Zacharias Werner: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Johann Wolfgang von Goethe
m Bot: Substitución da categoría "Sacerdotes da Igrexa Católica Latina" pola categoría "Sacerdotes da Igrexa católica latina"
 
Liña 37: Liña 37:


{{ORDENAR:Werner, Zacharias}}
{{ORDENAR:Werner, Zacharias}}

[[Categoría:Escritores en lingua alemá]]
[[Categoría:Escritores en lingua alemá]]
[[Categoría:Nados en Kaliningrado]]
[[Categoría:Nados en Kaliningrado]]
Liña 43: Liña 44:
[[Categoría:Sacerdotes católicos de Alemaña]]
[[Categoría:Sacerdotes católicos de Alemaña]]
[[Categoría:Alumnos da Universidade de Königsberg]]
[[Categoría:Alumnos da Universidade de Königsberg]]
[[Categoría:Sacerdotes da Igrexa Católica Latina]]
[[Categoría:Sacerdotes da Igrexa católica latina]]

Revisión actual feita o 6 de agosto de 2018 ás 20:58

Zacharias Werner
Nome completoFriedrich Ludwig Zacharias Werner
Nacemento18 de novembro de 1768 e 1768
Lugar de nacementoKönigsberg
Falecemento17 de xaneiro de 1823 e 1823
Lugar de falecementoViena
NacionalidadeReino de Prusia
EtniaPobo alemán
RelixiónIgrexa católica
Alma máterUniversidade de Königsberg
Ocupaciónpoeta, escritor, dramaturgo, poeta avogado e sacerdote
Na rede
Musicbrainz: 32e7804f-433a-47b6-964a-adbbe653ecde IMSLP: Category:Werner,_Zacharias Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Friedrich Ludwig Zacharias Werner, nado en Königsberg (Prusia) o 18 de novembro de 1768 e finado en Viena o 17 de xaneiro de 1823, foi un poeta, dramaturgo e predicador alemán.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou Dereito na Universidade de Königsberg, e foi ás clases de Immanuel Kant. Na súa perspectiva vital recibiu tamén a influencia de Jean-Jacques Rousseau e os seus seguidores alemáns. Tivo unha vida irregular, cunha serie de matrimonios desgraciados. Con todo, o seu talento foi recoñecido axiña, e en 1793 converteuse en secretario de cámara da administración prusiana en Varsovia. En 1805 obtivo un despacho en Berlín, pero dous anos despois deixou a administración pública para comezar a viaxar.

No curso das súas viaxes, por correspondencia, coñeceu moitas figuras literarias eminentes da época, como Goethe en Weimar ou Germaine de Staël en Coppet. En 1811, en Roma uniuse á Igrexa católica. Foi ordenado sacerdote en 1814 en Aschaffenburg, e durante un tempo mudou a pluma polo púlpito, converténdose nun predicador popular en Viena, onde durante un congreso en 1814 os seus elocuentes sermóns foron escoitados por un nutrido público. Tempo despois foi nomeado sacerdote da catedral de Kaminiec.

Obras[editar | editar a fonte]

Martin Luther oder Die Weihe der Kraft, 1870.

Logrou levar as súas pezas aos escenarios, onde tiveron boa acollida. A ópera de Verdi Attila baséase no drama homónimo de Werner. A súa peza Der 24. Februar, chamada así pola data de defunción da súa nai e un amigo íntimo, introduciu a era das chamadas "traxedias do destino". Varios dos seus poemas dramáticos foron deseñados para evanxelizar membros da masonaría.

  • Vermischte Gedichte (1789)
  • Die Söhne des Thals (1803-1804)
  • Die Templer auf Cypern (1803)
  • Die Kreuzesbrüder (1804)
  • Das Kreuz an der Ostsee' (1806)
  • Die Brautnacht (1806)
  • Martin Luther oder die Weihe der Kraft (1806)
  • Attila (1808)
  • Wanda (1810)
  • Die Weihe der Unkraft (1813)
  • Der 24. Februar (1815)
  • Kunigunde die Heilige (1815)
  • Geistliche Übungen für drei Tage (1818)
  • Die Mutter der Makkabäer (1820)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]