Saltar para o conteúdo

Diferenzas entre revisións de «Especiación»

m
Arranxos varios
(Retiro o aviso de revisión de ortografía)
m (Arranxos varios)
*[[Illamento reprodutivo]].
 
Se as barreiras chegan a desaparecer sen que transcorrese [[tempo]] suficiente para que se produza a especiación, ó xuntárense as [[Subespecie|subespeciessubespecie]]s formadas, pódense cruzar entre elas mesturándose así as variacións xenéticas que puideran experimentar ó longo de todo ese tempo.
 
A duración dos fenómenos de especiación non foi estimada na [[biosfera]] actual porque aínda non se viu aparecer unha nova especie en condicións naturais. Estimacións de especiacións moi numerosas en lapsos de tempo relativamente curtos foron realizadas nalgunhas [[illa]]s, como por exemplo en [[Hawai]] con [[Drosophila]], porén, semiespecies capaces de [[Híbrido (bioloxía)|hibridar]] parecen terse mantido en tal situación durante millóns de anos.
A variación e [[variabilidade xenética]] son aspectos moi importantes á hora de entender o concepto de especiación. No marco dunha simple especie ten moitas implicacións en case tódolos aspectos da [[bioloxía]], especialmente na interpretación das especies e os procesos de especiación. Este concepto refírese ós cambios que se producen no material xenético dunha [[poboación]] ou especie que poden estar causados por fenómenos como a [[mutación]], recombinacións ou alteracións no [[cariotipo]]. [[Taxonomía|Taxónomos]], [[Xenética|xenetistas]], [[Evolución|evolucionistas]] e [[Ecoloxía|ecólogos]] incrementaron o interese polo seu estudo en maior profundidade, xa que se pensa que a variación por debaixo do nivel específico encerra a clave para entender a orixe das especies.
 
O mantemento da variabilidade xenética é importante para a supervivencia das especies, xa que responde a unha variedade de forzas selectivas ambientais, dando lugar ó predominio de certos [[Xenotipo|xenotiposxenotipo]]s en poboacións de diferentes áreas ou tipos de [[hábitat]].
 
A variación xoga un papel central en moitas discusións sobre os mecanismos de especiación, especialmente na controversia referente ós modelos alopátrico e simpátrico. A principal diferenza de opinión reside en se as poboacións necesitan ou non estar xeograficamente separadas ou illadas antes de que a diferenciación ocorra.
*[[Etoloxía|Etolóxicos]]: entre os [[Animal|animais]], os individuos de distinto [[sexo]] realizan un cortexo ritual, en ocasións moi elaborado, que facilita o recoñecemento dos individuos da súa mesma especie e estimula o [[apareamento]]. Diferenzas mínimas no seu comportamento durante o cortexo poden conducir á falta de atracción entre os sexos.
*Mecánicos: relacionados coa diferenza no tamaño ou na configuración dos xenitais, que poden impedir o apareamento e, polo tanto, a fecundación (xenitalia en animais e [[flor]]es en [[Vexetal|vexetais]]).
*Gaméticos ou Fisiolóxicos: os [[Gameto|gametosgameto]]s, en particular os masculinos, poden ser destruídos antes da fecundación. Estes non sobreviven en tractos reprodutivos estraños. Nos vexetais é frecuente que os grans de [[pole]] non desenvolvan o [[tubo polínico]] sobre [[Estigma (botánica)|estigmas]] de flores doutra especie. No caso dos animais con fecundación externa, os gametos de especies diferentes non se atraen aínda que se atopen xuntos no medio. Tamén son frecuentes os cambios [[Cromosoma|cromosómicos]] que producen esterilidade ou inviabilidade dos híbridos.
 
=== Mecanismos postcigóticos ===
 
*Inviabilidade ou debilidade dos [[híbrido (bioloxía)|híbridos]].
*Esterilidade no desenvolvemento do híbrido porque as súas [[gónada]]s se desenvolven anormalmente ou porque a [[meiose]] se interrompe antes do seu remate. Exemplo: as [[Mula|mulasmula]]s ou as bestas.
*Esterilidade na segregación do híbrido, xa que son estériles porque presentan unha segregación anormal cara os gametos de cromosomas completos, de segmentos de cromosomas ou de combinacións de xenes.
*Desintegración da segunda xeración, sendo os híbridos da primeira xeración normais, vigorosos e fértiles, pero na segunda hai moitos individuos débiles ou estériles.
393.002

edicións