Himno do Brasil: Diferenzas entre revisións
m →Letra: Arranxos varios, replaced: <br> → <br/> (128) |
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta8) |
||
Liña 170: | Liña 170: | ||
{{Commons|Hino Nacional do Brasil|Himno do Brasil}} |
{{Commons|Hino Nacional do Brasil|Himno do Brasil}} |
||
=== Ligazóns externas === |
=== Ligazóns externas === |
||
* [ |
* [https://web.archive.org/web/20060630034635/http://www.exercito.gov.br/01Instit/Hinoscan/mp3/hinonacional.mp3 Himno Nacional do Brasil] Arquivo [[Mp3]], com 2,43Mb (128Kbps, 44Khz, estéreo). Executado pola banda de música da [[Academia Militar das Agulhas Negras]]. {{pt}} |
||
* [http://www.planalto.gov.br/ccivil_03/Leis/L5700.htm Lei nº 5.700, de 1º de setembro de 1971] Lei brasileira que trata dos Símbolos Nacionais, entre eles o Himno Nacional do Brasil. {{pt}} |
* [http://www.planalto.gov.br/ccivil_03/Leis/L5700.htm Lei nº 5.700, de 1º de setembro de 1971] Lei brasileira que trata dos Símbolos Nacionais, entre eles o Himno Nacional do Brasil. {{pt}} |
||
Revisión como estaba o 25 de agosto de 2018 ás 08:21
Hino Nacional Brasileiro | |
---|---|
Himno do | Brasil |
Letra | Osório Duque-Estrada 1909 |
Música | Francisco Manuel da Silva 1831 |
Adoptado | 1831 |
Mostra da música | |
O Himno Nacional Brasileiro é o himno do Brasil. Composto por Francisco Manuel da Silva en 1831, a letra data de 1909 sendo o seu autor Joaquim Osório Duque Estrada. Foi oficializado pola lei nº 5.700, de 1 de setembro de 1971, publicada no Diario Oficial do 2 de setembro de 1971.
Historia e características
É un himno executado como saúdo á Bandeira Nacional e ao presidente da República, ao Congreso Nacional brasileiro e ao Supremo Tribunal Federal brasileiro. Tamén é de uso noutros casos que stán determinados polos regulamentos de saúdo ou cortesía internacional. A súa execución está permitida mesmo na apertura de sesións cívicas, nas cerimonias relixiosas de carácter patriótico e antes de eventos deportivos internacionais. A música do himno é de Francisco Manuel da Silva e foi inicialmente composta para banda.
En 1831, tornouse popular con versos que lembraban a abdicación de Pedro I, emperador do Brasil. Posteriormente, á época da coroación de Pedro II, a súa letra foi trocada e a composición, debido a súa popularidade, pasou a ser considerada como o himno nacional brasileiro, aínda cando non fora oficializado como tal. Logo da proclamación da República brasileira os gobernantes abriran un concurso para a oficialización dun novo himno, gañado por Leopoldo Miguez. Mentres, coas manifestacións populares contrarias á adopción do novo himno, o presidente da República, Deodoro da Fonseca, oficializou como Himno Nacional Brasileiro a composición de Francisco Manuel da Silva, establecendo que a composición de Leopoldo Miguez sería o Himno da Proclamação da República.
Durante o centenario da Proclamación da Independencia, en 1922, finalmente a letra escrita polo poeta e xornalista Joaquim Osório Duque Estrada tornouse oficial. A orquestración do himno é de A. Assis Republicano e súa instrumentación para banda é do tenente Antônio Pinto Júnior. A adaptación vocal foi feita por Alberto Nepomuceno e está prohibida a execución de calquera outros arranxos vocais ou artístico-instrumentais do himno.
Letra
Hino Nacional Brasileiro | Himno Nacional Brasileiro |
---|---|
Primeira estrofa | |
Ouviram do Ipiranga as margens plácidas |
Ouviron do Ipiranga as marxes plácidas |
Segunda estrofa | |
Deitado eternamente em berço esplêndido, |
Deitado eternamente en berce espléndido, |
Véxase tamén
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Himno do Brasil |
Ligazóns externas
- Himno Nacional do Brasil Arquivo Mp3, com 2,43Mb (128Kbps, 44Khz, estéreo). Executado pola banda de música da Academia Militar das Agulhas Negras. (en portugués)
- Lei nº 5.700, de 1º de setembro de 1971 Lei brasileira que trata dos Símbolos Nacionais, entre eles o Himno Nacional do Brasil. (en portugués)