Adiantado: Diferenzas entre revisións
m robot Añadido: fi:Adelantado |
m robot Añadido: fr:Adelantado |
||
Liña 8: | Liña 8: | ||
[[es:Adelantado]] |
[[es:Adelantado]] |
||
[[fi:Adelantado]] |
[[fi:Adelantado]] |
||
[[fr:Adelantado]] |
|||
[[sv:Adelantado]] |
[[sv:Adelantado]] |
Revisión como estaba o 27 de setembro de 2007 ás 22:38
Un adiantado (adelantado en castelán) era un funcionario do Reino de Castela que tiña a máxima autoridade xudicial e gobernativa sobre un distrito. O primeiro adiantado nomeouse en 1253 en La Frontera (Andalucía), a partir de 1258 o cargo extendeuse a Galicia, Castela, León e Murcia. En Galicia e outros territorios do norte da península os meiriños maiores que tiñan poderes executivos pero non xudiciais foron substituídos polos adiantados pero seguiuse utilizando tamén o nome de meiriño como sinónimo. No sur da península só se lles denominou adiantados e foron adquirindo máis competencias militares. Nos comezos da Idade Moderna o título convertérase en hereditario e puramente honorífico.
Durante a conquista de América por España o rei concedeu o título de adiantado ós conquistadores que emprendían expedicións con medios privados e que se convertían en representantes da Coroa no territorio que conquistasen.