Xil Ríos: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
→‎Vida persoal: {{Cómpre referencia}}
Recuperando 2 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta8)
Liña 94: Liña 94:
* [http://www.vimeo.com/10751486 Video clip do tema Xa caerá, disco Son da alma (PAI Música 2010)]
* [http://www.vimeo.com/10751486 Video clip do tema Xa caerá, disco Son da alma (PAI Música 2010)]
* [http://www.consellodacultura.org/arquivos/asg/docs/editados.pdf Consello da Cultura]
* [http://www.consellodacultura.org/arquivos/asg/docs/editados.pdf Consello da Cultura]
* [http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2003/04/13/1610705.shtml Crítica do disco ''Que non decaia''] en ''La voz de Galicia''
* [https://web.archive.org/web/20120122072651/http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2003/04/13/1610705.shtml Crítica do disco ''Que non decaia''] en ''La voz de Galicia''
* [http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2005/05/17/3735670.shtml Intervención de Xil Ríos como orador no acto "Arte na illa":]
* [https://web.archive.org/web/20120123144350/http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2005/05/17/3735670.shtml Intervención de Xil Ríos como orador no acto "Arte na illa":]
* [http://es.youtube.com/watch?v=PdgNZY4KF08 Interpretación na [[TVG]] do tema "Xirarei"]
* [http://es.youtube.com/watch?v=PdgNZY4KF08 Interpretación na [[TVG]] do tema "Xirarei"]
* [http://www.discogs.com/artist/4157719-Xil-Rios Xil Ríos en discogs.com] {{en}}
* [http://www.discogs.com/artist/4157719-Xil-Rios Xil Ríos en discogs.com] {{en}}

Revisión como estaba o 28 de agosto de 2018 ás 14:45

Modelo:Artista musical

Xosé Antón Xil Ríos, coñecido artisticamente como Xil Ríos, nado en Moaña en 1948, é un cantante, compositor e cantautor galego.

Traxectoria

Provén dunha familia mariñeira. Comezou a súa traxectoria en 1971 no Festival "Dorna" de Vigo onde quedou segundo, tras Joan Baptista Humet co tema "Un anaco de pan". O seu primeiro sinxelo estreouse no Festival do Viño do Condado de 1972. Nel destaca o tema "Nosa Galicia", no que trata o problema da emigración. Tralo éxito deste tema, a primeira canción que el compuxo, foi bautizado polo escritor galego Xosé María Castroviejo como rapsodo de Moaña.

Outro tema salientábel é "Aos meus amigos", que foi vetado na televisión española durante o franquismo debido á súa temática reivindicativa dos dereitos mariñeiros.

No ano 1973 gañou o Primeiro Premio e o Premio da Crítica no Festival do Miño. Cómpre destacar o contido social e crítico das letras de Xil Ríos, que é contemporáneo doutros autores como Voces Ceibes.

No 2004 publica o disco Vai e vén, que constitúe o seu maior achegamento ao folk. Nel colaboran artistas como Xosé Manuel Budiño, Susana Seivane ou Uxía Senlle.

No ano 2008 "2001 Producciones Artísticas SL" elabora o recompilatorio 15 cancións de ouro de Xil Ríos, onde se pode atopar unha escolma simbólica da súa traxectoria.

O traballo Son da Alma (2010), explora a fusión entre os ritmos latinos e a música tradicional galega. Nel colaboran músicos da talla de Willy Mondeja.

Vida persoal

Publicacións musicais de Xil Ríos

Sinxelos

  • Un anaco de pan / A parranda (1972)
  • Nosa Galicia / A os meus amigos (1972)
  • Miña Maruxiña / El viento canta conmigo (1973)
  • A figueira / Así es la tierra mía (1973)
  • Vamos a beillar / Miña nena (1974)
  • Os mariñeiros / El pregonero (1974)
  • Miña rapaciña / Galeguiños (1975)
  • Nunca cambiarás / Querida mía (1976)
  • Trouleada / Outono (1979)
  • Xirarei / O San Blas (1980)
  • Giraré (Xirarei) / Mar adentro (Mar adiante) (1980)
  • A rapaciña galega / Vello compañeiro (1980)
  • Tan ta ran tan / Cantiga de cegos (1981)
  • Rapaciña bonita / Miña compañeira (1985)
  • De carallada / Morena (1987)

Álbums de estudio

Selección das publicacións colectivas

  • Los mejores cantantes gallegos (1974)
  • Recordo de Galicia (1975)
  • Cancionero popular gallego (1989)
  • Galicia Nai (con Xoán Rubia, 1992)
  • A gran escolma da música galega. Solistas (1993)
  • Así é a miña terra (1999)

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas