Río Guadalquivir: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m →‎Galería de imaxes: Arranxos varios +cda
m Arranxiños
Liña 1: Liña 1:
{{Río
{{Río
| nome =
| imaxe =
| imaxe = [[Ficheiro:Río Guadalquivir Cordoba.jpg|250px]]
| lenda =
| lenda = Río Guadalquivir ao seu paso por [[Córdoba, España|Córdoba]].
| nace =
| nace =
| altitude da fonte = 1.400 msnm
| altitude da fonte = 1.400 msnm
Liña 11: Liña 10:
| desemboca = [[Océano Atlántico]]
| desemboca = [[Océano Atlántico]]
}}
}}
[[Ficheiro:Río Guadalquivir Cordoba.jpg|260px|miniatura|Río Guadalquivir ao seu paso por [[Córdoba, España|Córdoba]].]]

O '''río Guadalquivir''' é un río [[Andalucía|andaluz]]. O seu nome procede do [[Lingua árabe|árabe]] ''wadi al-Kabir'' ("río grande"), chamado Betis (''Baetis'') desde a era prerromana ata a invasión árabe.
O '''río Guadalquivir''' é un río [[Andalucía|andaluz]]. O seu nome procede do [[Lingua árabe|árabe]] ''wadi al-Kabir'' ("río grande"), chamado Betis (''Baetis'') desde a era prerromana ata a invasión árabe.
[[Ficheiro:Localizaci%C3%B3n_del_r%C3%ADo_Guadalquivir.png|dereita|250px|Situación do Guadalquivir.]]
[[Ficheiro:Localizaci%C3%B3n_del_r%C3%ADo_Guadalquivir.png|dereita|250px|Situación do Guadalquivir.]]

Revisión como estaba o 6 de agosto de 2018 ás 00:00

Río Guadalquivir
PaísEspaña
Lonxitude657 km
Conca59.978 km²
Caudal medio164,3 m³/s (ao seu paso por Sevilla)
DesembocaduraOcéano Atlántico
Río Guadalquivir ao seu paso por Córdoba.

O río Guadalquivir é un río andaluz. O seu nome procede do árabe wadi al-Kabir ("río grande"), chamado Betis (Baetis) desde a era prerromana ata a invasión árabe.

Situación do Guadalquivir.
Situación do Guadalquivir.

Percorrido

Nace no concello de Quesada, na serra de Cazorla, na provincia de Xaén, e desemboca en Sanlúcar de Barrameda (provincia de Cádiz) no océano Atlántico, pasando polas cidades de Sevilla e Córdoba. A súa lonxitude é de 657 km. É navegable desde a súa foz ata Sevilla, uns 80 km aproximadamente. Desde esta cidade ata o mar esténdese unha ampla chaira, coñecida como as marismas do Guadalquivir.

O Guadalquivir é o único río de España con tráfico fluvial significativo. Na actualidade só é navegable ata Sevilla. En tempos dos romanos era navegable ata Córdoba e mesmo ata Andújar. As augas do Guadalquivir viron pasar algunhas das civilizacións que determinaron o curso histórico da Península Ibérica, como os fenicios, tartesos, iberos, romanos ou árabes.

Afluentes

Pola beira esquerda: Guadiana Menor, Guadalbullón, Guadajoz, Genil, Corbones, Guadaira.

Pola beira dereita: Guadalimar, Jándula, Yeguas, Guadalmellato, Guadiato, Bembézar, Viar, Rivera de Huelva, e Guadiamar.

Localidades importantes nas beiras

Provincia de Xaén: Mengíbar, Villanueva de la Reina, Andújar, Marmolejo e Santo Tomé.

Provincia de Córdoba: Villa del Río, Montoro, El Carpio, Córdoba e Palma del Río.

Provincia de Sevilla: Peñaflor, Lora del Río, Villaverde del Río, Brenes, Alcalá del Río, La Rinconada, La Algaba, Camas, Sevilla, San Juan de Aznalfarache, Gelves, Coria del Río e La Puebla del Río.

Provincia de Cádiz: Sanlúcar de Barrameda e Trebujena.

Protección medioambiental

Na cabeceira da conca do Guadalviquir sitúase o Parque Nacional das Serras de Cazorla, Segura e Las Villas, nas que o río percorre uns 50 km, pero encadra ademais os vales altos doutros afluentes. No estuario da desembocadura, está asentado, en parte, o Parque nacional de Doñana.

Galería de imaxes