Animismo: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m →‎Ligazóns externas: +control autoridades using AWB
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta8)
Liña 20: Liña 20:
{{Commonscat}}
{{Commonscat}}
=== Bibliografía ===
=== Bibliografía ===
* [http://web.archive.org/20090213050258/web.mac.com/siwa1/Libros/VIAJE_AL_PA%C3%8DS_DE_LAS_ALMAS/VIAJE_AL_PA%C3%8DS_DE_LAS_ALMAS.html "Viaje al país de las almas"], libro de Jordi Esteva.
* [https://web.archive.org/web/20090213050258/http://web.mac.com/siwa1/Libros/VIAJE_AL_PA%C3%8DS_DE_LAS_ALMAS/VIAJE_AL_PA%C3%8DS_DE_LAS_ALMAS.html "Viaje al país de las almas"], libro de Jordi Esteva.
=== Ligazóns externas ===
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.ishmael.org/interaction/qanda/qanda.cfm Ishmael.org (preguntas frecuentes)] No menú ''Topic'' ('tema') elixa ''Animism'' {{En}}.
* [http://www.ishmael.org/interaction/qanda/qanda.cfm Ishmael.org (preguntas frecuentes)] No menú ''Topic'' ('tema') elixa ''Animism'' {{En}}.

Revisión como estaba o 22 de agosto de 2018 ás 05:24

Xamán urarina.

O animismo (do latín ánima, alma) é un concepto que abrangue diversas crenzas nas que tanto os obxectos (útiles de uso cotián ou ben aqueles reservados a ocasións especiais) como calquera elemento do mundo natural (montañas, ríos, o ceo, a terra, determinados lugares característicos, rochas, plantas, animais, árbores etc) están dotados de alma e son venerados ou tidos como deuses.

Malia caber dentro desta concepción múltiples variantes do fenómeno, como a crenza en seres espirituais, incluídas as almas humanas, na práctica a definición esténdese que seres sobrenaturais personificados, dotados de razón, intelixencia e vontade, habitan os obxectos inanimados e gobernan a súa existencia. Isto pódese expresar sinxelamente como que todo está vivo, é consciente ou ten unha alma.

En África o animismo atópase na súa versión máis complexa e rematada, sendo así que inclúe o concepto de magara ou forza vital universal, que conecta a todos os seres animados, así como a crenza nunha relación estreita entre as almas dos vivos e dos mortos. Noutros lugares o animismo é en cambio a crenza na que os obxectos (como animais, ferramentas e fenómenos naturais) son ou posúen expresións de vida intelixente.

Os neopaganos ás veces describen como animista ao seu sistema de crenzas; un exemplo desta idea é que a Deusa nai e o Deus cornudo coexisten en todas as cousas. Así mesmo, os panteístas igualan a Deus coa existencia.

O termo tamén é o nome dunha teoría da relixión proposta en 1871 polo antropólogo sir Edward Burnett Tylor no seu libro Primitive Culture (Cultura primitiva).

O animismo e as orixes das relixións

Coñécense dous teorías que supoñen que o animismo foi a orixe das relixións actuais. A primeira, chamada teoría das pantasmas, relaciona os comezos da relixións humanas co culto aos mortos. Asociase principalmente co nome de Herbert Spencer, aínda que tamén foi mantida por Grant Allen.

A outra teoría, presentada por Edward Burnett Tylor, sostén que a base de toda relixión é animista, pero recoñece o carácter non humano dos deuses do politeísmo. Aínda que a adoración aos antepasados ou, máis amplamente falando, o culto aos mortos, nalgúns casos se superpuxo a outros cultos ou ata os fixo desaparecer, non se pode asegurar a súa importancia, senón máis ben o contrario (outros cultos terminaron superpoñendose ao culto aos antepasados). Na maioría dos casos, o panteón de deuses está formado por unha multitude de espíritos con forma ás veces humana, ás veces animal, que non teñen signos de haberse encarnado algunha vez. Os deuses do Sol e da Lúa, os deuses do lume, do vento e da auga, os deuses oceánicos, e por encima de todos os deuses do ceo, non mostran signos de ser pantasmas en ningún período da súa historia. É verdade que algúns se poden asociar con deuses pantasmas. Por exemplo, algúns indíxenas de Australia non din en ningún momento que os deuses son espíritos, e moito menos espíritos de mortos; os seus deuses son simplemente meigos magnificados, super-homes que nunca morreron. Pódese dicir en xeral que en Australia nunca existiu a adoración aos antepasados nin o culto aos mortos.

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre relixión é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.