Batalla de Camlann: Diferenzas entre revisións
m →Bibliografía: +control autoridades using AWB |
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta8) |
||
Liña 22: | Liña 22: | ||
== Véxase tamén == |
== Véxase tamén == |
||
===Bibliografía=== |
===Bibliografía=== |
||
*Hunt, A. (2005). [ |
*Hunt, A. (2005). [https://web.archive.org/web/20030514091646/http://www.geocities.com/vortigernstudies/articles/guestdan2a.htm From Glein to Camlann: The life and death of King Arthur]. ''Vortigern Studies''. |
||
{{Control de autoridades}} |
{{Control de autoridades}} |
Revisión como estaba o 22 de agosto de 2018 ás 11:53
A Batalla de Camlann foi a batalla final do rei Arturo contra Sir Mordred, e nela o monarca foi ferido mortalmente.
Historia
O arqueólogo Leslie Alcock data a batalla de Camlann no ano 490. A referencia máis antiga sobre esta batalla aparece nos Annales Cambriae, onde se relata que tal disputa ocorreu no ano 537, e menciona a Mordred (Medraut) mais non especifica que el e Artur loitaron en bandos contrarios:
Gueith camlann in qua Arthur et Medraut corruerunt
- (tradución: A disputa de Camlann na cal Artur e Mordred finaron)
Mais os Annales de Tigernach sinala o ano 541[1] para tal batalla. Na Historia Regum Britanniae o historiador galés Godofredo de Monmouth comenta tamén a batalla. Hai moitas probabilidades de que esta batalla acontecese, mais non se sabe quen foron os protagonistas reais.
O lugar exacto da batalla tamén se descoñece, aínda que hai varias hipóteses. Un dos sitios é Queen Camel, en Somerset, cerca de Cadbury (identificado tamén co mítico Camelot). O río que flúe nos outeiros próximos é o Río Cam. Outros sitios máis ao norte son Birdoswald ou Castlesteads, preto da Muralla de Adriano (un dos cales leva o nome latino de Camboglanna). Outras localidades hipotéticas son o río Camel na fronteira de Cornualles, e o río Camlann en Eifionydd, Gales.
Lenda
Algunhas fontes din que a batalla foi ocasionada por un soldado que, contrariando as ordes do seu xeneral, desenvaiñou a súa espada para matar unha serpe. Tras este sinal, os exércitos do rei Artur e de Sir Mordred saíron á carga. A contenda durou unha xornada enteira de loita, tras a cal o minguado e moi inferior en número exército de Artur derrotou as sanguinarias hordas de saxóns de Mordred. Ambos os dous líderes caeron ao final do día, pero Artur, segundo conta a lenda, foi trasladado aínda vivo a Avalon.
Notas
- ↑ Jean Markale, Le Roi Arthur et la société celtique, Payot, 1976
Véxase tamén
Bibliografía
- Hunt, A. (2005). From Glein to Camlann: The life and death of King Arthur. Vortigern Studies.