Holanda Setentrional: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Cambio o modelo: Outroshomónimos
update
Liña 21: Liña 21:
| goberno = [[Provincias dos Países Baixos|Provincie]]
| goberno = [[Provincias dos Países Baixos|Provincie]]
| dirixentes_títulos = Comisario da Raíña
| dirixentes_títulos = Comisario da Raíña
| dirixentes_nomes = Harry Borghouts ([[Esquerda Verde dos Países Baixos|GL]])
| dirixentes_nomes = Johan Remkes ([[VVD]])
| fundación = Fundación
| fundación = Fundación
| fundación_fitos =
| fundación_fitos =

Revisión como estaba o 9 de agosto de 2018 ás 08:31

Modelo:Primeira entidade subestatal Holanda do Norte (neerlandés: Noord-Holland) é unha das doce provincias que conforman o Reino dos Países Baixos. Está situada no noroeste do país e súa capital provincial é de Haarlem. A cidade máis importante da rexión, e capital do país, é Ámsterdan.

Xeografía

Holanda Setentrional é unha gran península entre o Mar do Norte e o IJsselmeer. Máis da metade da provincia consiste en terras gañadas ao mar, ou pólder, situadas baixo o nivel do mar.

As cidades máis grandes da provincia son Ámsterdan, Haarlem, Hilversum, Den Helder, Alkmaar, Zaandam e Hoorn. A illa de Texel é tamén parte de holanda Setentrional, e ten invitado ás illas de Bonaire, Saba e San Eustaquio nas Antillas Neerlandesas para que formen parte do Estado, máis ningunha decisión se ten tomado até o momento.

Holanda Setentrional constitúe unha rexión do sistema de códigos da Organización Internacional para a Estandarización, co código ISO 3166-2: NL-NH.

Historia

As provincias de Holanda Setentrional e Holanda Meridional naceron en en 1840 da división da antiga provincia de Holanda. En 1940 cedeu as illas de Vlieland e Terschelling á provincia de Frisia. En 1950, a antiga illa de Urk cedeuse á provincia de Overijssel. Na época das Provincias Unidas, a provincia de Holanda recibía o nome de provincia de Holanda e Frisia Occidental, en referencia á conquista desa parte de Frisia na Idade Media. O escudo de Holanda Setentrional aínda consiste nas armas de Holanda e Frisia combinadas.

Municipios

Holanda Setentrional divídese en 64 municipios:

1 Municipios de Frisia Occidental

Frisia Occidental

Frisia Occidental é unha rexión de Holanda Setentrional (non da provincia de Frisia). Componse dos municipios de Alkmaar, Andijk, Drechterland, Enkhuizen, Harenkarspel, Heerhugowaard, Hoorn, Langedijk, Medemblik, Niedorp, Noorder-Koggenland, Obdam, Opmeer, Schagen, Stede Broec, Wervershoof, Wester-Koggenland e Wognum.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas