Turba: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios, replaced: {{cite web → {{Cita web (2), |thumb| → |miniatura| (3)
Recuperando 3 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta8)
Liña 6: Liña 6:
As turbeiras son a fonte máis importante de turba,<ref name="Gorham, E. 1957">Gorham, E. (1957). The development of peatlands. Quarterly Review of Biology, 32, 145–66.</ref> malia que, en menor medida, outros ecosistemas húmidos tamén poden conter bos depósitos, incluíndo [[Braña (ecosistema)|brañas]] ou lameiros, ''fens'', [[pocosín]]s ou bosques húmidos turbeiros.

As paisaxes con solos de turba teñen unha flora particular, especialmente musgos ''Sphagnum'', [[Ericaceae|ericáceas]] , e [[Cyperaceae|ciperáceas]]. Debido a que a materia orgánica vaise acumulando durante milleiros de anos, os depósitos de turba son un bo indicador da vexetación e o clima de tempos pasados, especialmente grazas á análise do [[pole]] que neles fica. Deste xeito é posíbel reconstruír o clima e os cambios climáticos que ocorreron no pasado así coma os cambios no uso do solo.<ref>Keddy, P.A. 2010. Wetland Ecology: Principles and Conservation (2nd edition). Cambridge University Press, Cambridge, UK. 497 p. 323-325</ref>

A turba emprégase coma unha importante fonte de [[Combustible|combustíbel]] nalgunhas partes do mundo. Por volume, hai uns 4 trillóns de m³ de turba no mundo cubrindo un total do 2% da superficie terrestre, contendo arredor de 8 billóns de [[Joule|terajoules]] de enerxía.<ref>{{Cita web |url=http://www.worldenergy.org/documents/ser2007_executive_summary.pdf |title=Survey of Energy Resources 2007 |accessdate=2008-08-11 |author=World Energy Council |year=2007 |format=PDF }}</ref>
A turba emprégase coma unha importante fonte de [[Combustible|combustíbel]] nalgunhas partes do mundo. Por volume, hai uns 4 trillóns de m³ de turba no mundo cubrindo un total do 2% da superficie terrestre, contendo arredor de 8 billóns de [[Joule|terajoules]] de enerxía.<ref>{{Cita web |url=http://www.worldenergy.org/documents/ser2007_executive_summary.pdf |title=Survey of Energy Resources 2007 |accessdate=2008-08-11 |author=World Energy Council |year=2007 |format=PDF |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20080910214607/http://www.worldenergy.org/documents/ser2007_executive_summary.pdf |dataarquivo=10 de setembro de 2008 |urlmorta=si }}</ref>

== Distribución xeográfica ==
== Distribución xeográfica ==
As turbeiras son terreos cunha capa natural acumulada de turba. As turbeiras pódense atopar en 175 países e cobren arredor de 4 millóns de Km² ou o 3% do total da superficie terrestre. En Europa as turbeiras ocupan 515.000 Km².<ref name=IUCNFull>[http://www.iucn-uk-peatlandprogramme.org/sites/all/files/IUCN%20UK%20Commission%20of%20Inquiry%20on%20Peatlands%20Full%20Report%20spv%20web.pdf IUCN UK Commission of Inquiry on Peatlands] Full Report, IUCN UK Peatland Programme October 2011</ref>
As turbeiras son terreos cunha capa natural acumulada de turba. As turbeiras pódense atopar en 175 países e cobren arredor de 4 millóns de Km² ou o 3% do total da superficie terrestre. En Europa as turbeiras ocupan 515.000 Km².<ref name=IUCNFull>[http://www.iucn-uk-peatlandprogramme.org/sites/all/files/IUCN%20UK%20Commission%20of%20Inquiry%20on%20Peatlands%20Full%20Report%20spv%20web.pdf IUCN UK Commission of Inquiry on Peatlands] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20140307180047/http://www.iucn-uk-peatlandprogramme.org/sites/all/files/IUCN%20UK%20Commission%20of%20Inquiry%20on%20Peatlands%20Full%20Report%20spv%20web.pdf |date=07 de marzo de 2014 }} Full Report, IUCN UK Peatland Programme October 2011</ref>
Atopamos moitas turbeiras no norte de Europa e en Norte América. No [[Canadá]] e nos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] encóntranse as turbeiras máis extensas, coma as da [[baía de Hudson]] e as do val do río [[Mackenzie]].<ref name="Fraser, L.H 2005">Fraser, L.H. Fraser and P.A. Keddy (eds.). 2005. The World’s Largest Wetlands: Ecology and Conservation. Cambridge University Press, Cambridge, UK. 488 p. and P.A. Keddy (eds.). 2005. The World’s Largest Wetlands: Ecology and Conservation. Cambridge University Press, Cambridge, UK. 488 p.</ref>. As turbeiras escasean máis no hemisferios sur, en parte porque hai menos terra emerxida. Con todo, en Sudamérica (sur da [[Patagonia]] / [[Terra do Fogo]]) atópase un dos maiores lameiros do mundo con gran cantidade de turba.<ref name="Fraser, L.H 2005"/>. Tamén atopamos depósitos de turba en [[Nova Zelandia]], nas illas [[Kerguelen]], nas [[illas Malvinas]] e en [[Indonesia]]. Este último, ten máis turbeiras tropicais que ningún outro país do mundo, aínda que perde cada ano unhas 100 mil hectáreas de humidais.<ref>[http://waspada.co.id/index.php?option=com_content&view=article&id=193680:us-ri-discuss-future-of-peat-land-mangroves&catid=30:english-news&Itemid=101 Waspada.co.ik]</ref>

Liña 22: Liña 22:

A meirande parte das turbeiras actuais formáronse en latitudes altas despois da última [[glaciación]], co retoceso do xeo, hai uns 12.000 anos.<ref>Vitt, D.H., L.A. Halsey and B.J. Nicholson. 2005. The Mackenzie River basin. Pp. 166-202 in L.H. Fraser and P.A. Keddy (eds.). The World’s Largest Wetlands: Ecology and Conservation. Cambridge University Press, Cambridge, UK. 488 p.</ref> A turba adoita acumularse moi aos poucos, nunha media dun milímetro por ano.<ref>Keddy, P.A. 2010. Wetland Ecology: Principles and Conservation (2nd edition). Cambridge University Press, Cambridge, UK. 497 p. Chapter 7.</ref>

A turba que hoxe temos formouse durante uns 360 millóns de anos, e contén unhas 550 [[Tonelada|xigatoneladas]] de carbono.<ref>
A turba que hoxe temos formouse durante uns 360 millóns de anos, e contén unhas 550 [[Tonelada|xigatoneladas]] de carbono.<ref>{{Cita web |url=http://www.imcg.net/docum/peatrenewable.pdf |title=Peat should not be treated as a renewable energy source |accessdate=2007-02-12 |author=International Mire Conservation Group |date=2007-01-03 |format=PDF |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20070610155639/http://www.imcg.net/docum/peatrenewable.pdf |dataarquivo=10 de xuño de 2007 |urlmorta=si }}</ref>
{{Cita web |url=http://www.imcg.net/docum/peatrenewable.pdf |title=Peat should not be treated as a renewable energy source |accessdate=2007-02-12 |author=International Mire Conservation Group |date=2007-01-03 |format=PDF }}</ref>

Baixo condicións axeitadas, a turba pode considerarse un estadio previo da formación do [[carbón]].
Baixo condicións axeitadas, a turba pode considerarse un estadio previo da formación do [[carbón]].

Revisión como estaba o 28 de agosto de 2018 ás 07:51

Apañando turba en Westhay, Somerset (Inglaterra) en 1905
Pías e cortes de turba en Westhay, Somerset, Inglaterra

A turba é un material orgánico, esponxoso, rico en carbono e de cor parda escura. Ten unha orixe vexetal, xa que se forma por acumulación de vexetación parcialmente descomposta formando capas xeralmente en rexións pantanosas, brañas, e tamén en zonas altas húmidas. Estes ecosistemas coñécense como turbeiras. Un dos compoñentes máis característicos das turbeiras é a vexetación que cobre o chan, salientando os musgos do xénero Sphagnum, aínda que atopamos moitas outras especies de arbustos e pequenas plantas. O solo con gran cantidade de turba coñécese co nome de histosol. A turba fórmase en solos con condicións moi húmidas, onde as charqueiras impiden que fluxos de osíxeno da atmosfera atravesen o chan e entren no solo, reducindo o grao de descomposición da materia orgánica.[1]

As turbeiras son a fonte máis importante de turba,[2] malia que, en menor medida, outros ecosistemas húmidos tamén poden conter bos depósitos, incluíndo brañas ou lameiros, fens, pocosíns ou bosques húmidos turbeiros. As paisaxes con solos de turba teñen unha flora particular, especialmente musgos Sphagnum, ericáceas , e ciperáceas. Debido a que a materia orgánica vaise acumulando durante milleiros de anos, os depósitos de turba son un bo indicador da vexetación e o clima de tempos pasados, especialmente grazas á análise do pole que neles fica. Deste xeito é posíbel reconstruír o clima e os cambios climáticos que ocorreron no pasado así coma os cambios no uso do solo.[3] A turba emprégase coma unha importante fonte de combustíbel nalgunhas partes do mundo. Por volume, hai uns 4 trillóns de m³ de turba no mundo cubrindo un total do 2% da superficie terrestre, contendo arredor de 8 billóns de terajoules de enerxía.[4]

Distribución xeográfica

As turbeiras son terreos cunha capa natural acumulada de turba. As turbeiras pódense atopar en 175 países e cobren arredor de 4 millóns de Km² ou o 3% do total da superficie terrestre. En Europa as turbeiras ocupan 515.000 Km².[5] Atopamos moitas turbeiras no norte de Europa e en Norte América. No Canadá e nos Estados Unidos encóntranse as turbeiras máis extensas, coma as da baía de Hudson e as do val do río Mackenzie.[6]. As turbeiras escasean máis no hemisferios sur, en parte porque hai menos terra emerxida. Con todo, en Sudamérica (sur da Patagonia / Terra do Fogo) atópase un dos maiores lameiros do mundo con gran cantidade de turba.[6]. Tamén atopamos depósitos de turba en Nova Zelandia, nas illas Kerguelen, nas illas Malvinas e en Indonesia. Este último, ten máis turbeiras tropicais que ningún outro país do mundo, aínda que perde cada ano unhas 100 mil hectáreas de humidais.[7]

Arredor do 60% dos lameiros ou humidais do mundo son turbeiras. O 7% do total de turbeiras foron explotadas para uso agrícola ou forestal. Baixo condicións axeitadas, a tuba tórnase finalmente en carbón de lignito.

En Galicia

Na Serra do Xistral en Galicia, abundan as turbeiras.

En Galicia achamos turbeiras en todo o territorio grazas as abundantes precipitacións características do clima oceánico. Segundo de onde proveñan os nutrientes que manteñen o ecosistema falamos de turbeiras baixas (brañas), cando os nutrientes proveñen do solo; turbeiras elevadas, cando os nutrientes proveñen da atmosfera, aínda que inicialmente había unha conexión co solo; e turbeiras de cobertor (tremedal, barreira, lagoa), cando os nutrientes proveñen exclusivamente da atmosfera. Salientas as turbeiras da Serra do Xistral.

Formación

A turba fórmase cando o material vexetal, normalmente en zonas húmidas, non pode descompoñerse completamente por mor de condicións acedas e anaeróbicas. Este material vexetal provén de plantas típicas das brañas coma musgos, xuncos, uces e outros pequenos arbustos. A turba acumula auga, polo que favorece as condicións de humidade no solo, axudando a incrementar a superficie da braña. A paisaxe típica dunha turbeira é unha superficie de herba, uces e musgos, alternado con charcas, poceiras e algún penedo.[2]

A meirande parte das turbeiras actuais formáronse en latitudes altas despois da última glaciación, co retoceso do xeo, hai uns 12.000 anos.[8] A turba adoita acumularse moi aos poucos, nunha media dun milímetro por ano.[9] A turba que hoxe temos formouse durante uns 360 millóns de anos, e contén unhas 550 xigatoneladas de carbono.[10]

Baixo condicións axeitadas, a turba pode considerarse un estadio previo da formación do carbón.

Tipos de turba

Lume de turba

A turba pode ser un material fíbrico, hémico ou sáprico. A turba fíbrica é a menos descomposta e aínda contén fibras intactas. As turbas hémicas están pouco decompostas, e as sápricas son, polo tanto, as máis descompostas. Os especialistas adoitan dicir que un solo é de turba cando ten un alto contido en materia orgánica. Estes solos adoitan ser problemáticos pois teñen unha estrutura bastante pobre (pouca aireación, pouca infiltración de auga).

Características e usos

A turba é un material mol que pode esmagarse de xeito doado liberando a auga que contén. Deste xeito a turba seca pode usarse coma combustíbel fósil. Este uso ten grande importancia industrial en países coma Irlanda, Finlandia ou Escocia, onde non abundan as árbores, polo que a turba empregábase tradicionalmente para cociñar e quecer o lar. Nalgunhas zonas rurais aínda se atopan pías de turba.

Ademais a turba emprégase en xardinaría para mellorar a estrutura dos solos e incrementar a capacidade de retención de auga.

A turba serviu de material de construción tradicional nas rexións onde non atopamos madeira ou pedra. Ten a vantaxe de ser facilmente manipulábel e de ser un bo illante térmico, grazas á súa posrosidade. En Islandia por exemplo, usouse moitísimo na Idade Media na construción de granxas. En Irlanda, as familias pobres utilizábana para a construción de casas pequenas e alpendres, especialmente nos séculos XVII e XVIII.[11]. Os tixolos de turba tamén se empregaron no levantamento de muros. A turba tamén se empregou como cubrimento das cubertas.

Galería de imaxes

Notas

  1. Keddy, P.A. 2010. Wetland Ecology: Principles and Conservation (2nd edition). Cambridge University Press, Cambridge, UK. 497 p. Chapter 1.
  2. 2,0 2,1 Gorham, E. (1957). The development of peatlands. Quarterly Review of Biology, 32, 145–66.
  3. Keddy, P.A. 2010. Wetland Ecology: Principles and Conservation (2nd edition). Cambridge University Press, Cambridge, UK. 497 p. 323-325
  4. World Energy Council (2007). "Survey of Energy Resources 2007" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 10 de setembro de 2008. Consultado o 2008-08-11. 
  5. IUCN UK Commission of Inquiry on Peatlands Arquivado 07 de marzo de 2014 en Wayback Machine. Full Report, IUCN UK Peatland Programme October 2011
  6. 6,0 6,1 Fraser, L.H. Fraser and P.A. Keddy (eds.). 2005. The World’s Largest Wetlands: Ecology and Conservation. Cambridge University Press, Cambridge, UK. 488 p. and P.A. Keddy (eds.). 2005. The World’s Largest Wetlands: Ecology and Conservation. Cambridge University Press, Cambridge, UK. 488 p.
  7. Waspada.co.ik
  8. Vitt, D.H., L.A. Halsey and B.J. Nicholson. 2005. The Mackenzie River basin. Pp. 166-202 in L.H. Fraser and P.A. Keddy (eds.). The World’s Largest Wetlands: Ecology and Conservation. Cambridge University Press, Cambridge, UK. 488 p.
  9. Keddy, P.A. 2010. Wetland Ecology: Principles and Conservation (2nd edition). Cambridge University Press, Cambridge, UK. 497 p. Chapter 7.
  10. International Mire Conservation Group (2007-01-03). "Peat should not be treated as a renewable energy source" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 10 de xuño de 2007. Consultado o 2007-02-12. 
  11. (en inglés) « History and uses of peat. Building material and filters », Peatland.

Véxase tamén

Outros artigos