Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m →‎Outros artigos: arranxiños
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta8)
Liña 40: Liña 40:
* [http://www.eclac.cl/cgi-bin/getProd.asp?xml=/prensa/noticias/comunicados/0/5490/P5490.xml&xsl=/prensa/tpl/p6f.xsl&base=/prensa/tpl/top-bottom.xsl Mensaxe do Secretario Xeral da ONU] [[Kofi Annan]] (24/11/2000)
* [http://www.eclac.cl/cgi-bin/getProd.asp?xml=/prensa/noticias/comunicados/0/5490/P5490.xml&xsl=/prensa/tpl/p6f.xsl&base=/prensa/tpl/top-bottom.xsl Mensaxe do Secretario Xeral da ONU] [[Kofi Annan]] (24/11/2000)
* [http://www.eclac.cl/cgi-bin/getProd.asp?xml=/prensa/noticias/comunicados/5/27405/P27405.xml&xsl=/prensa/tpl/p6f.xsl&base=/prensa/tpl/top-bottom.xsl Mensaje do Secretario Xeral da ONU] Kofi Annan (25/11/2006)
* [http://www.eclac.cl/cgi-bin/getProd.asp?xml=/prensa/noticias/comunicados/5/27405/P27405.xml&xsl=/prensa/tpl/p6f.xsl&base=/prensa/tpl/top-bottom.xsl Mensaje do Secretario Xeral da ONU] Kofi Annan (25/11/2006)
* [http://web.archive.org/web/20011209113841/http://www.un.org/depts/dhl/spanish/violence/index.html Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller] Biblioteca Dag Hammarskjöld. Consultado o 22/11/2007.
* [https://web.archive.org/web/20011209113841/http://www.un.org/depts/dhl/spanish/violence/index.html Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller] Biblioteca Dag Hammarskjöld. Consultado o 22/11/2007.
* [http://www.feriadoschilenos.cl/DiasNacionales.html#DiaNacionalParaLaEliminacionDeLaViolenciaContraLaMujer Día Nacional Para a Eliminación da Violencia Contra a Muller en Chile]
* [http://www.feriadoschilenos.cl/DiasNacionales.html#DiaNacionalParaLaEliminacionDeLaViolenciaContraLaMujer Día Nacional Para a Eliminación da Violencia Contra a Muller en Chile]
* [http://ec.europa.eu/employment_social/equ_opp/violence/breaksilence_es.pdf ''Romper o Silencio'']. Campaña europea contra a violencia doméstica. Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas. ISBN 92-828-8115-6
* [http://ec.europa.eu/employment_social/equ_opp/violence/breaksilence_es.pdf ''Romper o Silencio'']. Campaña europea contra a violencia doméstica. Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas. ISBN 92-828-8115-6

Revisión como estaba o 23 de agosto de 2018 ás 09:54

O Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, aprobado pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas na súa Resolución 50/134 o 17 de decembro de 1999, celébrase anualmente cada 25 de novembro, en memoria das irmás Mirabal. A proposta para que se celebrase nesa data realizouna a República Dominicana, co apoio de 80 países.

Historia

Na República Dominicana rexistrouse o asasinato das tres irmás Mirabal, feito que tivo lugar o 25 de novembro de 1960, por orde do ditador dominicano Rafael Leónidas Trujillo.

En 1981 celebrouse en Bogotá, Colombia, o ''Primeiro Encontro Feminista Latinoamericano e do Caribe'', onde se decidiu marcar o 25 de novembro como o "Día Internacional de Non Violencia contra as Mulleres", lembrando o asasinato das tres mulleres.

En 1993 a Asemblea Xeral das Nacións Unidas aprobou a ''Declaración sobre a Eliminación da Violencia contra a Muller'', na que se definiu a "violencia contra a muller" como:

''Todo acto de violencia baseado no xénero que ten como resultado posible ou real un dano físico, sexual ou psicolóxico, incluídas as ameazas, a coerción ou a prohibición arbitraria da liberdade, xa sexa que ocorra na vida pública ou na vida privada''.

Na devandita Asemblea recoñeceuse que eran necesarios "unha clara declaración dos dereitos que se deben aplicar para asegurar a eliminación de toda violencia contra a muller en todas as súas formas, e un compromiso dos Estados e da comunidade internacional en xeral para eliminar a violencia contra a muller".[1]

O 17 de decembro de 1999, a Asemblea Xeral das Nacións Unidas designou o 25 de novembro coma o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. A ONU invitou os gobernos, organizacións internacionais e organizacións non gobernamentais a organizar actividades dirixidas a sensibilizar o público respecto do problema neste día coma unha celebración internacional.

O Fondo de Desenvolvemento das Nacións Unidas para a Muller (United Nations Development Fund for Women, ou Unifem, en inglés) tamén observa regularmente a xornada, e ofrece suxestións para que outros as observen.

En outubro de 2006 presentouse o Estudo a fondo sobre todas as formas de violencia contra a muller, que amosa que existen obrigas concretas dos Estados para prever esta violencia, para tratar as súas causas (a desigualdade histórica e a discriminación xeneralizada), así como para investigar, enxuizar e castigar os agresores.

¿Por que este Día Internacional?
Debido a que:
  • A violencia contra a muller é unha violación dos dereitos humanos.
  • A violencia contra a muller é consecuencia da discriminación que sofre, tanto nas leis como na práctica, e a persistencia de desigualdades por razón de xénero.
  • A violencia contra a muller afecta e impide o avance en moitas áreas, incluídas a erradicación da pobreza, a loita contra o VIH/SIDA e a paz e a seguridade.
  • A violencia contra as mulleres e as nenas pódese evitar. A prevención é posible e esencial.
  • A violencia contra a muller segue a ser unha pandemia global. Ata un 70% das mulleres sofren violencia na súa vida.
Pinta o teu mundo de laranxa durante 16 días para acabar coa violencia de xénero
A campaña do Secretario Xeral ÚNETE para pór fin á violencia contra as mulleres proclamou o 25 de cada mes Día Laranxa. Entre outras actividades, nese día invítasenos a levar algunha peza de roupa desa cor para resaltar o chamamento a erradicar a violencia contra a muller sen reservas, equívocos ou demoras.
Este ano a campaña ÚNETE estende ese Día Laranxa a 16 días de activismo contra a violencia baseada no xénero, desde o 25 de novembre en que se conmemora o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, ata o 10 de dicembro, Día dos Dereitos Humanos.

Notas

  1. Declaración sobre a eliminación da violencia contra a muller Resolución 48/104. Asemblea Xeral de Nacións Unidas. Aprobado o 20/12/1993. Publicado o 23/02/1994.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas