Pantaleón de Nicomedia: Diferenzas entre revisións
Sen resumo de edición |
m Arranxos varios |
||
Liña 10: | Liña 10: | ||
== Reliquias == |
== Reliquias == |
||
Seguindo a tradición numerosas igrexas afirman contar con reliquias do santo, as máis coñecidas son a [[basílica de Saint-Denis]] en [[París]] e a [[catedral do Porto]]. O seu brazo consérvase na [[ |
Seguindo a tradición numerosas igrexas afirman contar con reliquias do santo, as máis coñecidas son a [[basílica de Saint-Denis]] en [[París]] e a [[catedral do Porto]]. O seu brazo consérvase na [[igrexa de San Pantalon]] en [[Venecia]]; e a súa cabeza en [[Lión]]. O seu sangue conservábase orixinalmente nun único e gran recipiente custodiada na igrexa dedicada ao Santo en [[Ravello]] e máis tarde transladouse ao [[Duomo di Ravello|Duomo]] desa localidade. Os bispos de Ravello comezaron a doar pequenas cantidades a outras localidades, e así existen ampolas custodiadas en [[Constantinopla]], [[Montauro]], [[Martignano]], [[Limbadi]], [[Caiazzo]], na igrexa do Purgatorio de [[Lanciano]], na igrexa do Santísimo Salvador en [[Irsina]] e no [[mosteiro da Encarnación]] de [[Madrid]]. |
||
Aparece representado cunha pequena cruz e un escalpelo, ou ben, ao pé dunha oliveira ou figueira seca. |
Aparece representado cunha pequena cruz e un escalpelo, ou ben, ao pé dunha oliveira ou figueira seca. |
||
Liña 21: | Liña 21: | ||
{{Listaref}} |
{{Listaref}} |
||
{{control de autoridades}} |
{{control de autoridades}} |
||
[[Categoría:Santos (Catolicismo)]] |
[[Categoría:Santos (Catolicismo)]] |
||
[[Categoría:Venerados polas Igrexas Ortodoxas]] |
[[Categoría:Venerados polas Igrexas Ortodoxas]] |
Revisión como estaba o 5 de agosto de 2018 ás 21:12
Nome orixinal | (grc) Παντελεήμων |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 275 Nicomedia |
Morte | 27 de xullo de 305 (29/30 anos) Nicomedia |
Causa da morte | Decapitación |
Actividade | |
Ocupación | médico |
Período de tempo | Imperio Romano |
Enaltecemento | |
Día de festividade relixiosa | 27 de xullo |
Pantaleón foi un médico e mártir cristián, nado en Nicomedia a finais do século III e finado en 305. Para o cristianismo occidental é un dos catorce santos auxiliadores mentres para o oriental é un dos santos anárxiros. A súa festa é o 27 de xullo.
Haxiografía
Segundo a tradición haxiográfica, seu pai era o pagán Eustorxio, un podente cidadán de Nicomedia, e die Eubula, que o educou no cristianismo aínda que ao medrar arredouse da relixión, baixo a guía de Eufrosino estudou medicina e chegou a ser o médico persoal do emperador Galerio Maximiano.
Volveu ao cristianismo por mediación do presbítero Hermolao e, á morte de seu pai, entrou en posesión dunha gran fortuna e a denteira fixo que o denunciasen durante a persecución de Diocleciano mais este non lle desexaba mal ningún e intentou convencelo para que abxurase. Así e todo, Pantaleón confesou abertamente a súa fe e como proba de ser Xesús o verdadeiro deus curou un paralítico, secasí o emperador sentenciouno a morte. Primeiro intentaron queimalo, mais o lume apagouse, deseguido mergullárono en chumbo derretido pero milagrosamente arrefriou. Despois guindárono ao mar cunha pedra atada no pescozo, pero a pedra comezou a aboiar. Máis adiante intentárono con feras pero no canto de esnaquizalo agarimábano, seguidamente amarrárono a unha roda pero as cordas e a roda quebraron. Fíxose unha tentativa de escabezalo, mais a espada alombábase. Reiteradamente Pantaleón oraba a Deus para que perdoase os seus verdugos. Finalmente feneceu, logo de dar o seu consentimento, ao escabezalo baixo unha figueira seca que floreceu ao recibir o seu sangue.
Os textos haxiográficos que conteñen eses acontecementos milagreiros son serodios e con pouco valor[1]. Existen testemuños da súa verenación no século V, entre outros o sermón dos mártires de Teodoreto (finado c. 460);[2] Procopio de Cesarea (finado c. 562) afirma en De aedificiis Justiniani que o emperador Xustiniano I reedificou un santuario dedicado a Pantaleón en Nicomedia; e hai unha mención á súa figura no Martyrologium Hieronymianum.
Reliquias
Seguindo a tradición numerosas igrexas afirman contar con reliquias do santo, as máis coñecidas son a basílica de Saint-Denis en París e a catedral do Porto. O seu brazo consérvase na igrexa de San Pantalon en Venecia; e a súa cabeza en Lión. O seu sangue conservábase orixinalmente nun único e gran recipiente custodiada na igrexa dedicada ao Santo en Ravello e máis tarde transladouse ao Duomo desa localidade. Os bispos de Ravello comezaron a doar pequenas cantidades a outras localidades, e así existen ampolas custodiadas en Constantinopla, Montauro, Martignano, Limbadi, Caiazzo, na igrexa do Purgatorio de Lanciano, na igrexa do Santísimo Salvador en Irsina e no mosteiro da Encarnación de Madrid.
Aparece representado cunha pequena cruz e un escalpelo, ou ben, ao pé dunha oliveira ou figueira seca.
É avogoso dos que teñen dores de cabeza, dos tuberculosos e contra da praga de lagosta[3]
En Galicia é titular de dúas parroquias, San Pantaleón das Viñas e mais San Pantaleón de Cabanas.
Notas
- ↑ Klemens, Löffler (1911). "St. Pantaleon". The Catholic Encyclopedia 11. Robert Appleton Company.
- ↑ Graecarum affectionum curatio, Sermo VIII, "De martyribus", publicado en Migne, Patrologia Graeca, LXXXIII 1033
- ↑ William A. Christian (1989) Local Religion in Sixteenth-century Spain Princeton University Press, p. 71