 2003. Estrea no Teatro Principal de Compostela, producido por Talía Teatro. Dirección e texto. A partir de relatos de Suso de Toro, Cándido Pazó, Avelino González, Ana Iglesias, Xavier Lama, Marta Echevarría e Manuel Núñez Singala.[8]
  • Cartas de amor (Love Letters no seu título orixinal en inglés), 2001, de A.R. Gurney, para Lagarta, lagarta. Dirección.

Como tradutor e adaptador

Narración oral ou contacontos

Ten participado en numerosos festivais de narración oral galegos e internacionais.[9][10]

O espectáculo Vento mareiro xorde do Primeiro Concerto expansivo Nunca Máis organizado pola Plataforma contra a Burla Negra en 2003. Trátase dunha colaboración do narrador oral co Cuarteto Caramuxo. Nel recóllense historias viradas ao mar: unha copla do entroido de Cee sobre a caza de baleas e as factorías de Caneliñas e de Massó, un conto arredor da relación mítica de Galicia coas sereas, outra historia sobre un paisano de Noia chamado Andrucho que pasou de patrón de veleiro a patrón de gabarra no Amazonas organizando remesas de armas para a guerrilla colombiana, unha historia de pesca no Gran Sol.[11] A narración oral combínase coa parte musical (habaneras, valses, pasodobres e jazz).

O contacontos é fonte de historias, sucesos e anécdotas amables, tráxicas ou canallas como contar a historia das baleas de Massó en Cangas e o xabón de La Toja; a da decadencia do acordeón por culpa das sereas que acaban bailando o tico-tico homenaxeando ós Acordeóns Mallo; ou a historia do Andrucho -de Avilés de Taramancos- que de patrón de veleiro na ría de Noia, converteuse, xa vello, en contrabandista no Amazonas. Os autores definen o espectáculo como bailable, «a medio camiño entre unha sesión de contacontos e a sesión vermouth. [12]

Vento mareiro foi o espectáculo máis representado en Galicia en 2005.[13]

Algúns dos seus monólogos e contos son:

Audiovisual

Actor de ficción en distintos formatos e medios, que inclúe series de televisión, cine e webseries, tamén traballou como personaxe para programas infantís (O campo de atrás) e de entretemento. Fixo de actor de captura de momentos para o filme El Cid e a serie Goomer (Filmax/Bren Entertainment). Parte do seu traballo audiovisual aparece nos videobooks de 2012[27] e 2017[28].

Cine

Televisión

Premios

Activismo

Avelino González participa en accións reivindicativas, a prol da defensa da lingua e da cultura galegas, contra a censura e pola liberdade de expresión, a axuda aos campos de refuxiados do Sáhara, e sinalados movementos cidadáns en Galicia (Nunca máis...).[34][35] Nalgúns casos participa prestando a súa imaxe pública:

Notas

  1. González, Avelino (2000). "De Tranvía-Teatro a Ollomoltranvía". Información teatral 24: 38–39. 
  2. "A Asociación". aaag.gal. Consultado o 2018-04-21. 
  3. Rodríguez Castelao, Afonso (2010). Contos de Castelao nas voces de Santiago Prego, Avelino González e Cándido Pazó. Consello da Cultura Galega. ISBN 84-95415-23-2. 
  4. culturagalega.org (2018-07-13). "Cándido Pazó reestrea en Ribadavia a súa Commedia. A Mostra Internacional de Teatro acolle a montaxe de Contra Producións". culturagalega.org (en castelán). Consultado o 2018-07-18. 
  5. "Saaabor! | Culturactiva". www.culturactiva.org. Consultado o 2018-04-22. 
  6. "Catálogo RGTA 2013 2º semestre - [PDF Document]". vdocuments.mx (en inglés). Consultado o 2018-04-22. 
  7. "Pelos na lingua - Talía Teatro · Compañía de Teatro galega". taliateatro.gal. Consultado o 2018-04-22. 
  8. "Bicos con Lingua - Talía Teatro · Compañía de Teatro galega". taliateatro.gal. Consultado o 2018-04-22. 
  9. "O actor Avelino González tráenos a mellor narración oral galega a Londres". Fala Londres. Consultado o 2018-04-22. 
  10. García Rodicio, Juan José (2016). "A recuperación do oficio de contacontos en Ourense dende 1993", Actas do II Congreso Internacional de Etnografía. O patrimonio do século XXI. Serie Raigame. ISBN 978-84-691-8835-4. 
  11. "Avelino González y Caramuxo llevan su propuesta músico-vocal al teatro Galán". La Voz de Galicia (en castelán). 2004-01-20. Consultado o 2018-04-22. 
  12. "O espectáculo «Vento mareiro» repasa hoxe contos do mar con ritmos bailables". La Voz de Galicia (en castelán). 2005-05-27. Consultado o 2018-04-22. 
  13. "Avelino González e Caramuxo estrean o seu novo espectáculo en Noia: Vento Mareiro | Galicia en el Mundo | Galicia no Mundo". www.galiciaenelmundo.es (en castelán). Consultado o 2018-04-21. 
  14. "Monólogo de Avelino González en Nigrán - Telemariñas". Telemariñas (en castelán). 2017-04-27. Consultado o 2018-04-22. 
  15. "Avelino González actuará en el museo Ramón Aller". Faro de Vigo. Consultado o 2018-04-21. 
  16. AAVV Zarracós (2017-07-30). "Avelino González - Contos de contrabando (1)". Consultado o 2018-04-21. 
  17. AAVV Zarracós (2017-07-31). "Avelino González - Contos de contrabando (2)". Consultado o 2018-04-21. 
  18. AAVV Zarracós (2017-07-31). "Avelino González - Contos de Contrabando (3)". Consultado o 2018-04-21. 
  19. "“Historias tenras e canallas” de Avelino González en COMPOSTELA CAPITAL CULTURAL". www.compostelacapitalcultural.com (en castelán). Consultado o 2018-04-22. 
  20. "Avelino González acerca "Contos literarios" a la biblioteca de Pazos". Faro de Vigo. Consultado o 2018-04-23. 
  21. "El humorista Avelino González actúa en el festival de monólogos". Faro de Vigo. Consultado o 2018-04-23. 
  22. by, Created. "conto do reloxo in avelino gonzalez". Vimeo (en inglés). Consultado o 2018-04-21. 
  23. "Saúda de Avelino González -". tv.uvigo.es. Consultado o 2018-04-22. 
  24. asgabarras (2011-04-12). "Avelino González. De como os galegos falamos portugués ao acatarrármonos". Consultado o 2018-04-21. 
  25. asgabarras (2011-04-12). "Avelino González. Algúns exemplos de Lingüística Gastronómica". Consultado o 2018-04-21. 
  26. jornadasdoconto (2008-09-17). "Jornadas do Conto: Avelino González". Consultado o 2018-04-21. 
  27. avelino gonzalez (2012-01-23). "Avelino Gonzalez (Videobook)". Consultado o 2018-04-21. 
  28. "Avelino_González videobook". Vimeo (en inglés). Consultado o 2018-04-22. 
  29. "Valores familiares". Flickr (en inglés). Consultado o 2018-04-21. 
  30. "O máis rico (do cemiterio)". Vimeo (en inglés). Consultado o 2018-04-21. 
  31. xabato (2008-11-10). "O máis rico do (cemiterio) en Onda Curta". Consultado o 2018-04-21. 
  32. Nieto, Clara García (2007). "Lúa e Leo". Consultado o 2018-04-24. 
  33. by, Created. "lua y leo in avelino gonzalez". Vimeo (en inglés). Consultado o 2018-04-21. 
  34. "Fotos M23F 23/2/2003 (2)". mais.vieiros.com. Consultado o 2018-04-22. 
  35. Internet, Acordar Comunicación en. "Vieiros: Galiza Hoxe - Manifesto ante o novo escenario político". www.vieiros.com. Consultado o 2018-04-22. 
  36. MediaLab Colorida (2017-12-16). "‘‘Adiós ríos, Adiós Fontes’’ - Microactivismo Poético". Consultado o 2018-04-22. 
  37. asodifisi (2012-04-23). "Avelino González, Miñato en Padre Casares #euapoioa Asodifisi". Consultado o 2018-04-21. 

Véxase tamén

Ligazóns externas