Serra Nevada: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
engado control de autoridades
Recuperando 5 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta8)
Liña 23: Liña 23:
* [http://www.nevasport.com/noticias/categorias.php?id_cat=8 Noticias sobre a estación de esquí de Serra Nevada]
* [http://www.nevasport.com/noticias/categorias.php?id_cat=8 Noticias sobre a estación de esquí de Serra Nevada]
* [http://sierranevada.forogeneral.es Foro sobre a estación de esquí de Serra Nevada]
* [http://sierranevada.forogeneral.es Foro sobre a estación de esquí de Serra Nevada]
* [http://www.turgranada.es/municipios/municipio.php?id_idioma=1&id_municipio=173 Microweb turística de Serra Nevada realizada polo Patronato de Turismo de Granada]
* [https://web.archive.org/web/20071116171346/http://www.turgranada.es/municipios/municipio.php?id_municipio=173&id_idioma=1 Microweb turística de Serra Nevada realizada polo Patronato de Turismo de Granada]
* [http://www.juntadeandalucia.es/medioambiente/espacios_naturales/parques_naturales/pnsnevada/idxnevada.html Parque Natural de Serra Nevada, Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Andalucía]
* [http://www.juntadeandalucia.es/medioambiente/espacios_naturales/parques_naturales/pnsnevada/idxnevada.html Parque Natural de Serra Nevada, Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Andalucía]
* [http://parquesnaturales.consumer.es/documentos/andalucia/sierra_nevada/index.php Artigo sobre Serra Nevada en la revista Consumer]
* [http://parquesnaturales.consumer.es/documentos/andalucia/sierra_nevada/index.php Artigo sobre Serra Nevada en la revista Consumer]
Liña 29: Liña 29:
* [http://waste.ideal.es/panoramicas-1.htm Fotos panorámicas de Sierra Nevada]
* [http://waste.ideal.es/panoramicas-1.htm Fotos panorámicas de Sierra Nevada]
* [http://www.caingram.info/Sierra_nevada.htm Galería de fotos]
* [http://www.caingram.info/Sierra_nevada.htm Galería de fotos]
* [http://web.archive.org/20060316201607/es.geocities.com/sierranevadaweb/fotografia.htm Galería de fotos 2]
* [https://web.archive.org/web/20060316201607/http://es.geocities.com/sierranevadaweb/fotografia.htm Galería de fotos 2]
* [http://www.cetursa.es Sitio web oficial de la estación de esquí de Sierra Nevada]
* [http://www.cetursa.es Sitio web oficial de la estación de esquí de Sierra Nevada]
* [http://www.puertodelaragua.com Puerto de la Ragua, estación de esquí de fondo]
* [http://www.puertodelaragua.com Puerto de la Ragua, estación de esquí de fondo]
* [http://www.granaweb.com/sierranevada/cartografia.htm Mapa de Serra Nevada]
* [https://web.archive.org/web/20070825050201/http://www.granaweb.com/sierranevada/cartografia.htm Mapa de Serra Nevada]
* [http://www.porlibre.com/ANDALUCIA/sierranevada.htm Parque Nacional Serra Nevada: Espacios protegidos en España]
* [http://www.porlibre.com/ANDALUCIA/sierranevada.htm Parque Nacional Serra Nevada: Espacios protegidos en España]


'''Datos bioclimáticos'''
'''Datos bioclimáticos'''
* [http://www.juntadeandalucia.es/medioambiente/pdf_snevada/pag8copia.pdf Datos básicos Serra Nevada]
* [http://www.juntadeandalucia.es/medioambiente/pdf_snevada/pag8copia.pdf Datos básicos Serra Nevada]
* [http://www.ugr.es/~aguas/Publicaciones/PDFs/Canseco.pdf Clima e hidrografía, Parque nacional de Serra Nevada]
* [https://web.archive.org/web/20050506113058/http://www.ugr.es/~aguas/Publicaciones/PDFs/Canseco.pdf Clima e hidrografía, Parque nacional de Serra Nevada]


'''Flora, fauna e xeoloxía'''
'''Flora, fauna e xeoloxía'''
Liña 44: Liña 44:
* [http://waste.ideal.es/endemismos.htm Listado de endemismos de Serra Nevada]
* [http://waste.ideal.es/endemismos.htm Listado de endemismos de Serra Nevada]
* [http://waste.ideal.es/sierranevada-insectos.htm Fauna de alta montaña]
* [http://waste.ideal.es/sierranevada-insectos.htm Fauna de alta montaña]
* [http://www.almediam.org/Sierra%20Nevada%20fauna/Snevada_index.htm Introducción á fauna de Serra Nevada]
* [https://web.archive.org/web/20160303185615/http://www.almediam.org/Sierra%20Nevada%20fauna/Snevada_index.htm Introducción á fauna de Serra Nevada]
* [http://www.moebius.es/ggranada/situacion.htm Formación e datos xeolóxicos]
* [http://www.moebius.es/ggranada/situacion.htm Formación e datos xeolóxicos]



Revisión como estaba o 27 de agosto de 2018 ás 19:57

Serra Nevada desde a Vega de Granada, 29 de xaneiro de 2006.
Situación da Serra Nevada na Península Ibérica.

Serra Nevada é un macizo montañoso pertencente ao conxunto da Cordilleiras Béticas, concretamente aos sistemas Penibéticos. Está situada en Andalucía, España, e esténdese desde o centro-sueste da provincia de Granada e parte do suroeste da provincia de Almería. No ano 1986 foi declarada Reserva da Biosfera pola UNESCO e no 1999 foi declarada Parque Nacional polos seus valores botánicos, paisaxísticos e naturais. É o macizo montañoso máis alto de toda Europa occidental despois dos Alpes. A súa altitude máxima atópase no pico Mulhacén, de 3.482 metros.

Historia e orixe do nome

Existen referencias á Serra Nevada desde a antigüidade. Plinio o Vello xa mencionou no século I a existencia do monte Solarius na zona fronteiriza entre as provincias romanas hispanas da Bética e a Tarraconense. Durante a época visigoda, Isidoro de Sevilla falou do monte Solorio, derivada de mont Oriens, «monte no que loce o sol antes de saír». Máis adiante, diversos autores islámicos a mencionan, denominándoa uns Yabal Sulayr (monte do Sol e do Aire), Yabal-al-Tay (monte da Neve) e outros simplemente Sulayr. Outras denominacións posteriores foron monte do Sol, do Aire e do Sol, da Neve e tamén Serra da Xeada, sendo a partir do século XVIII bautizada como é coñecida hoxe: Serra Nevada.

Durante o século XVI foi escenario da Rebelión das Alpujarras. Posteriormente, no século XVIII marca o inicio de diversas expedicións, nas que, influídos polo espírito da Ilustración, comezouse a explorar sistematicamente a serra. Así, sobresaen a dirixida polo marqués da Ensenada, á que seguiron outras protagonizadas por importantes científicos, especialmente botánicos, biólogos e xeólogos. Estes comezaron a describir nas súas obras a importantísima riqueza natural da serra. Autores como Washington Irving establecéronse nas súas inmediacións no século XIX. A finais deste, Ángel Ganivet, naquel tempo cónsul de España en Finlandia, comentou nalgún dos seus escritos [1] que a serra podería converterse na «Finlandia andaluza», pola existencia de neve máis de 6 meses ao ano. Xa no século XX, o escritor e hispanista británico Gerald Brenan adicou a súa obra Al sur de Granada a inmortalizar a máis significativa das comarcas da serra, a Alpujarra.

No en 1925 construíuse un tranvía-ferrocarril desde Granada ata a localidade próxima de Güejar-Sierra, que aínda que foi clausurado nos anos 70 marcou en Granada un antes e un despois no coñecemento da serra.

Notas

  1. Historia de la estación de esquí de Sierra Nevada

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Información

Datos bioclimáticos

Flora, fauna e xeoloxía