Wikipedia:Votacións/Definición de administradores da interface e enmendas en relación ós administradores: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Liña 65: Liña 65:
#{{Concordo}} ※ [[Usuario:Sobreira|Sobreira]] ►〓 [[Conversa usuario:Sobreira|「''parlez'' 」]] 14 de agosto de 2018 ás 10:15 (UTC)
#{{Concordo}} ※ [[Usuario:Sobreira|Sobreira]] ►〓 [[Conversa usuario:Sobreira|「''parlez'' 」]] 14 de agosto de 2018 ás 10:15 (UTC)
#{{Concordo}} --[[Usuario:Chairego apc|Chairego apc]] ([[Conversa usuario:Chairego apc|conversa]]) 18 de agosto de 2018 ás 17:10 (UTC)
#{{Concordo}} --[[Usuario:Chairego apc|Chairego apc]] ([[Conversa usuario:Chairego apc|conversa]]) 18 de agosto de 2018 ás 17:10 (UTC)
#{{Concordo}} --[[Usuario:Atobar|Atobar]] <sup>([[Conversa Usuario:Atobar|conversa comigo]])</sup> 18 de agosto de 2018 ás 17:47 (UTC)


===En contra===
===En contra===

Revisión como estaba o 18 de agosto de 2018 ás 17:47

Votación para acordar o sistema de elección de Administradores da interface, un novo grupo creado para separar as capacidades de edición de páxinas CSS e JavaScript do resto de permisos habituais outorgados os administradores tradicionais. Defínese nesta proposta o proceso, os criterios de avaliación e requisitos para presentacións de candidaturas e o sistema de revogación por actividade, todos eles adaptados da actual política.

A maiores propóñense dúas enmendas á actual política de Wikipedia:Elección de administradores (e por extensión Wikipedia:Elección de burócratas), relacionadas coa revogación por inactividade e coas fechas permitidas para a presentación de candidaturas.

Novo grupo: Administradores da interface

Proceso de elección

O proceso e sistema de proposta/votación/elección será o mesmo que o aplicado actualmente para os administradores e burócratas, coas particularidades indicadas a continuación:

  • O permiso de administrador da interface pode solicitarse de forma complementaria ó permiso de administrador habitual, é dicir, presentando unha candidatura para administrador e administrador da interface. A valoración e votación faráse en este caso para os dous permisos en conxunto, e o resultado aplicará para ámbolos dous permisos.
  • Tamén se pode presentar unha candidatura só para o permiso de administrador da interface, ben por parte de alguén que xa sexa administrador ou ben por parte de un usuario autoconfirmado que cumpra os requisitos particulares para este permiso.
Criterios

Os requisitos e criterios para presentar unha candidatura a administrador da interface serán os mesmos que para os actuais administradores, coas seguintes particularidades.

  • Non é particularmente necesario que o usuario teña participado activamente no proceso de categorización, pero si é valorable as capacidades e coñecementos técnicos relacionados cos modelos, táboas, código html, módulos e outros elementos técnicos presentes no sistema de edición MediaWiki.
  • O candidato debe poder demostrar coñecementos técnicos de CSS/JS, mediante edicións pasadas nesta ou outras wikis, participacións en conversas técnicas relacionadas ou dalgunha outra forma curricular.
  • O candidato debe asegurarse de ter unha conta segura cun contrasinal forte e un bo entendemento do concepto de seguridade de contas persoais.
Inactividade

Para a revogación por inactividade deste permiso, enténdese por inactividade:

  • A ausencia total da Wikipedia en galego durante un ano. Isto é, non facer ningunha edición no último ano, en calquera dos espazos de nomes.


A favor

  1. Concordo Banjo tell me 10 de agosto de 2018 ás 18:16 (UTC)[responder]
  2. Concordo--HacheDous=0 (conversa) 11 de agosto de 2018 ás 08:39 (UTC) Creo que é bo que estea separado, require uns mínimos coñecementos técnicos que non son precisos para ser un administrador "normal".[responder]
  3. Concordo--. HombreDHojalata.conversa 11 de agosto de 2018 ás 09:37 (UTC)[responder]
  4. Concordo --Chairego apc (conversa) 18 de agosto de 2018 ás 17:12 (UTC)[responder]

En contra

  1. Discordo Síntoo, eu penso que non é necesario. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 10 de agosto de 2018 ás 20:23 (UTC)[responder]
  2. Discordo Agremon 11 de agosto de 2018 ás 19:29 (UTC)[responder]
  3. Discordo Eu incluiría xente que aínda que non teña coñecementos ten interese e/ou compromiso por aprendelo, sobre todo se ten un asesor/titor, e darlle un período, e quitarllo se monta un estropicio (como Elisardo o outro día, hi, hi). Dígoo por que sei que a programación apréndese na práctica. ※ Sobreira ►〓 parlez 14 de agosto de 2018 ás 10:20 (UTC)[responder]

Neutros

Comentarios

Inactividade de administradores/Burócratas

Para a revogación por inactividade dos administradores tradicionais e dos burócratas, proponse cambiar o concepto de inactividade nestos casos ó seguinte:

Enténdese a inactividade como:
  • A ausencia total da Wikipedia en galego durante un ano. Isto é, non facer ningunha edición ou acción administrativa no último ano, en calquera dos espazos de nomes.
  • A infrautilización das ferramentas de administración. Isto é, non realizar máis de cincuenta accións administrativas na Wikipedia en galego durante un período de dous anos.

Engádese a cláusula de 50 accións administrativas en dous anos, baseando o número e período de tempo no criterio que aplican outras wikis.

En caso de aprobarse, realizaríase unha primeira revisión contando a partir do momento de aprobación da política, comezando polo aviso de un mes de antelación a partir dese momento.

A favor

  1. Concordo Banjo tell me 10 de agosto de 2018 ás 18:16 (UTC)[responder]
  2. Concordo --Elisardojm (conversa) 10 de agosto de 2018 ás 20:24 (UTC)[responder]
  3. Concordo--MAGHOI (conversa) 10 de agosto de 2018 ás 22:59 (UTC)[responder]
  4. Concordo--HacheDous=0 (conversa) 11 de agosto de 2018 ás 08:40 (UTC)[responder]
  5. Concordo--. HombreDHojalata.conversa 11 de agosto de 2018 ás 09:36 (UTC)[responder]
  6. Concordo Agremon 11 de agosto de 2018 ás 19:32 (UTC)[responder]
  7. ConcordoSobreira ►〓 parlez 14 de agosto de 2018 ás 10:15 (UTC)[responder]
  8. Concordo --Chairego apc (conversa) 18 de agosto de 2018 ás 17:10 (UTC)[responder]
  9. Concordo --Atobar (conversa comigo) 18 de agosto de 2018 ás 17:47 (UTC)[responder]

En contra

Neutros

Comentarios

Períodos de presentación de candidaturas

Proponse ELIMINAR a seguinte cláusula das políticas de elección de administradores (tradicionais e da interface) e burócratas

Non se poderán presentar candidaturas nos meses de xullo e de agosto, nin entre o 20 de decembro e o 6 de xaneiro, nin entre o Domingo de Ramos e o Luns de Pascua, por seren momentos do ano en que moitos usuarios non están activos.

Por experiencia persoal isto non é especialmente certo na maioría dos casos. Entendendo que estes coinciden cos períodos habituais de vacacións da maioría de traballadores, e no seu momento puido ter máis relevancia, pero agora mesmo é debatiblemente demonstrable que actividade ou inactividade dos usuarios depende de moitos outros máis factores e este non xoga especialmente un papel moi relevante. A estas alturas a maioría dos colaboradores, aínda que non esteñan moi activos nunha determinada época, estean de vacacións ou non teñan un ordenador á man, terán de seguro acceso a un dispositivo móbil con acceso a Internet que lles permita recibir notificacións de novas propostas e participar nas mesmas, independientemente de cando se propoñan.

A favor

  1. Concordo Banjo tell me 10 de agosto de 2018 ás 18:16 (UTC)[responder]
  2. Concordo --Elisardojm (conversa) 10 de agosto de 2018 ás 20:24 (UTC)[responder]
  3. Concordo--HacheDous=0 (conversa) 11 de agosto de 2018 ás 08:40 (UTC)[responder]
  4. Concordo--. HombreDHojalata.conversa 11 de agosto de 2018 ás 09:36 (UTC)[responder]
  5. Concordo Agremon 11 de agosto de 2018 ás 19:34 (UTC)[responder]
  6. Concordo--MAGHOI (conversa) 12 de agosto de 2018 ás 22:30 (UTC)[responder]
  7. Concordo --Chairego apc (conversa) 18 de agosto de 2018 ás 17:11 (UTC)[responder]

En contra

Neutros

  1. Neutro Non che sei como inflúe o argumento do móbil, que tampouco é universal. A xente non estará activa por estar de vacacións, non por non estar conectada. ※ Sobreira ►〓 parlez 14 de agosto de 2018 ás 10:15 (UTC)[responder]

Comentarios