Circuíto Internacional de Xangai: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios, replaced: <br> → <br /> (9)
Recuperando 2 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta8)
Liña 60: Liña 60:
== Deseño ==
== Deseño ==


Como varios dos outros autódromos construídos nos últimos anos, foi deseñado polo arquitecto [[Alemaña|alemán]] [[Hermann Tilke]]. E tamén conta coa marca da casa: unha longa recta seguida por unha curva pechada. A actual xeración de coches de F1 pode facilmente superar os 300&nbsp;km/h. na longa recta entre as curvas 13 e 14.<ref>[http://www.forumula1.net/2007/f1/race-tracks/shanghai-international-circuit-%e2%80%93-facts-and-figures/ Shanghai International Circuit Facts & Figures] ''Forumula1.net'', retrieved on 10 de outubro de 2007</ref> O trazado da pista foi inspirado no carácter chinés ''shang'' (上), o primeiro carácter no nome da cidade de Xangai, que significa "arriba" ou "ascender".<ref>{{Cita web|url=http://www.fia.com/en-GB/mediacentre/pressreleases/f1releases/2009/Pages/f1_preview_chn.aspx|title=Chinese Grand Prix Preview|date=2009-04-13|publisher=Fédération Internationale de l'Automobile|accessdate=2009-04-16}}</ref> O trazado ten unha extensión total de 5´5 [[quilómetro]]s. Todo o circuíto, máis as zonas de descanso e outras zonas para os espectadores, cobren unha superficie total de 5´3&nbsp;km².
Como varios dos outros autódromos construídos nos últimos anos, foi deseñado polo arquitecto [[Alemaña|alemán]] [[Hermann Tilke]]. E tamén conta coa marca da casa: unha longa recta seguida por unha curva pechada. A actual xeración de coches de F1 pode facilmente superar os 300&nbsp;km/h. na longa recta entre as curvas 13 e 14.<ref>[http://www.forumula1.net/2007/f1/race-tracks/shanghai-international-circuit-%e2%80%93-facts-and-figures/ Shanghai International Circuit Facts & Figures] ''Forumula1.net'', retrieved on 10 de outubro de 2007</ref> O trazado da pista foi inspirado no carácter chinés ''shang'' (上), o primeiro carácter no nome da cidade de Xangai, que significa "arriba" ou "ascender".<ref>{{Cita web|url=http://www.fia.com/en-GB/mediacentre/pressreleases/f1releases/2009/Pages/f1_preview_chn.aspx|title=Chinese Grand Prix Preview|date=2009-04-13|publisher=Fédération Internationale de l'Automobile|accessdate=2009-04-16|urlarquivo=https://web.archive.org/web/20090417005806/http://www.fia.com/en-GB/mediacentre/pressreleases/f1releases/2009/Pages/f1_preview_chn.aspx|dataarquivo=17 de abril de 2009|urlmorta=si}}</ref> O trazado ten unha extensión total de 5´5 [[quilómetro]]s. Todo o circuíto, máis as zonas de descanso e outras zonas para os espectadores, cobren unha superficie total de 5´3&nbsp;km².


== Características ==
== Características ==
Liña 249: Liña 249:
{{Commonscat}}
{{Commonscat}}
=== Ligazóns externas ===
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.icsh.sh.cn/ Páxina oficial]
* [https://web.archive.org/web/20061117025604/http://www.icsh.sh.cn/ Páxina oficial]
* [http://www.f1db.com/f1/page/Xangai_International_Circuit Historia e estatísticas do Circuíto Internacional de Xangai]
* [http://www.f1db.com/f1/page/Xangai_International_Circuit Historia e estatísticas do Circuíto Internacional de Xangai]



Revisión como estaba o 22 de agosto de 2018 ás 23:02

Circuíto Internacional de Xangai
Plano do Circuíto
Datos
Inauguración 2004
Outros nomes
Carreiras Fórmula 1
Gran Premio de China
MotoGP
Chinese motorcycle Grand Prix
WEC
6 Horas de Xangai
WTCC
Race of China
V8 Supercars
China Round
Localización República Popular da China Xangai, China
Capacidade 200,000[1]
Lonxitude 5´451 km.
Curvas 16
Volta rápida (2004) 1:32.238
Piloto Record Alemaña Michael Schumacher
Escudería Record Ferrari
Coordenadas 31°20′20″N 121°13′11″L / 31.33889, -121.21972
Vista do Circuíto
Imaxe da recta principal e a zona de boxes

O Circuíto Internacional de Xangai (Lingua chinesa simplificada 上海国际赛车场 tradicional 上海國際賽車場) é un autódromo situado en Xangai, China construídos nos anos 2000 para albergar o Gran Premio de China de Fórmula 1. Localizado nas proximidades de Xangai, en China, albergou o primeiro Gran Premio de China o 26 de setembro de 2004.

Neste circuíto terminou o campionato de Fórmula 1 de 2005.

Tamén é unha cita para a tempada de MotoGP desde o ano 2005

Historia

Cun custo aproximado de 450 $ millóns (USD), o circuíto foi financiado por unha fundación do goberno e por empresa joint-venture, participada por Shanghai Juss Corporation, Shanghai National Property Management Co Ltd, e Shanghai Jia'an Investment and Development Co Ltd. expertos en arquitectura e deseño comezaron a planear e visitar o lugar entre abril e maio de 2003, e a área transformouse de zona pantanosa en circuíto internacional nun prazo de 18 meses cun equipo de 3.000 enxeñeiros que traballaban todo o día.

Outros eventos celebrados no circuíto varias carreiras do campionato do mundo de MotoGP, o campionato australiano de V8 Supercar de 2005, con máis de 250.000 espectadores, e tamén a carreira final do A1 Grand Prix en 2006/2007.

En parte debido á localización do circuíto, as zonas ao redor das curvas 1, 8 e 14 afundironse, e polo tanto, o circuíto tivo que ser inspeccionados antes da edición de 2011.[2]

O Gran Premio de China atraeu a 260.000 espectadores no seu ano inaugural en 2004 cun lixeiro aumento de 10.000 en 2005, pero a asistencia diminuíu desde entón, con 155.000 asistentes en 2010. O 18 de febreiro de 2011, Reuters informou que os organizadores do Gran Premio de China dixo que Xangai ampliaron o acordo para acoller o Gran Premio de China ata 2018 a pesar da caída da asistencia. Chen Yiping, subdirector da Oficina de Deportes de Xangai, suxeriu que a situación pode mellorar nos próximos anos mediante a redución do custo das entradas. Reuters informou que os prezos dos asentos de primeira reduciríanse de 3.580-3.980 yuanes en 2010 a 1.980-3.280 yuanes en 2011.[3]

O 18 de febreiro 2011 Wen Zhao, Vice-alcalde de Xangai, dixo que a F1 é unha tarxeta de presentación de Xangai e que confía no éxito da carreira nos próximos anos.

Deseño

Como varios dos outros autódromos construídos nos últimos anos, foi deseñado polo arquitecto alemán Hermann Tilke. E tamén conta coa marca da casa: unha longa recta seguida por unha curva pechada. A actual xeración de coches de F1 pode facilmente superar os 300 km/h. na longa recta entre as curvas 13 e 14.[4] O trazado da pista foi inspirado no carácter chinés shang (上), o primeiro carácter no nome da cidade de Xangai, que significa "arriba" ou "ascender".[5] O trazado ten unha extensión total de 5´5 quilómetros. Todo o circuíto, máis as zonas de descanso e outras zonas para os espectadores, cobren unha superficie total de 5´3 km².

Características

  • Espectadores: 200.000
  • Lonxitude do circuíto: 5´451 quilometros.
  • Distancia da carreira de Fórmula 1: 56 voltas = 305´066 quilometros. curvas en total.
  • Configuración aerodinámica: media/alta. Velocidade máxima estimada 322 km/h con DRS, 310 km/h sen DRS
  • Aceleración a fondo: 55% do tempo de volta.
  • Tempo de freado: 15% do tempo da volta.
  • Total de combustible necesario para a distancia de carreira:
  • Consumo de combustible: kg por volta.
  • Cambio de marchas por volta:
  • Número de zonas de freado:
  • Desgaste dos freos: medio
  • Desgaste dos pneumáticos:
  • Distancia dos Boxes:
  • Perda de tempo nunha parada en boxes:
  • Tempo total necesario para a parada en boxes: segundos (media)
  • Efecto de combustible (custo en tempo por volta de 10 kg de combustible transportado): 0´34 segundos.
  • Marca volta: Michael Schumacher (Ferrari), 1.32.238 en 2004

Todos os gañadores de Fórmula 1, no circuíto de Xangai

Ano Piloto Auto Duración Lonxitude Voltas Velocidade media Data GP de
2004 Rubens Barrichello Ferrari 1:29:12,420 h 5´451 km 56 205´313 km/h 26. setembro China
2005 España Fernando Alonso Renault 1:39:53,618 h 5´451 km 56 183´235 km/h 16. outubro
2006 Alemaña Michael Schumacher Ferrari 1:37:32,747 h 5´451 km 56 187´645 km/h 1. outubro
2007 Finlandia Kimi Räikkönen Ferrari 1:37:58,395 h 5´451 km 56 186´826 km/h 7. outubro
2008 Lewis Hamilton McLaren-Mercedes 1:31:57,403 h 5´451 km 56 199´050 km/h 19. outubro
2009 Alemaña Sebastian Vettel Red Bull Racing-Renault 1:57:43,485 h 5´451 km 56 155´481 km/h 19. abril
2010 Jenson Button McLaren - Mercedes 1:46:42,163 h 5´451 km 56 171´542 km/h 18. abril
2011 Lewis Hamilton McLaren - Mercedes 1:36:58,226 h 5´451 km 56 188´758 km/h 17. abril
2012 Alemaña Nico Rosberg Mercedes 1:36:26,929 h 5´451 km 56 189´778 km/h 15. abril
2013 España Fernando Alonso Ferrari 1:36:26,945 h 5´451 km 56 189´778 km/h 14. abril
2014 Lewis Hamilton Mercedes 1:33:28.338 h 5´451 km 54 188´824 km/h 20. abril
2015 Lewis Hamilton Mercedes 1:39:42.008 h 5´451 km 56 183,590 km/h 12. abril
2016 Alemaña Nico Rosberg Mercedes 1:35.40.200 h 5´451 km 56 185´079 km/h 17. abril
2017 Lewis Hamilton Mercedes 1:37:36.158 h 5´451 km 56 187´536 km/h 9. abril
2018 Australia Daniel Ricciardo Red Bull - TAG Heuer 1:35:36.380 h 5´451 km 56 191´451 km/h 15. abril

Galería

Notas

  1. "Shanghai International Circuit". worldofstadiums.com. Consultado o 24 de xuño de 2016. 
  2. "Shanghai circuit gets sinking feeling". Yahoo Eurosport. 25 de xaneiro de 2011. Consultado o 7 de febreiro de 2011. 
  3. "Shanghai to host F1 for seven more years - city officials". reuters.com. 18 de febreiro de 2011. Consultado o 21 de febreiro de 2011. 
  4. Shanghai International Circuit Facts & Figures Forumula1.net, retrieved on 10 de outubro de 2007
  5. "Chinese Grand Prix Preview". Fédération Internationale de l'Automobile. 2009-04-13. Arquivado dende o orixinal o 17 de abril de 2009. Consultado o 2009-04-16. 

Véxase tamén

Ligazóns externas