Organización Nacional de Transplantes: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Xoio (conversa | contribucións)
arranxiño
Xoio (conversa | contribucións)
arranxiño
Liña 29: Liña 29:
Desde entón fíxose necesaria a regulación legal desta práctica, que chegou coa Lei de transplantes (Lei 30/1979)<ref>{{cita web|autor=Boletín Oficial del Estado|título=Texto íntegro de la ley|url=http://www.boe.es/boe/dias/1979/11/06/pdfs/A25742-25743.pdf|dataacceso=10 de agosto de 2018}}</ref> e o Real Decreto 426/1980,<ref>{{cita web|autor=Boletín Oficial del Estado|título=Texto íntegro del Real Decreto|url=http://www.boe.es/boe/dias/1980/03/13/pdfs/A05705-05707.pdf|dataacceso=10 de agosto de 2018}}</ref> que xa daquela recoñecía o anonimato do doador e a carencia de lucro na práctica da extracción de órganos, entre outras disposicións.

Na década de 1980, novos órganos engadíronse á oferta dos [[hospital|hospitais]], concretamente [[fígado]], [[corazón]] e [[páncreas]]. Cando era necesario desprazarse a outra localidade para obtener o órgano, o [[Hospital Puerta de Hierro]] utilizaba os avións ''Mystère'' subministrados polo [[Exército do Aire de España|Exército do Aire]], práctica que acabou estendéndose paulatinamente a outros hospitales. Porén, a finais desta década, houbo un gran descenso da oferta de órganos e un incremento dos candidatos para transplante, debido á pouca coordinación interrexional; por outro lado, en [[Cataluña]] estabeceuse unja oficina que centralizaba os servizos de distribución de órganos.<ref name=":0" />
Na década de 1980, novos órganos engadíronse á oferta dos [[hospital|hospitais]], concretamente [[fígado]], [[corazón]] e [[páncreas]]. Cando era necesario desprazarse a outra localidade para obtener o órgano, o [[Hospital Puerta de Hierro]] utilizaba os avións ''Mystère'' subministrados polo [[Exército do Aire de España|Exército do Aire]], práctica que acabou estendéndose paulatinamente a outros hospitais. Porén, a finais desta década, houbo un gran descenso da oferta de órganos e un incremento dos candidatos para transplante, debido á pouca coordinación interrexional; por outro lado, en [[Cataluña]] estabeceuse unja oficina que centralizaba os servizos de distribución de órganos.<ref name=":0" />

Para paliar estes graves efectos, o [[Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade de España|Ministerio de Sanidade e Consumo]] creou en [[1989]] a Organización Nacional de Transplantes no edificio do Hospital del Rey. Desde aquel momento, considérase que o panorama dos transplantes mellorara co nomeamento dos "coordinadores autonómicos", que organizaban os trámites sanitarios dentro das súas respectivas [[comunidade autónoma|comunidades autónomas]] e formaban a Comisión de Transplantes do Consello Interterritorial. A oficina central, que reunía todas as competencias que posúe hoxe en día, non se implantou até o [[1 de setembro]] de [[1990]].<ref name=":0" /> Desde entón, aínda que a misión fundamental da organización non cambiou, houbo varias alteracións na lei de extracción e transplante de órganos orixinal.

Revisión como estaba o 10 de agosto de 2018 ás 21:40

Organización Nacional de Transplantes
Logotipo
Fundación1989
DirectoraBeatriz Domínguez-Gil
Orzamento4,06 M€ (2017).[1]
http://www.ont.es/

A Organización Nacional de Transplantes (ONT) é un organismo público español encargado dos asuntos relacionados con transplantes de órganos. A súa directora é a doutora Beatriz Domínguez-Gil, que substituíu en 2017 ao promotor e creador da organización, o doutor Rafael Matesanz, tras máis de 28 anos á fronte do mesmo.[2]

Obxectivos

É un organismo coordinador de carácter técnico, fundado en 1989 e pertencente ao Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, encargado de desenvolver as funcións relacionadas coa obtención e utilización clínica de órganos, tecidos e células. Tras a súa creación, España pasou de 14 doadores por millón de población (pmp) a 39,7 doadores pmp en 2015, pasando de estar na parte media-baixa dos índices de doazón en Europa a ser o líder mundial.[3]

O seu principal obxectivo é a promoción da doazón altruísta co fin de que o cidadán español que necesite un transplante teña as maiores e mellores posibilidades de conseguilo. Para levar a cabo ditas funcións actúa como unha unidade técnica operativa, coordinando e facilitando as actividades de doaxón, extracción, preservación, distribución, intercambio e transplante de órganos, tecidos e células no conxunto d Sistema Nacional de Saúde.

Historia

Antes da creación da organización, o primeiro transplante realiazado con éxito en España foi en 1965, de ril, levado a cabo polos doutores Gil Vernet e Caralps (do Hospital Clínic i Provincial de Barcelona) e os doutores Alférez e Hernando (da Fundación Jiménez Díaz de Madrid).[4]

Desde entón fíxose necesaria a regulación legal desta práctica, que chegou coa Lei de transplantes (Lei 30/1979)[5] e o Real Decreto 426/1980,[6] que xa daquela recoñecía o anonimato do doador e a carencia de lucro na práctica da extracción de órganos, entre outras disposicións.

Na década de 1980, novos órganos engadíronse á oferta dos hospitais, concretamente fígado, corazón e páncreas. Cando era necesario desprazarse a outra localidade para obtener o órgano, o Hospital Puerta de Hierro utilizaba os avións Mystère subministrados polo Exército do Aire, práctica que acabou estendéndose paulatinamente a outros hospitais. Porén, a finais desta década, houbo un gran descenso da oferta de órganos e un incremento dos candidatos para transplante, debido á pouca coordinación interrexional; por outro lado, en Cataluña estabeceuse unja oficina que centralizaba os servizos de distribución de órganos.[4]

Para paliar estes graves efectos, o Ministerio de Sanidade e Consumo creou en 1989 a Organización Nacional de Transplantes no edificio do Hospital del Rey. Desde aquel momento, considérase que o panorama dos transplantes mellorara co nomeamento dos "coordinadores autonómicos", que organizaban os trámites sanitarios dentro das súas respectivas comunidades autónomas e formaban a Comisión de Transplantes do Consello Interterritorial. A oficina central, que reunía todas as competencias que posúe hoxe en día, non se implantou até o 1 de setembro de 1990.[4] Desde entón, aínda que a misión fundamental da organización non cambiou, houbo varias alteracións na lei de extracción e transplante de órganos orixinal.

Premios

Notas

  1. Presupuestos Generales del Estado.
  2. "Beatriz Domínguez-Gil, nueva directora de la ONT en sustitución de Matesanz". ABC (en castelán). Consultado o 10 de agosto de 2018. 
  3. "13 trasplantes al día en España". El Mundo (en castelán). Consultado o 10 de agosto de 2018. 
  4. 4,0 4,1 4,2 ont.es. "Historia de los trasplantes". Consultado o 10 de agosto de 2018. 
  5. Boletín Oficial del Estado. "Texto íntegro de la ley" (PDF). Consultado o 10 de agosto de 2018. 
  6. Boletín Oficial del Estado. "Texto íntegro del Real Decreto" (PDF). Consultado o 10 de agosto de 2018. 
  7. premiosprincipe.es. "Acta del Jurado". Consultado o 10 de agosto de 2018. 

Véxase tamén

Outros artigos

Liagazóns externas