Historia de Exipto: Diferenzas entre revisións
m robot Añadido: nn:Egyptisk historie |
m robot Añadido: hu:Egyiptom történelme |
||
Liña 46: | Liña 46: | ||
[[fr:Histoire de l'Égypte]] |
[[fr:Histoire de l'Égypte]] |
||
[[he:היסטוריה של מצרים]] |
[[he:היסטוריה של מצרים]] |
||
[[hu:Egyiptom történelme]] |
|||
[[it:Storia dell'Egitto]] |
[[it:Storia dell'Egitto]] |
||
[[ja:エジプトの歴史]] |
[[ja:エジプトの歴史]] |
Revisión como estaba o 25 de setembro de 2007 ás 01:23
A historia de Exipto coñécese de maneira practicamente ininterrumpida desde hai máis de 5000 anos, o que fai dela a de maior duración da humanidade.
Serie de artigos sobre a
|
Historia de Exipto |
Historia do Exipto Antigo |
O Exipto grecorromano |
O Exipto árabe |
O Exipto otomán |
Muhammad Alí e os seus sucesores |
Historia do Exipto contemporáneo |
Antigo Exipto
- Artigo principal: Historia do Exipto Antigo
Os primeiros tempos históricos son os do Exipto faraónico, unha civilización formada a finais do IV Milenio, no final do Neolítico, arredor do cultivo que permitían as crecidas periódicas do Nilo. Esta é a civilización que construíu as pirámides.
Período greco-romano
- Artigo principal: Historia do Exipto greco-romano
O declinio deste imperio a partir do I Milenio permitiu que fose conquistado por potencias estranxeiras e, finalmente polos gregos no 332 a.C. e polos romanos no 30 a.C. No Exipto dos primeiros séculos da Era Cristiá fermentaron algúns movementos decisivos no futuro do cristianismo, como o eremitismo, e a súa teoloxía desenvolveuse profundamente desde Alexandría.
Conquista árabe
- Artigo principal: Historia do Exipto árabe até o Imperio Otomano
Coa conquista de Exipto polos árabes en 641, deuse outra mudanza substancial, xa que pasou a facer integral parte do mundo árabe. Pertenceu a sucesivos califatos e dinastías de diversas orixes até ser conquistado polos otomanos en 1517.
Imperio Otomano
- Artigo principal: Historia do Exipto otomano
Exipto resultou sempre unha provincia difícil de controlar e estivo baixo o control dos semi-autónomos mamelucos até ser conquistada polos franceses en 1798.
Muhammad Alí e os seus sucesores
- Artigo principal: Historia do Exipto baixo Muhammad Alí e os seus sucesores
Muhammad Alí modernizou Exipto e elevouno á categoría de potencia rexional, o que lle permitiu funcional de maneira moi autónoma dentro do Imperio Otomano. Os gobernantes que o seguiron avanzaron na modernización mais levaron ao país á bancarrota, permitindo así a intervención do Reino Unido.
O Exipto contemporáneo
- Artigo principal: Historia do Exipto contemporáneo
Entre 1882 e 1992, Exipto foi unha colonia do Imperio Británico. Nesta data concedéuselle a independencia, que non foi efectiva (coa retirada das tropas británicas) até 1952, cando os "oficiais libres", liderados por Gamal Abdel Nasser, destronaron ao rei Farouk.
Véxase tamén
Ligazóns externas
A Civilización Exipcia - O Exipto Antigo