Akhaltsikhe: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Liña 8: Liña 8:


En 1828, durante a [[guerra ruso-turca (1828-1829)]], as tropas rusas baixo o mando do [[Ivan Paskevich|xeneral Paskevich]] tomaron a cidade, e como consecuencia do [[Tratado de Adrianópole]] de 1829, foi cedida ao [[Imperio ruso]] como parte da [[gobernación de Tiflis]].
En 1828, durante a [[guerra ruso-turca (1828-1829)]], as tropas rusas baixo o mando do [[Ivan Paskevich|xeneral Paskevich]] tomaron a cidade, e como consecuencia do [[Tratado de Adrianópole]] de 1829, foi cedida ao [[Imperio ruso]] como parte da [[gobernación de Tiflis]].

{{Control de autoridades}}


[[Categoría:Cidades de Xeorxia]]
[[Categoría:Cidades de Xeorxia]]

Revisión como estaba o 26 de agosto de 2018 ás 11:54

Akhaltsikhe (en xeorxiano: ახალციხე; en armenio: Ախալցխա; en ruso: Ахалцихе; en turco: Ahıska) é unha pequena cidade do suroeste de Xeorxia, capital da rexión de Samtskhe-Javakheti e do distrito homónimo. O nome da cidade significa "nova fortaleza". A poboación era de 19.452 habitantes en 2002, a maioría deles xeorxianos (61%) cunha minoría importante de armenios (37%).

Historia

A cidade arredor do ano 1887.

A cidade foi mencionada por vez primeira nas crónicas do século XII. Nos séculos XII e XIII foi a sede dos Akhaltsikheli, duques de Meskheti. Dende o século XIII até o século XVII, a cidade e Meskheti foron gobernados pola familia feudal de Jaq'eli.

En 1576 os otománs conquistaron a cidade, e en 1628 pasou a ser o centro do eyalet de Çıldır, co nome de "Ahıska".

En 1828, durante a guerra ruso-turca (1828-1829), as tropas rusas baixo o mando do xeneral Paskevich tomaron a cidade, e como consecuencia do Tratado de Adrianópole de 1829, foi cedida ao Imperio ruso como parte da gobernación de Tiflis.