Hospital de San Roque de Santiago de Compostela: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Xoio (conversa | contribucións)
arranxiño
Xoio (conversa | contribucións)
arranxiño
Liña 13: Liña 13:
[[Ficheiro:Antigo Hospital de San Roque, Santiago de Compostela (4471289592).jpg|miniatura|300px|Claustro do Hospital.]]
[[Ficheiro:Antigo Hospital de San Roque, Santiago de Compostela (4471289592).jpg|miniatura|300px|Claustro do Hospital.]]

Terminado en [[1583]],<ref name=ST/> o hospital foi inaugurado en [[1578]] polo [[arcebispo]] [[Francisco Blanco]] para acolller aos afectados polas terríbeis [[epidemia]]s de [[peste]] que asolaron a cidade no século XVI,<ref name=TG>[http://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/26286/antigo-hospital-de-san-roque?langId=es_ES&tp=9&ctre=39 Antigo Hospital de San Roque], en Turismo.gal.</ref> dedicándose a [[Roque de Montpellier|San Roque]] por ser este un dos santos máis invocados para protexer contra esta [[enfermidade]].<ref name=ST/>
Terminado en [[1583]],<ref name=ST/> o hospital foi inaugurado en [[1578]] polo [[arcebispo]] [[Francisco Blanco]] para acoller aos afectados polas terríbeis [[epidemia]]s de [[peste]] que asolaron a cidade no século XVI,<ref name=TG>[http://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/26286/antigo-hospital-de-san-roque?langId=es_ES&tp=9&ctre=39 Antigo Hospital de San Roque], en Turismo.gal.</ref> dedicándose a [[Roque de Montpellier|San Roque]] por ser este un dos santos máis invocados para protexer contra esta [[enfermidade]].<ref name=ST/>

O deseño do edificio encargouse a [[Gaspar de Arce]], [[mestre de obras]] da [[Catedral de Santiago de Compostela|Catedral de Santiago]]. Da súa antiga traza só conserva a [[portada]] [[renacentista]], xa que foi reedificado na segunda metade do século XVIII.<ref name=ST/> A súa estrutura conta cunha planta rectangular e un claustro.<ref name=TG/> Destaca pola súa gran sobriedade e as súas liñas simples. A [[fachada]] segue a estrutura dun [[arco de triunfo]]: sobre as [[pilastra]]s toscanas levántase un [[arco de medio punto]] apoiado en [[imposta]]s. A continuación, un [[entablamento]] sobre o que se ergue un segundo corpo de menores proporcións. Remata cun [[Frontón (arquitectura)|frontón]] triangular sobre unhas delgadas pilastras que enmarcan dúas fornelas coas figuras dos santos [[Cosme e Damián]], os imáns xemelgos que practicaban a [[medicina]] gratuitamente.<ref name=TG/>

Revisión como estaba o 7 de agosto de 2018 ás 15:07

Coordenadas: 42°53′0.2″N 8°32′30.09″O / 42.883389, -8.5416917

Portada do Hospital.

O Antigo Hospital de San Roque de Santiago de Compostela é un edificio orixinario do século XVI, que foi reformado no XVIII.

Na actualidade, e tras da súa compra pola Xunta de Galicia e a súa rehabilitación a finais do século XX, o edifcio serve de sede a diversas institucións culturais da cidade.

Localización

Está situado no alto da rúa das Rodas, onde comeza a rúa de San Roque, no nº 2 desta rúa.[1]

Historia

Un hospital do século XVI

Claustro do Hospital.

Terminado en 1583,[1] o hospital foi inaugurado en 1578 polo arcebispo Francisco Blanco para acoller aos afectados polas terríbeis epidemias de peste que asolaron a cidade no século XVI,[2] dedicándose a San Roque por ser este un dos santos máis invocados para protexer contra esta enfermidade.[1]

O deseño do edificio encargouse a Gaspar de Arce, mestre de obras da Catedral de Santiago. Da súa antiga traza só conserva a portada renacentista, xa que foi reedificado na segunda metade do século XVIII.[1] A súa estrutura conta cunha planta rectangular e un claustro.[2] Destaca pola súa gran sobriedade e as súas liñas simples. A fachada segue a estrutura dun arco de triunfo: sobre as pilastras toscanas levántase un arco de medio punto apoiado en impostas. A continuación, un entablamento sobre o que se ergue un segundo corpo de menores proporcións. Remata cun frontón triangular sobre unhas delgadas pilastras que enmarcan dúas fornelas coas figuras dos santos Cosme e Damián, os imáns xemelgos que practicaban a medicina gratuitamente.[2]

Do interior cabe resaltar o fermoso claustro de dúas galerías, con catro arcos en cada lado que descansan sobre columnas dóricas.[1] [2]

No seu interior acolle un dos máis importantes retablos de Simón Rodríguez.[1]

Igrexa do século XVIII

Formando conxunto co hospital, está a Igrexa de San Roque (ou Capela de San Roque), de planta tamén rectangular e de estilo barroco.[1]

No seu interior acolle un dos máis importantes retablos de Simón Rodríguez.[1]

En tempos modernos

Cando deixou de exercer a súa función hospitalaria foi convertido en residencia do bispo auxiliar da arquidiocese.[Cómpre referencia] Tras da súa adquisición pola Xunta de Galicia, o edificio foi sometido nos últimos anos do século XX a unha profunda rehabilitación e adaptación funcional, a fin de dotalo de espazos adecuados para os depósitos bibliográficos e o desenvolvemento de actividades de carácter científico e cultural. As novas instalacións foron inauguradas o 14 de febreiro de 2001.[3]

Na actualidade serve de sede a diversas institucións culturais da cidade: a Secretaria Xeral de Política Lingüística, o Centro Ramón Piñeiro;[2] desde o ano 2002 acolle tamén ao Instituto Padre Sarmiento (C.S.I.C.),[3] e desde a súa fundación, en 2004, é a sede da Academia de Farmacia de Galicia.[4]

No seu interior pódese ver a maqueta da Cidade da Cultura, de Peter Eisenman. Deixando a un lado o seu pequeno xardín, chégase ao conxunto formado polas contrastadas arquitecturas do Centro Galego de Arte Contemporánea e do Convento de San Domingos de Bonaval, que conforman un estreito pasadizo a través do que se accede ao parque de San Domingos de Bonaval.[5]

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas