Ante Gotovina: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
Recuperando 2 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta8)
Liña 17: Liña 17:


== Xuízo e condena ==
== Xuízo e condena ==
A finais de [[2006]] ao caso Gotovina uníronse os casos contra [[Ivan Čermak]], que resultaría absolto, e [[Mladen Markač]], condenado a 18 anos de prisión en relación cos mesmos feitos (a Operación Tormenta).<ref>[http://www.un.org/icty/gotovina90/appeal/decision-e/061025.htm ICTY: Acusación]</ref> O xuízo debía comezar en maio de [[2007]], pero pospúxose indefinidamente debido aos conflitos entre os avogados defensores.<ref>[http://iwpr.net/?p=tri&s=f&o=334888&apc_state=henptri Conflictos en la defensa del caso ''Operación Tormenta'']</ref> Como avogados de Gotovina actuaron o estadounidense Greg Kehoe e o croata Luka Misetić.<ref>[http://www.javno.com/en/croatia/clanak.php?id=131027 Comienzan los juicios a generales croatas]</ref>
A finais de [[2006]] ao caso Gotovina uníronse os casos contra [[Ivan Čermak]], que resultaría absolto, e [[Mladen Markač]], condenado a 18 anos de prisión en relación cos mesmos feitos (a Operación Tormenta).<ref>[http://www.un.org/icty/gotovina90/appeal/decision-e/061025.htm ICTY: Acusación]</ref> O xuízo debía comezar en maio de [[2007]], pero pospúxose indefinidamente debido aos conflitos entre os avogados defensores.<ref>[http://iwpr.net/?p=tri&s=f&o=334888&apc_state=henptri Conflictos en la defensa del caso ''Operación Tormenta'']</ref> Como avogados de Gotovina actuaron o estadounidense Greg Kehoe e o croata Luka Misetić.<ref>{{Cita web |url=http://www.javno.com/en/croatia/clanak.php?id=131027 |título=Comienzan los juicios a generales croatas |data-acceso=03 de xaneiro de 2012 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20090115131536/http://www.javno.com/en/croatia/clanak.php?id=131027 |dataarquivo=15 de xaneiro de 2009 |urlmorta=si }}</ref>


A causa foi instruída o [[11 de marzo]] de [[2008]].<ref>[http://www.javno.com/en/croatia/clanak.php?id=131027 Comienza en La Haya el juicio contra el general croata por crímenes de guerra.]</ref> Na súa acusación inicial, a fiscalía cualificou de "indiscriminados" e "intolerábeis" os ataques á poboación serbia de Croacia en 1995.<ref>[http://www.diariodejerez.es/article/mundo/75367/la/haya/tacha/indiscriminados/los/ataques/gotovina/los/serbios.html Diario de Jerez: La Haya tacha de "indiscriminados" los ataques de Gotovina a los serbios]</ref> Gotovina, xunto cos tamén xenerais [[Ivan Čermak]] e [[Mladen Markač]] foron acusados de "participar nunha acción criminal conxunta destinada a erradicar á poboación serbia da Krajina, utilizando para iso a violencia, a persecución e a destrución das súas propiedades".<ref>El País [http://www.elpais.com/articulo/internacional/general/croata/Gotovina/banquillo/acusados/matanza/Krajina/elpepuint/20080311elpepuint_14/Tes El general croata Ante Gotovina, en el banquillo de los acusados por la matanza de la Krajina]</ref>
A causa foi instruída o [[11 de marzo]] de [[2008]].<ref>{{Cita web |url=http://www.javno.com/en/croatia/clanak.php?id=131027 |título=Comienza en La Haya el juicio contra el general croata por crímenes de guerra. |data-acceso=03 de xaneiro de 2012 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20090115131536/http://www.javno.com/en/croatia/clanak.php?id=131027 |dataarquivo=15 de xaneiro de 2009 |urlmorta=si }}</ref> Na súa acusación inicial, a fiscalía cualificou de "indiscriminados" e "intolerábeis" os ataques á poboación serbia de Croacia en 1995.<ref>[http://www.diariodejerez.es/article/mundo/75367/la/haya/tacha/indiscriminados/los/ataques/gotovina/los/serbios.html Diario de Jerez: La Haya tacha de "indiscriminados" los ataques de Gotovina a los serbios]</ref> Gotovina, xunto cos tamén xenerais [[Ivan Čermak]] e [[Mladen Markač]] foron acusados de "participar nunha acción criminal conxunta destinada a erradicar á poboación serbia da Krajina, utilizando para iso a violencia, a persecución e a destrución das súas propiedades".<ref>El País [http://www.elpais.com/articulo/internacional/general/croata/Gotovina/banquillo/acusados/matanza/Krajina/elpepuint/20080311elpepuint_14/Tes El general croata Ante Gotovina, en el banquillo de los acusados por la matanza de la Krajina]</ref>


O [[15 de abril]] de [[2011]] o [[Tribunal Penal Internacional para a ex Iugoslavia]] condeouno a 24 anos de prisión efectiva pola morte de 150 civís [[Serbia|serbios]] e a desaparición de varios centos durante os ataques á [[República Serbia de Krajina]], en 1995. Foi condenado tamén pola persecución contra a poboación serbia, a destrución e o saqueo dos seus bens, así como pola deportación de varios miles de serbios residentes na Krajina.
O [[15 de abril]] de [[2011]] o [[Tribunal Penal Internacional para a ex Iugoslavia]] condeouno a 24 anos de prisión efectiva pola morte de 150 civís [[Serbia|serbios]] e a desaparición de varios centos durante os ataques á [[República Serbia de Krajina]], en 1995. Foi condenado tamén pola persecución contra a poboación serbia, a destrución e o saqueo dos seus bens, así como pola deportación de varios miles de serbios residentes na Krajina.

Revisión como estaba o 22 de agosto de 2018 ás 05:42

Infotaula de personaAnte Gotovina

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento12 de outubro de 1955 Editar o valor em Wikidata (68 anos)
Tkon (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeFrancia (1979–)
República Federal Socialista de Iugoslavia
Croacia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónoficial , militar Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1990 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua francesa Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
Rama militarLegião Estrangeira Francesa (pt) Traducir, Croatian National Guard (en) Traducir e Forças Terrestres da Croácia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Rango militarcoronel-general (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
ConflitoGuerra de Croacia, Operation Maslenica (en) Traducir e Operação Tempestade (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Outro
Condenado porCrime de lesa humanidade (2001) Editar o valor em Wikidata
Premios

Ante Gotovina, nado o 12 de outubro de 1955 na Illa de Pašman, Iugoslavia (actual Croacia), é un antigo xeneral do exército croata. Tras pasar 4 anos en paradoiro descoñecido como prófugo da xustiza pola súa actuacíón nas guerras iugoslavas, foi capturado en Tenerife, España a finais de 2005.

O 15 de abril de 2011 o Tribunal Penal Internacional para a ex Iugoslavia (TPII) declarouno culpábel de crimes contra a humanidade, sendo condenado a 24 anos de prisión efectiva pola morte de 150 civís serbios e a desaparición de varios centos nun (a Operación Tormenta contra a autoproclamada República Serbia de Krajina, en 1995. Tamén foi condenado por actos de persecución contra a poboación serbia de dito enclave en Croacia, a destrución e o saqueo dos seus bens, así como pola deportación de 250.000 habitantes de etnia serbia.[1]

Biografía

Póster de Ante Gotovina nunha rúa.

Na década dos anos 1970 Gotovina loitoi durante sete anos no Chad como membro da Lexión Estranxiera Francesa,[2] e, despois de sufrir unha ferida na cabeza, recuperouse navegando nun iate polas Illas Canarias. En San Agustín, en Gran Canaria, fíxose membro dun club de paracaidistas e, en 1982, foi designado instrutor de comandos en América Latina, cargo co que viaxou por Guatemala, Paraguai, Colombia, Arxentina, Chile e Brasil.

Regresou a Croacia cando esta, presidida por Franjo Tudjman, proclamou a súa independencia de Iugoslavia, en 1991, e se desatataron as guerras de Croacia e Bosnia contra Iugoslavia e, despois, contra Serbia. O xeneral estivo ao mando en numerosas ofensivas contra os serbios en Croacia (e en Bosnia), entre elas a Operación Tormenta, na que o exército croata reconquistou en cinco días no mes de agosto de 1995 o territorio no que a minoría serbia autoproclamara a súa República Serbia de Krajina. Gotovina foi un dos principais comandantes daquela operación e está considerado por iso un heroe nacional por gran parte dos cidadáns croatas.

Segundo a acusación do fiscal do TPII que levou á súa posterior condena, durante a reconquista de Krajina, e baixo as súas ordes, soldados croatas asasinaron civís, incendiaron aldeas e dispararon contra os que fuxían sen que o xeneral fixera nada por impedilo, nun "intento premeditado de eliminar a poboación serbia de Krajina".[3]

Gotovina pasou ao retiro en 2000 por orde do presidente Stjepan Mesić xunto con outros seis xenerais, ao opoñerse á plena cooperación co TPII. Tras esconderse durante dous anos, en 2003 recoñeceu a xurisdición do TPII nunhas declaracións que concedeu a un semanario croata, nas que pediu que investigadores do Tribunal o interrogaran primeiro en Zagreb, prometendo que se entregaría de cumprirse esa condición e, se despois de escoitar as súas respostas, o TPII aínda seguía incriminándoo.

Mesić apoiou a proposta de Gotovina, pero o TPII insistiu na súa entrega incondicional, o que non sucedeu. Finalmente foi arrestado, sen opoñer resistencia, nun restaurante de Arona), ao sur de Tenerife, o 7 de decembro de 2005, pola policía española.[4] Inmediatamente foi trasladado á Haia (Países Baixos), onde se encontra a sede do Tribunal.

Xuízo e condena

A finais de 2006 ao caso Gotovina uníronse os casos contra Ivan Čermak, que resultaría absolto, e Mladen Markač, condenado a 18 anos de prisión en relación cos mesmos feitos (a Operación Tormenta).[5] O xuízo debía comezar en maio de 2007, pero pospúxose indefinidamente debido aos conflitos entre os avogados defensores.[6] Como avogados de Gotovina actuaron o estadounidense Greg Kehoe e o croata Luka Misetić.[7]

A causa foi instruída o 11 de marzo de 2008.[8] Na súa acusación inicial, a fiscalía cualificou de "indiscriminados" e "intolerábeis" os ataques á poboación serbia de Croacia en 1995.[9] Gotovina, xunto cos tamén xenerais Ivan Čermak e Mladen Markač foron acusados de "participar nunha acción criminal conxunta destinada a erradicar á poboación serbia da Krajina, utilizando para iso a violencia, a persecución e a destrución das súas propiedades".[10]

O 15 de abril de 2011 o Tribunal Penal Internacional para a ex Iugoslavia condeouno a 24 anos de prisión efectiva pola morte de 150 civís serbios e a desaparición de varios centos durante os ataques á República Serbia de Krajina, en 1995. Foi condenado tamén pola persecución contra a poboación serbia, a destrución e o saqueo dos seus bens, así como pola deportación de varios miles de serbios residentes na Krajina.

Absolución

O 16 de novembro de 2012 o TPII absolveu a Ante Gotovina dos cargos de crimes de guerra e lesa humanidade, revogando a pena de 24 anos de cárcere polos que fora condenado por dito tribunal en 2011. Así mesmo, tamén anulou a condena de 18 anos que se lle impuxera ao antigo xefe da policía croata Mladen Markać por delitos similares. Para os xuíces, non se puido demostrar, como concluíra o tribunal en primeira instancia, que Gotovina e Markać formaran parte dunha "empresa criminal conxunta". Ao coñecer a noticia, Serbia acusou ao tribunal de aplicar unha "xustiza slectiva" e de emitir un "veredicto político" e, como xesto de protesta, o goberno serbio decidiu cancelar a súa participación nunha conferencia sobre o legado do TPII o a celebrar o día 22 de novembro deste ano (2012) en Belgrado.[11]

Notas

Véxase tamién

Outros artigos

Ligazóns externas