Unión Monetaria Escandinava: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Moedagalega (conversa | contribucións)
Varios.
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta8)
Liña 26: Liña 26:
*[[Unión Monetaria Latina]]
*[[Unión Monetaria Latina]]
=== Ligazóns externas ===
=== Ligazóns externas ===
* http://www.nationalbanken.dk/dnuk/hist.nsf/side/From_silver_standard_to_gold_standard
* https://web.archive.org/web/20131103214722/http://www.nationalbanken.dk/dnuk/hist.nsf/side/From_silver_standard_to_gold_standard
{{Control de autoridades}}
{{Control de autoridades}}



Revisión como estaba o 28 de agosto de 2018 ás 08:58

A Unión Monetaria escandinava (en sueco Skandinaviska myntunionen, dinamarqués: Skandinaviske møntunion, noruegués: Skandinaviske myntunion) foi unha unión monetaria formada por Suecia e Dinamarca o 5 de maio de 1873 mediante a igualación das súas moedas fronte ao patrón ouro.

Noruega, en unión con Suecia, pero con plena autonomía interna, entrou na Unión dous anos despois, en 1875 para fixar a súa moeda ao mesmo nivel que Dinamarca e Suecia.

A unión monetaria escandinava foi un dos poucos resultados tanxibles do movemento político escandinavo do século XIX.

Os países, sempre fixados aos tipos de cambio e á estabilidade en termos monetarios, seguiron editando as súas moedas por separado e estas incluso chegaron a ser de curso legal en todo o territorio da unión.

No momento da súa adhesión á Unión, a moeda sueca pasou de ser o Riksdaler Riksmynt á coroa sueca; a coroa dinamarquesa xa era o nome da moeda dinamarquesa e cando Noruega uníuse amén empregaba xa a coroa norueguesa.

En 1905, a unión política entre Suecia e Noruega chegou a súa fin, mais isto non afectou á Unión monetaria; foi o estoupido da Primeira Guerra Mundial en 1914 o que puxo fin á Unión.

Suecia abandonouna o 2 de agosto de 1914 e sen un tipo de cambio fixado a libre circulación chegou á súa fin.

Os tres países seguen utilizando actualmente as mesmas moedas que durante a unión monetaria, mais perderon a súa paridade un a un.

A Coroa islandesa é un derivado da coroa dinamarquesa, establecida despois de que Islandia declararase reino independiente na unión con Dinamarca en 1918; máis tarde, en 1944, Islandia cortou os lazos completamente con Dinamarca pasando a ser unha república.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas