Uxía de Alexandría: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Etiqueta: edición de código 2017
m →‎top: Arranxos varios, replaced: |thumb| → |miniatura|
Liña 1: Liña 1:
{{biografía}}
{{biografía}}
[[Ficheiro:Saint Eugenia.jpg|dereita|200px|thumb|Santa Uxía]]
[[Ficheiro:Saint Eugenia.jpg|dereita|200px|miniatura|Santa Uxía]]

'''Santa Uxía''' (coñecida por veces coma Santa Euxenia ou Euxea) foi unha [[mártir]] [[Cristianismo|cristiá]] nada na antiga [[Roma]] do [[século III]] e finada en Roma ou [[Alexandría]] en 258, venerada pola [[Igrexa católica]] e a [[Igrexa ortodoxa]], cuxa festividade celébrase o [[23 de decembro|23]] e [[24 de decembro]], respectivamente. A súa [[haxiografía]] inclúese na [[Lenda dourada]]. O seu culto é moi antigo, e tornouse moi popular por relatos de fabulosas milagres espalladas en varias linguas.<ref>''BHL'', II, p. 1051, nn. 6975-6977.</ref> En Galicia é patroa de numerosas parroquias (Véxase: [[:Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de Santa Uxía|Parroquias de Galicia baixo a advocación de Santa Uxía]]).

Revisión como estaba o 12 de agosto de 2018 ás 19:07

Infotaula de personaUxía de Alexandría

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(el) Ευγενια Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacementovalor descoñecido Editar o valor em Wikidata
Roma Editar o valor em Wikidata
Mortec. 25 de decembro de 262 Editar o valor em Wikidata
Roma Editar o valor em Wikidata
Causa da morteDecapitación Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeRoma Antiga Editar o valor em Wikidata
Período de tempoImperio Romano Editar o valor em Wikidata
Enaltecemento
Día de festividade relixiosa25 de decembro Editar o valor em Wikidata
Santa Uxía

Santa Uxía (coñecida por veces coma Santa Euxenia ou Euxea) foi unha mártir cristiá nada na antiga Roma do século III e finada en Roma ou Alexandría en 258, venerada pola Igrexa católica e a Igrexa ortodoxa, cuxa festividade celébrase o 23 e 24 de decembro, respectivamente. A súa haxiografía inclúese na Lenda dourada. O seu culto é moi antigo, e tornouse moi popular por relatos de fabulosas milagres espalladas en varias linguas.[1] En Galicia é patroa de numerosas parroquias (Véxase: Parroquias de Galicia baixo a advocación de Santa Uxía).

Haxiografía

Uxía era filla dun nobre romano, Filippo, que foi nomeado prefecto de Exipto polo emperador Galieno, polo que se trasladou a Alexandría coa súa familia, a súa dona Claudia, Uxía e mailos seus irmáns Serxio e Avito. Aló Uxía converteuse ao cristianismo cos seus esclavos Proto e Xacinto. Como consagrara secretamente a súa virxinidade a Deus, fuxiu da súa casa vestida de home para evitar o seu casamento concertado co mozo Aquilino, fillo do cónsul, e baixo falsa identidade ingresou nun mosteiro masculino.

Siguiu finxindo ser home e co tempo chegou a ser abade e a súa sona estendeuse dentro e fóra do convento. Daquela, unha nobre romana chamada de Melanzia intentou seducilo, mais ao ser rexeitada por despecho acusouno de intentar abusar dela. No xuízo, presidido polo seu propio pai, para demostrar a súa inocencia tivo que revelar a súa verdadeira identidade. Tras reencontrar á súa filla perdida o seu pai se convertería tamén ao cristianismo.

Foi mandada decapitar polo prefecto de Alexandría Nicezio un 25 de decembro.[2] e foi sepultada na vía Latina.[3]

Influencias modernas

É recoñecida pola moderna comunidade LGBT coma un exemplo de santo transxénero, particularmente reflectida na obra de 1996 de Lorae Parry, Eugenia, sobre unha inmigrante italiana para a Nova Zelandia no século XX que vive como un home.[4]

Notas

  1. BHL, II, p. 1051, nn. 6975-6977.
  2. Bibliotheca Sanctorum, vol. V, coll. 181-183, voce a cura di Gian Domenico Gordini.
  3. G.B. De Rossi, RSC, I, pp. 180-181.
  4. Parry, Lorae. 1996. Eugenia. Wellington: Victoria University Press.

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos